15/10/2026
❕ Hoxe ás 20.00h terá lugar un novo pleno ordinario do Concello de Miño
No BNG levamos diversas iniciativas a debate, como a mellora do Parque da Telleira na urbanización Costa Miño, dotándo ao espazo cunha área canina e unha zona de calistenia, ou a creación dunha rede de illas climáticas no casco urbano de Miño para reducir os efectos das altas temperaturas e mellorar o confort térmico dos espazos públicos.
Tamén falaremos da necesidade de repintar as sinais horizontais das estradas de Costa Miño e preguntaremos de novo polo estado do ascensor do CPI Castro Baxoi e se o Concello de Miño cubriu xa a praza vacante de conserxe do centro.
🔎 Podes ver o resto das nosas propostas na imaxe que acompaña a publicación!