Omix de Cuntis

Página web Contactar con la organización

Omix de Cuntis Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Cuntis

🎬🍿 O mellor cine ao aire libre chega de novo con "Cinema de Serán"!Este sábado 26 de setembro, ás 21:00 horas, a Praza d...
22/09/2026

🎬🍿 O mellor cine ao aire libre chega de novo con "Cinema de Serán"!

Este sábado 26 de setembro, ás 21:00 horas, a Praza da Constitución acolle a proxección dun filme dentro desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra. Nesta ocasión, o filme elixido é “Rondallas”.

Unha oportunidade xenial para desfrutar do cine e da cultura na nosa vila.

Achégate e acomódate para pasar unha noite de película! 🎥✨

Agardámoste!

A Escola de Música Municipal de Cuntis abre matrícula para o curso 2026 🎺🎹🎸Un espazo para aprender e compartir.👉 Do 1 ao...
01/09/2026

A Escola de Música Municipal de Cuntis abre matrícula para o curso 2026 🎺🎹🎸
Un espazo para aprender e compartir.

👉 Do 1 ao 22 de setembro
Podes inscribirte desde os 4 anos — tamén para persoas adultas!
Hai clases de linguaxe musical, música e movemento, actividades de conxunto e moitos instrumentos: frauta, saxofón, clarinete, trompeta, trombón, tuba tenor, piano, percusión, guitarra española, baixo e guitarra eléctrica.

📍 Matrícula na sede electrónica ou nas oficinas do Concello
📞 Máis info na OMIX de Cuntis: 986 53 36 00 / 687 49 75 91
📧 [email protected]

🚌 Nova excursión programada: Viaxe a Viveiro! 🌊Saída para g***r da fermosa vila mariñeira de Viveiro e das súas impresio...
27/07/2026

🚌 Nova excursión programada: Viaxe a Viveiro! 🌊

Saída para g***r da fermosa vila mariñeira de Viveiro e das súas impresionantes paisaxes. Anímaste a vir con nós?

📝 Detalles da viaxe

Data: Sábado, 1 de agosto.

Saída: Ás 08:00 horas dende o Pavillón de Deportes.

🗺️ Plan do día

Pola mañá: Visita ao espectacular Mirador de San Roque para g***r das mellores vistas. 🌄

Ao mediodía: Xantar en Viveiro. 🍽️

Pola tarde: Tempo libre para pasear, mercar ou descubrir a vila ao teu ritmo. 🚶‍♀️🚶‍♂️

✅ Que está incluído?
A viaxe inclúe o desprazamento en Bus, o Seguro e o Xantar. Todo listo para que só te preocupes de desfrutar!

ℹ️ Reservas e información

As prazas son limitadas, así que non o penses moito. Para reservar a túa praza ou solicitar máis información, ponte en contacto coa OMIX:

📱 687 497 591

📞 986 533 600

Agardámoste para pasar un día inesquecible xuntos! ✨

Cursos de verán na Aula CeMiT de Cuntis
29/06/2026

Cursos de verán na Aula CeMiT de Cuntis

“Obradoiros Girl STEAM” gratuítos organizados polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (C...
29/06/2026

“Obradoiros Girl STEAM” gratuítos organizados polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG)

Obradoiros prácticos orientado a espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade galega e contribuír a reducir a fenda de xénero nas profesións vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas.

Obradoiros Girl STEAM 2026 – 14 Xullo - rapazada de 9 a 11 anos
Obradoiros Girl STEAM 2026 – 15 Xullo - rapazada de 12 a 16 anos

https://cemit.xunta.gal/centros/cuntis

Convocatoria aberta no programa da Xunta: Galicia Moza con ALMA, que organiza experiencias laborais no estranxeiro. Se t...
05/05/2026

Convocatoria aberta no programa da Xunta: Galicia Moza con ALMA, que organiza experiencias laborais no estranxeiro.
Se tes entre 18 e 30 anos, es residente en 📍 Galicia e contas con baixo nivel formativo ou estás en busca de emprego, podes conseguir prácticas titorizadas de ata 4 meses nun país da Unión Europea!
🔎 Bótalle un ollo ás opcións e anótate en xuventude.xunta.gal na convocatoria que máis che guste.
ℹ️https://xuventude.xunta.gal/sites/default/files/archivos/galiciamozaconalma/0.%20Publicación%20convocatorias%20en%20web.pdf

O programa Galicia Moza con ALMA é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixid...
05/05/2026

O programa Galicia Moza con ALMA é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación por diversos motivos, tanto individuais como estruturais.

O obxectivo deste programa é outorgar ferramentas ás persoas mozas vulnerables inscritas no SNGX para que se integren na sociedade, accedendo a un emprego ou a unha formación.

Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas vulnerables: unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego; practicas formativas non laborais, titorizadas, de dous a tres meses nun país da UE, e ao seu regreso, o apoio continuado para empregar as novas capacidades adquiridas na busca de emprego ou para seguir estudando.

+info: https://xuventude.xunta.gal/es/galicia-moza-con-alma

23/04/2026

📚✨ Feliz a toda a veciñanza de Cuntis! ✨📚

Hoxe, 23 de abril, celebramos o día grande das historias, e queremos facelo compartindo con vós este vídeo tan especial. 🎥❤️

Nel recollemos os momentos das persoas que xa se achegaron a Casa do Médico e á nosa Biblioteca Municipal para g***r das iniciativas que preparamos con tanto agarimo: o intercambio na Casiña dos Libros e a nosa particular Cita a cegas cun libro. Moitísimas grazas a todas e todos por participar e darlle vida a esta campaña!

Detrás desta fermosa iniciativa hai moito traballo en equipo, polo que dende o Concello queremos agradecer profundamente a implicación e colaboración indispensable das distintas áreas que o fixeron posible:
• 🤝 Espazo CuntisXove
• 🤝 OMIX de Cuntis
• 🤝 Aula CeMIT de Cuntis
• 🤝 Turismo de Cuntis

Grazas por sumar esforzos para fomentar a cultura e a paixón pola lectura na nosa vila!

Aínda non viñeches? A Casiña dos Libros e as lecturas sorpresa seguen a agardar por ti na biblioteca. Anímate a levar o teu libro e a descubrir novas aventuras! 📖🎁

📸 Lembra etiquetarnos co hashtag se vés facer o teu troco!
EspazoCuntisXove OMIXCuntis CeMITCuntis TurismoCuntis ACasiñaDosLibros CitaACegasCunLibro Lectura Cultura Cuntis

Achegamos as bases do II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra, publicadas no Boletín Oficial d...
14/04/2026

Achegamos as bases do II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o pasado 27 de marzo.

Poden presentarse a este galardón, dotado cun único premio de 12.000 euros, as persoas maiores de idade que presenten obras de teatro inéditas escritas en lingua galega.

Só se aceptarán pezas redactadas na norma da Real Academia Galega, cunha extensión máxima de 200.000 caracteres (espazos incluídos) e que non fosen galardoadas con ningún premio noutros certames, nin tampouco levadas á escena.

O prazo de inscrición remata o 15 de setembro de 2026.

As bases do certame poden consultarse tamén en

Premio Castelao de Textos Teatrais Deputación de Pontevedra Temas Lingua Actividade Lingua Escoitar A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Normalización Lingüística e...

Dirección

Rúa Xohán Xesús González, Nº 10
Cuntis
36670

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
Martes 09:00 - 13:30
Miércoles 09:00 - 13:30
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 13:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Omix de Cuntis publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Omix de Cuntis:

Atajos

Compartir