02/10/2026
OBRADOIROS DE COSTURA NA MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA 🪡
Obradoiros de costura en Cartelle, Outomuro, Pontedeva e Gomesende, creando espazos de aprendizaxe, participación e intercambio de coñecementos.
Ao longo destes obradoiros, as participantes están a adquirir e mellorar habilidades prácticas de costura, favorecendo tamén a súa autonomía, participación e creación de espazos de encontro.
📸 Compartimos algunhas imaxes das sesións realizadas en Cartelle, Outomuro, Pontedeva e Gomesende.
💜 Esta actuación está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade e a prevención e tratamento da violencia de xénero.
🇪🇺 Cofinanciada pola Unión Europea.