10/10/2026
🌿💚 EN ANTAS DE ULLA SEGUIMOS APOSTANDO POLO BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA DA NOSA VECIÑANZA! 🥗🧠
📸 Compartimos algunhas imaxes dos obradoiros de benestar emocional e alimentación saudable, dúas iniciativas que están a converterse en espazos de encontro, convivencia e aprendizaxe para as nosas veciñas e veciños.
🤝 Estas actividades nacen das propias demandas da veciñanza e das necesidades detectadas a través dos servizos municipais, ás que o Concello de Antas de Ulla, baixo o impulso da alcaldesa Pilar García Porto, quixo dar unha resposta efectiva, transformando esas inquietudes en propostas reais e accesibles para a cidadanía.
💚 Porque escoitar á veciñanza tamén significa actuar, seguimos promovendo iniciativas que contribúan ao benestar emocional, á adquisición de hábitos de vida saudables e ao fortalecemento das relacións sociais.
👏 Grazas a todas as persoas participantes pola súa implicación, interese e entusiasmo! Sodes quen dá verdadeiro sentido a estas actividades.
🌱 Seguimos traballando por un Antas de Ulla máis saudable, participativo e próximo ás necesidades das persoas.