29/09/2026
«Eu, con grillóns e sen alas, sempre serei home ceibo.»
Xesús Redondo Abuín escribiu estes versos desde a prisión franquista. E pode que non haxa mellor maneira de despedir a quen fixo da liberdade, da loita colectiva e do compromiso comunista unha forma de vida.
Hoxe marcha un camarada. Queda a súa memoria, quedan as súas palabras e queda todo o que axudou a construír.
Non imos ter nada se non é pelexando colectivamente.
Grazas por tanto, Xesús. ✊
Que a terra che sexa leve.