Turismo de Allariz

Página web Contactar con la organización

Turismo de Allariz Facebook oficial de Turismo de Allariz

15/10/2026

🕯️ Cando caia a noite, as rúas de Allariz encheranse de misterio: chega o Allariz de Medo 2026! 👻
Xa temos todo a pique para celebrar un Samaín inesquecible. Os días 30 , 31 de outubro e 1 de novembro o noso centro histórico énchese de seres do máis alá, misterio e tradición para pasar unha fin de semana terrorificamente divertida. 🕸️💀
👉 Toda a info detallada na web allariz.gal/xornal.
ConcelloDeAllariz

Allariz volve ao Castelo. Achégate e goza do novo espazo e  das mellores vistas!
05/10/2026

Allariz volve ao Castelo. Achégate e goza do novo espazo e das mellores vistas!

Xa se che abriu o apetito? 🤤 Chega unha das citas máis agardadas do outono a Allariz! 🥩✨Dende hoxe Allariz énchese de sa...
25/09/2026

Xa se che abriu o apetito?
🤤 Chega unha das citas máis agardadas do outono a Allariz!
🥩✨Dende hoxe Allariz énchese de sabor coa XV edición das Xornadas de Carne de Boi.
Unha escusa perfecta para:
🚶‍♂️ Pasear polo noso centro histórico.
🍽️ Degustar as propostas exclusivas da hostalería local.
🍷 G***r dunha experiencia gastronómica única.Xa sabes con quen vas vir compartilo? Etiqueta nos comentarios a esa persoa que non se pode perder isto! 👇✨📅 Cando: Dende hoxe 25 de setembro ao 12 de outubro.
📍 Onde: Allariz.

Novos horarios! Se aínda non viñeches a que esperas? 🌾💐
17/09/2026

Novos horarios! Se aínda non viñeches a que esperas? 🌾💐

Se aínda non viches a edición de 2026 dos xardíns da liberdade, estás a tempo! 🌿
✨ Dende o luns pasado mudamos o horario no Festival Internacional de Xardíns de Allariz para que poidas planificar a túa visita sen présas.

Toma nota, que estaremos abertos con este horario ata o 31 de outubro:

Luns a venres: de 16:00 h a 19:00 h.

Sábados, domingos e festivos: de 11:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h.

Xa sabes, se te achegas por Allariz, vente a pasear e desconectar un anaco entre a natureza. Agardamos a túa visita! 💚



¡Si todavía no has visto la edición de 2026 de los jardines de la libertad, aún estás a tiempo! 🌿
✨ Desde la semana pasada hemos cambiado el horario en el Festival Internacional de Xardíns de Allariz para que puedas planificar tu visita con calma.

Toma nota, porque estaremos abiertos con este horario hasta el 31 de octubre:

Lunes a viernes: de 16:00 h a 19:00 h.

Sábados, domingos y festivos: de 11:30 h a 14:00 h y de 16:00 h a 19:00 h.

Ya sabes, si te acercas por Allariz, pásate a dar un paseo y a desconectar un rato entre la naturaleza. ¡Te esperamos! 💚

Planazo para esta fin de semana en Allariz. 📸❤️
17/09/2026

Planazo para esta fin de semana en Allariz. 📸❤️

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz desta edición vén cargado de inspiradora creatividade baixo a temática da...
18/08/2026

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz desta edición vén cargado de inspiradora creatividade baixo a temática da liberdade. Un espazo único onde a arte floral e a natureza se funden para facernos soñar.

Vén pasear, desconectar e g***r dunha contorna maxica no corazón de Allariz.

⏰ Horario:
• De 11:30 a 14:00 h
• De 17:00 a 21:00 h

Non o deixes pasar!. 💚✨

🥧 ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA A FESTA DA EMPANADA 2026? 🥧Do 21 ao 23 de agosto, Allariz agárdaos coas portas ab...
06/08/2026

🥧 ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA A FESTA DA EMPANADA 2026? 🥧

Do 21 ao 23 de agosto, Allariz agárdaos coas portas abertas para vivir unha das fins de semana máis especiais e saborosas do ano.

