Festigual

Página web Contactar con la organización

Festigual Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade

A mañá de onte foi ben especial, xa que estuvemos acompañados polos equipos de Mediaset e de La Voz, que recolleron a ex...
23/10/2026

A mañá de onte foi ben especial, xa que estuvemos acompañados polos equipos de Mediaset e de La Voz, que recolleron a experiencia de Alex, Nico e Javi, usuarios de Grumico que participan no taller 𝘼𝙧𝙩𝙚 𝙘𝙤𝙣 𝙞𝙢𝙥𝙖𝙘𝙩𝙤 xunto ao artista Manuel Suárez. Ademais, tivemos o inmenso pracer de contar coa presenza de Arantcha Escalada, directora de Reale Foundation, entidade colaboradora desta actividade.

📺 Moi pronto poderemos ver parte desta historia nas pantallas!

🟧 O FESTIGUAL comeza por todo o alto para celebrar a súa décima edición! O vindeiro 4 de novembro, o Teatro Rosalía de C...
22/10/2026

🟧 O FESTIGUAL comeza por todo o alto para celebrar a súa décima edición!

O vindeiro 4 de novembro, o Teatro Rosalía de Castro acollerá a gala inaugural do FESTIGUAL, unha cita que reunirá diferentes voces da música e do humor nunha celebración da cultura inclusiva.

O espectáculo contará coas actuacións de Guadi Galego, Uxía, A Banda da Loba e Chungo Pastel, coa presentación de Leti da Taberna e Corina Afonso Unha proposta que sitúa as mulleres e a diversidade no centro e que dá comezo a unha edición moi especial .

📅 4 de novembro
📍 Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
🕣 20:30 h

Entrada de balde ata completar capacidade. Sen reserva previa!

Dez anos traballando para que a cultura sexa un espazo accesible, diverso e compartido. Dez anos de FESTIGUAL, o festival de todas.

🎭 Guadi Galego Oficial Uxía A banda da Loba CHUNGO PASTEL Leti Da Taberna

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

Fundación Emalcsa Coruna Social Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega

🎨 Grazas a Reale Foundation visitamos o taller do artista coruñés Héctor Francesch, para coñecer de preto o proceso crea...
21/10/2026

🎨 Grazas a Reale Foundation visitamos o taller do artista coruñés Héctor Francesch, para coñecer de preto o proceso creativo que está a desenvolver xunto con APEM para esta edición de 𝘼𝙧𝙩𝙚 𝙘𝙤𝙣 𝙄𝙢𝙥𝙖𝙘𝙩𝙤 no FESTIGUAL.

Cada persoa escolleu que quería achegar ao mural e, a través de vinilos de cores, foi creando as súas propias figuras, experimentando coas formas para dar vida a unha creación colectiva chea de creatividade.

O resultado poderá verse na exposición 10 anos de FESTIGUAL, a partir do 5 de novembro no Fórum Metropolitano.

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

Fundación Emalcsa Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega
Héctor Francesch Asociación Pro Enfermos Mentales

20/10/2026

🎨 Nesta ocasión, o estudo de Jano Muñoz acompáñanos nun proceso creativo no que cada persoa pode escoller libremente imaxes coas que se identifica e trasladalas ao lenzo. Así, as distintas expresións persoais vanse unindo para dar vida a unha obra colectiva chea de significado.

O resultado poderá verse na exposición 10 anos de FESTIGUAL, a partir do 5 de novembro no Fórum Metropolitano.

Grazas, Jano Muñoz e a todas as persoas participantes, por converter a vosa creatividade nun punto de encontro! 🧡

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.


.arte

🎶 Este ano, Música Baixo as Estrelas chega ás salas de concertos da Coruña! Espazos que forman parte da identidade cultu...
19/10/2026

🎶 Este ano, Música Baixo as Estrelas chega ás salas de concertos da Coruña! Espazos que forman parte da identidade cultural da cidade, que levan anos apostando pola música en directo e que queremos celebrar tamén desde FESTIGUAL.

🥳 E falando de celebracións, a Sala Mardi Gras tamén está de aniversario! Parabéns por tantos anos de música, cultura e concertos que forman parte da historia da Coruña.

FESTIGUAL, o festival de todas.

