01/10/2026
👶🥦 PRIMEIROS BOCADOS | Obradoiro para familias
Chegou o momento de comezar coa alimentación complementaria e tes dúbidas? Como sei se o meu bebé está preparado? Que alimentos lle podo ofrecer? Como debo cortalos? E se se atragoa?
En Primeiros bocados falaremos destas e doutras cuestións para acompañar ás familias no inicio da alimentación complementaria e coñecer de maneira práctica o método BLW (Baby-Led Weaning).
🥕 Porque comer tamén pode ser descubrir, experimentar e aprender.
📅 Martes, 20 de outubro
🕔 17:00 h
📍 Salón de actos da Oficina Municipal de Curtis (Recinto Feiral)
☎️ Inscrición: 981 777 105// 981789003
O obradoiro será impartido por Paula García Otero, consultora de lactación IBCLC e especialista en alimentación complementaria e BLW.
Anímate a participar! 💚