Gastronomía, música, deporte, teatro de rúa e moita festa para compartir en familia ou coas amizades. Deixámosvos un resumo do que nos espera:

📅 Venres 21
• 11:00h | Campionato de Billarda Infantil (Campo da Barreira)
• 20:00h | Teatro de rúa con Ghazafelhos (Alameda)
• 22:30h | Concerto de Bandas Sonoras pola Banda Unión Musical de Allariz (Alameda)

📅 Sábado 22
• 18:00h | ###IV Triátlon Vila de Allariz (Alameda)
• 21:00h | Xornada Gastronómica e degustación de empanada (Xardíns do Museo do Coiro)
• 21:30h | Concertos: Soul & Roll + Los Camachuelos (Xardíns do Museo do Coiro)
• 00:00h | Sesión con DJ Varo Alonso (Xardíns do Museo do Coiro)

📅 Domingo 23
• 11:00h | ###V Regata de Piragüismo - Copa Deputación (Alameda) e Pasarrúas
• 11:30h | Festa Campestre no Campo de Vilanova con churrasco e polbo durante todo o día (Entrada de balde)
• 12:00h | Desfile de Xigantes e Cabezudos con De Pé Feito
• 19:30h | Concerto de Lorelia (Campo de Vilanova)
• 21:00h | Baile popular coa Orquestra Compostela (Xardíns do Museo do Coiro)

🥖 Lembra que durante toda a fin de semana poderás conseguir a túa empanada nos locais de hostalería, panaderías e pastelarías de Allariz.

Vén vivir a festa connosco! Ti a quen vas traer? Etiqueta nos comentarios a quen non pode faltar a esta cita ⬇️
Máis info en allariz.gal/xornal/

🌿 ROTEIROS TEMÁTICOS ALLARIZ 2026 🌿Descobre a historia e o patrimonio de Allariz dun xeito diferente! Acompáñanos no vin...
22/07/2026

🌿 ROTEIROS TEMÁTICOS ALLARIZ 2026 🌿

Descobre a historia e o patrimonio de Allariz dun xeito diferente! Acompáñanos no vindeiro roteiro guiado para viaxar no tempo e coñecer os segredos de Allariz.

📅 Data: 8 de agosto

⏰ Hora: 20:00 h

🏛️ Actividade: Visita "Vila e Corte Románica"

📲 Inscricións e reservas:

📞 Teléfono: 609 474 976

✉️ Correo electrónico: [email protected]

Prazas limitadas. Non o deixes para o último momento e reserva a túa praza! 📜✨

Xullo, agosto e setembro veñen cargados de vida en Allariz! ☀️🌿Xa está aquí a programación completa para este verán 2026...
03/07/2026

Xullo, agosto e setembro veñen cargados de vida en Allariz! ☀️🌿

Xa está aquí a programación completa para este verán 2026. Meses por diante para g***r da cultura, a música, o deporte, o patrimonio e a gastronomía nun escenario único.

Dende grandes citas como o XVI Festival Internacional de Xardíns, o FLAZ ou o RIR, ata as nosas festas máis queridas como San Bieito e a Festa da Empanada, pasando por roteiros temáticos, concertos e competicións deportivas. Hai opcións para todos os gustos e idades!

🗓️ Non perdas detalle de nada. Consulta o calendario completo na imaxe adxunta e planifica os teus plans connosco.

Vémonos en Allariz! 👇

🌐 Máis información en www.allariz.gal/xornal

Cantas veces visitaches Allariz e pensaches... "E se quedo a vivir aquí?" 😍Pois non somos as únicas persoas que o pensam...
12/06/2026

Cantas veces visitaches Allariz e pensaches... "E se quedo a vivir aquí?" 😍

Pois non somos as únicas persoas que o pensamos! Hoxe espertamos coa ilusión de ler esta fermosa reportaxe en El País, onde falan de Allariz como ese lugar idílico no que calquera persoa fantasea con instalarse.

Máis alá de ser un imán para o turismo, o artigo destaca o que de verdade importa: que Allariz é un municipio deseñado para as persoas. Un proxecto que coida o noso centro histórico, que aposta pola sostibilidade e que mantén vivas as nosas rúas grazas ao comercio local e á hostalaría.

Este recoñecemento é froito de toda a veciñanza e da xente que facedes que Allariz sexa un espazo acolledor, dinámico e cheo de vida os 365 días do ano. Grazas de corazón! 💚

📖 Tes a ligazón á reportaxe completa na nosa biografía. Cóntanos nos comentarios: cal é o teu curruncho favorito do noso municipio?

Contar lo que fue, conservar el patrimonio dándole otro uso y hacer de la villa un lugar agradable y práctico se traduce en un modelo de lugar que sabe cabalgar el turismo

Dirección

Allariz
32660

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo de Allariz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Turismo de Allariz:

Compartir