21/10/2026
A SENDA DE TERRA VEXETAL NATURAL ENTRE A CHAN E POZO NEGRO ENTRA NA SÚA FASE DE EXECUCIÓN
O proxecto da futura senda de terra vexetal natural entre A Chan e Pozo Negro, en Carballedo, dá un novo paso coa adxudicación das obras a Caldevergazo, que iniciará os traballos MAÑÁ.
A actuación permitirá habilitar un percorrido de preto de 2,4 quilómetros pola contorna do río Almofrei, recuperando e poñendo en valor un espazo natural para o paseo, a práctica deportiva e o desfrute da veciñanza.
Para chegar ata este punto foi necesario completar a redacción do proxecto, a delimitación dos terreos afectados e toda a tramitación administrativa e de expropiación necesaria.
O proxecto desenvólvese ao abeiro da colaboración entre o Concello de Cerdedo Cotobade e Augas de Galicia e conta cun investimento de 51.113,94 euros, financiado por Augas de Galicia, mentres que o Concello se encargará da execución dos traballos.
Un novo paso para recuperar a contorna do río Almofrei e seguir poñendo en valor o patrimonio natural do municipio.