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

Fundación Emalcsa Coruna Social Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega
Sophie Simonds Sala Mardi Gras

🎨 Visitamos o estudo de Lara Pintos, unha das artistas que forman parte de Arte con Impacto, a iniciativa do FESTIGUAL q...
19/10/2026

🎨 Visitamos o estudo de Lara Pintos, unha das artistas que forman parte de Arte con Impacto, a iniciativa do FESTIGUAL que conecta artistas da cidade con entidades sociais a través da creación participativa.

Lara e Fundación Adcor están a dar forma a unha obra colectiva na que a pintura acrílica e as texturas se unen para explorar e representar a paisaxe.

O resultado deste proceso creativo poderá verse na exposición 10 anos de FESTIGUAL, a partir do 5 de novembro no Fórum Metropolitano.

Arte con Impacto conta co apoio de Reale Foundation (Reale Foundation España), que se incorpora como entidade colaboradora do festival.

FESTIGUAL, o festival de todas.

Fundación Emalcsa Coruna Social Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega
Lara Pintos Fundacion Adcor

🎤 FREESTYLE PEOPLE: o ritmo da inclusión!O 7 de novembro, o freestyle e a cultura urbana toman o Mercado de Monte Alto d...
16/10/2026

🎤 FREESTYLE PEOPLE: o ritmo da inclusión!

O 7 de novembro, o freestyle e a cultura urbana toman o Mercado de Monte Alto da man de Poten100mos.

Unha proposta que pon no centro a creatividade, a expresión artística e a diversidade.

Unha oportunidade para g***r do talento e da forza dunha cultura que tamén crea espazos de encontro para todas.

📅 7 de novembro
📍 Mercado de Monte Alto, A Coruña
🕐 Ás 13:00 h

🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade
FESTIGUAL, o festival de todas.

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

Fundación Emalcsa Coruna Social Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega
Freestyle People

🎭 SPASTICITY AND MORE: humor sen límites! Que pasa cando o humor serve tamén para romper barreiras e mirar a diversidade...
14/10/2026

🎭 SPASTICITY AND MORE: humor sen límites!

Que pasa cando o humor serve tamén para romper barreiras e mirar a diversidade desde outra perspectiva?

Oswaldo Digón, cómico, actor e improvisador galego, únese a Marc Buxaderas, actor e monologuista catalán que utiliza o humor para contar as súas vivencias coa discapacidade e cuestionar prexuízos, neste espectáculo que combina risas, reflexión e inclusión.

📅 6 de novembro
📍 Teatro Colón
🕣 20:30 h

🎟️ Entrada de balde ata completar aforo

FESTIGUAL, o festival de todas.

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

🤝 Fundación Emalcsa Coruna Social Vegalsa-Eroski Coruna Social Cultura da Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega

Oswaldo Digon Marc Buxaderas Escolà Teatro Colón A Coruña

13/10/2026

10 anos crecendo xuntas 💜✨

Arte con Impacto tamén se constrúe a través das mans, dos materiais e do traballo compartido.

🌊 Nesta edición, Manuel Suárez colabora con GRUMICO, entidade que traballa pola defensa dos dereitos e pola inclusión das persoas con discapacidade física.

Xuntas están a dar forma a unha obra de gran formato composta por teas que evocan as ondas do mar, resultado de varias sesións de creación compartida.

👀 A peza poderá verse na exposición 10 anos de FESTIGUAL, a partir do 5 de novembro no Fórum Metropolitano.

🤝 Arte con Impacto conta co apoio de Reale Foundation - -, que este ano se incorpora como entidade colaboradora do festival.

💜 Grazas, Manuel, por formar parte destes 10 anos.

FESTIGUAL, o festival de todas.

🟩 O FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.

🎨 Hoxe achegámonos ao estudo de Héctor Francesch para ver como vai collendo forma Arte con Impacto.Héctor está a traball...
06/10/2026

🎨 Hoxe achegámonos ao estudo de Héctor Francesch para ver como vai collendo forma Arte con Impacto.

Héctor está a traballar xunto a un grupo de APEM nun proceso de creación compartida que acabará formando parte da exposición 10 anos de FESTIGUAL.

💜 Durante a visita, Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade e vicepresidenta da Fundación Emalcsa, puido coñecer de preto o traballo que están a desenvolver xuntas.

APEM é unha asociación que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias.

✨ O resultado poderá verse a partir do 5 de novembro no Fórum Metropolitano.

FESTIGUAL, o festival de todas.

Dirección

A Coruña
15006

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festigual publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Festigual:

Atajos

Compartir