Concello de Carballedo

Llamar Página web Contactar con la organización

Concello de Carballedo Carballedo, no suroeste da provincia de Lugo, entre a Serra do Faro e o encoro dos Peares.

🚌 VISITA TURÍSTICA E CULTURAL A LUGO!O Concello de Carballedo organiza para o vindeiro mércores 28 de outubro unha excur...
20/10/2026

🚌 VISITA TURÍSTICA E CULTURAL A LUGO!

O Concello de Carballedo organiza para o vindeiro mércores 28 de outubro unha excursión á cidade de Lugo, dirixida á veciñanza de mediana e terceira idade.

✅ Totalmente gratuíta, con transporte e xantar incluídos.

📍 Saída: Praza do Concello, ás 9:30 h.
🕘 Regreso: arredor das 21:00 h.

📌 Requisito: estar empadroado/a no Concello de Carballedo.

📞 Inscricións: nas oficinas municipais ou chamando ao 982 46 62 01.

🍂 Unha oportunidade para descubrir, compartir e desfrutar dunha xornada diferente!

🎉 Celebramos o 4º aniversario do noso Fogar Residencial e Centro de Día! 🎂Catro anos compartindo momentos, experiencias ...
19/10/2026

🎉 Celebramos o 4º aniversario do noso Fogar Residencial e Centro de Día! 🎂

Catro anos compartindo momentos, experiencias e moito cariño cos nosos maiores. ❤️

Para celebralo, desfrutamos de diferentes actividades e xogos que nos deixaron momentos moi divertidos e especiais.

🥰 Por moitos anos máis compartindo e creando recordos xuntos!

🍂 TAI-CHI · CHI KUNG | Nivel iniciaciónComezamos o martes 20 de outubro! 🧘‍♀️Unha actividade pensada para iniciarse no T...
07/10/2026

🍂 TAI-CHI · CHI KUNG | Nivel iniciación

Comezamos o martes 20 de outubro! 🧘‍♀️
Unha actividade pensada para iniciarse no Tai-Chi e Chi Kung, traballando corpo, equilibrio, respiración e relaxación.

📅 Martes | 18:30 – 19:30 h
📍 3ª planta do Concello de Carballedo
✅ Sen inscrición previa. Só tes que vir!

📞 Para máis información: 624 881 561

📖 Presentación do libro “Simboloxía do Románico de Carballedo”, de Xosé Lois García.Unha cita para coñecer e poñer en va...
06/10/2026

📖 Presentación do libro “Simboloxía do Románico de Carballedo”, de Xosé Lois García.

Unha cita para coñecer e poñer en valor o noso patrimonio e a riqueza do románico de Carballedo.

📅 Sábado 10 de outubro
🕢 19:30 h
📍 Oficina de Turismo de Castro

🔴 A Cruz Vermella chega a Buciños coa súa Cantina Social!O vindeiro venres 11 de setembro, de 11:30 a 13:30 h, o Campo d...
04/09/2026

🔴 A Cruz Vermella chega a Buciños coa súa Cantina Social!

O vindeiro venres 11 de setembro, de 11:30 a 13:30 h, o Campo da Festa de Buciños acollerá unha nova parada das Saídas Rurais da Cruz Vermella.

Un espazo para compartir, participar en actividades, exercitar a memoria e, sobre todo, pasar un bo rato entre veciños e veciñas. ❤️

📞 Inscricións no Concello: 982 46 62 01 (preguntar por Raquel).

Animádevos a participar!

🍴 Carballedo de Tapas 2026Xa temos os gañadores desta edición! 🎉🥇 O Xugo, con “Petisco da Casa”🥈 Bar Calviño, con “Tres ...
02/09/2026

🍴 Carballedo de Tapas 2026

Xa temos os gañadores desta edición! 🎉

🥇 O Xugo, con “Petisco da Casa”
🥈 Bar Calviño, con “Tres Bocados”
🥉 Os Roxos, con “Cousas da Nosa Terra”

Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos os establecementos participantes e a todas as persoas que gozastes desta edición de Carballedo de Tapas. ❤️

📢 O VIDOC chega a Carballedo!O vindeiro 13 de outubro, de 09:30 a 12:30 h, o Vehículo Integral de Documentación da Polic...
17/08/2026

📢 O VIDOC chega a Carballedo!

O vindeiro 13 de outubro, de 09:30 a 12:30 h, o Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional estará no noso concello para a expedición e renovación do DNI e pasaporte, así como para a actualización do DNI electrónico e das claves.

📞 Cita previa: 982 46 62 01
ℹ️ Máis información: 982 25 44 98

🌒✨ Así vivimos o eclipse solar en Carballedo.Unha tarde diferente, chea de ciencia, emoción e momentos para lembrar. 💫Gr...
13/08/2026

🌒✨ Así vivimos o eclipse solar en Carballedo.

Unha tarde diferente, chea de ciencia, emoción e momentos para lembrar. 💫

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta experiencia tan especial! ❤️

12/08/2026

🌒 Unha tarde para lembrar en Carballedo!

Grazas a Elizabeth e a Nico por achegarnos a ciencia dun xeito tan ameno e por guiarnos nesta experiencia tan especial arredor do eclipse solar. 🔭✨

E, por suposto, grazas a todas as persoas que vos achegastes dende diferentes puntos de Galicia para compartir este momento connosco.

Foi un auténtico pracer vivir xuntos unha tarde de ciencia, curiosidade e emoción. 💫

Grazas por escoller Carballedo para desfrutar deste momento único! ❤️

🌒 O 12 de agosto, ven vivir o eclipse solar a Carballedo!📍 Complexo Deportivo Catro Ventos – A Barrela🕢 A partir das 19:...
04/08/2026

🌒 O 12 de agosto, ven vivir o eclipse solar a Carballedo!

📍 Complexo Deportivo Catro Ventos – A Barrela
🕢 A partir das 19:30 h

⚠️ Importante: para observar o eclipse de forma segura é imprescindible traer gafas homologadas para eclipses solares.

📞 Inscrición previa: 982 46 62 01

Unha oportunidade única para g***r e aprender sobre un dos fenómenos astronómicos máis espectaculares. 🌞🌑✨

Dirección

Plaza V. Portomeñe
Carballedo
27520

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00
Sábado 09:30 - 13:00

Teléfono

+34982466201

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Carballedo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Carballedo:

Atajos

Compartir