Concello de LALÍN

Llamar Página web Contactar con la organización

Concello de LALÍN Benvidos/as ao perfil oficial do Concello de Lalín na rede social Facebook

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados. A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidistante das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Esta posición vantaxosa estase a reforzar aínda máis cos importantes investimentos en infraestructuras viarias, que permitirán reduci-lo tempo de conexión coas grandes capitais: Santiago de Compostela (25 minutos), A Coruña (50), Lugo (40), Ourense (25), Pontevedra (40) e Vigo (50). A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra. Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue ás xurisdiccións de Deza,Camba, Dozón, Carbia, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense). No ámbito da natureza, o Concello de Lalín goza de envexables paisaxes, que son froito dun clima atlántico húmido, caracterizado pola súa alta pluviosidade e por unha temperatura media anual que xira en torno ós 12 graos centígrados. Esta demarcación, regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.
Ó longo dos seus 326 quilómetros cadrados, o Concello de Lalín garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Asemade, tamén destaca pola súa beleza o souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por uns castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa. Na actualidade, este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción. Esta diversificación tamén ten unha traducción xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse tódolos servicios e a maior parte das industrias -situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, mentres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas. As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín como un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes será a mellora das infraestructuras, como a autoestrada Santiago-Ourense, ou a posta en marcha de novos servicios, como a Cidade do Transporte -recentemente inaugurada-, dous novos aparcadoiros soterrados na vila -en proceso de licitación-, o proxectado aeródromo deportivo ou a remodelación do pavillón polideportivo e do estadio de fútbol. Esta puxante situación do municipio lalinense tamén se ve reflectida no interese comercial amosado por grupos empresariais como Eroski, que proximamente asentará na zona unha grande área con establecementos comerciais e de ocio. Ó mesmo tempo, varios empresarios de Lalín tamén iniciaron os trámites urbanísticos para construír outra alternativa lúdica e comercial exclusivamente con financiamento dos empresariado local. No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín. Nas 34 edicións da súa historia, este evento gastronómico foi gañando pulo ata converterse nunha das festas máis importantes -senón a que máis- do calendario lúdico galego. A súa sona mesmo alcanza xa repercusión en foros internacionais, un feito ó que contribuíu o esforzo promocional realizado dende o concello. Outra das feiras senlleiras é a do cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e sirve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións. Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadiños. No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina. Conta a lenda que no século X, nunha cova do monte Carrio vivía un ermitaño moi apreciado que ó morrer foi soterrado polos veciños, que ocultaron o corpo incorrupto antes de escapa-la invasión dos árabes. A pista do escondite do corpo perdeuse ata que unha tarde foi descuberta por uns nenos pastores, que se viron atraídos polo estraño resplandor que saía dunha cova. O denominado lugar "do corpiño" sinalábao a propia Virxe co Neno Xesús nos seus brazos.

22/10/2026

🧸🧸 𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗔𝗚𝗔𝗥𝗜𝗠𝗢𝗦𝗢𝗦 🎄🎄

- 𝐎𝐬 𝐨𝐬𝐨𝐬 𝐞 𝐨𝐬𝐢ñ𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐥𝐮𝐜𝐡𝐞 𝐝𝐚 𝐭ú𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐛𝐮𝐬𝐜𝐚𝐧 𝐢𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫 𝐧𝐚𝐬 .

Despóis do éxito das "Bonecas da túa vida" facemos un novo chamamento a todas as familias de Lalín: se tedes na casa algúns osos ou osiños de peluche que formaron parte da vosa infancia ou da dos vosos fillos, sería toda unha honra que poidades prestalos para este proxecto; queremos crear unha colección única e chea de tenrura que amose os compañeiros de xogos e soños que alegraron a xeracións de lalinenses.

Este Nadal, faremos unha viaxe á nostalxia a través dun dos nosos Escaparates Máxicos máis entrañables, un proxecto das Aldeas de Nadal pensado para recuperar os recordos máis doces dos agasallos que nos acompañaron ao medrar.

O escaparate contará coa decoración e o toque artístico de Luchi Iglesias. Os peluches estarán perfectamente coidados, protexidos e identificados co nome da persoa ou familia que os ceda.

📅 Prazo de entrega: ata o venres 20 de novembro.

📍 Punto de recollida: recepción do Concello de Lalín.

Moitas grazas por axudarnos a facer posible a maxia do Nadal en Lalín 🩷 🧸

🍽️ ⭐ Finalistas lalinenses para os II Premios da Cociña Galega.A 2ª edición destes galardóns, organizados pola Asociació...
22/10/2026

🍽️ ⭐ Finalistas lalinenses para os II Premios da Cociña Galega.

A 2ª edición destes galardóns, organizados pola Asociación Amigos da Cociña Galega e a Fundación A Muíñeira, distinguirá os establecementos e profesionais que destacan na elaboración de receitas tradicionais e na conservación dunha das principais expresións do patrimonio cultural de Galicia.

▪️Categorías nas que establecementos lalinenses están clasificados como finalistas:

🐷 Orella de Porco: 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐂𝐮𝐫𝐫á𝐬.
🍲 Cocido galego: 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐧𝐚𝐬 e 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐂𝐮𝐫𝐫á𝐬 (tamén A de Rafa, de Vila de Cruces).
🥞 Filloas: 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐧𝐚𝐬, 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐂𝐮𝐫𝐫á𝐬, e 𝐋𝐚 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐞𝐫𝐚.
🍗 Galo, pularda ou capón: 𝐋𝐚 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐞𝐫𝐚.

A entrega dos premios celebrarase o próximo 26 de outubro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nun encontro que reunirá representantes do sector gastronómico e hostaleiro galego.

🏵️ (Na 1ª edición en 2025 𝐋𝐚 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐞𝐫𝐚 levou os premios das categorías Lacón con grelos, Cocido Galego e Caldo Galego)

22/10/2026
🗺️  🏛  "𝗟𝗮𝗹í𝗻, 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗺á𝗶𝘀 𝗱𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗲𝗰𝗲", 𝘂𝗻 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗴𝘂𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂í𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗻ú𝗰𝗹𝗲𝗼 𝘂𝗿𝗯𝗮𝗻𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗻 𝗲...
21/10/2026

🗺️ 🏛 "𝗟𝗮𝗹í𝗻, 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗺á𝗶𝘀 𝗱𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗲𝗰𝗲", 𝘂𝗻 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗴𝘂𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂í𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗻ú𝗰𝗹𝗲𝗼 𝘂𝗿𝗯𝗮𝗻𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗻 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗼 𝗽𝗮𝘁𝗿𝗶𝗺𝗼𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗮 𝘃𝗶𝗹𝗮

A Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Blanco, pon en marcha durante o mes de novembro unha nova iniciativa de visitas guiadas gratuítas para descubrir e redescubrir o patrimonio histórico, cultural, monumental e científico de Lalín xunto a un guía oficial.

📅 As rutas terán lugar todos os sábados de novembro, alternando horarios de mañá e tarde:

🗓️ Sábado 7 de novembro: 17:00 h
🗓️ Sábado 14 de novembro: 11:00 h
🗓️ Sábado 21 de novembro: 17:00 h
🗓️ Sábado 28 de novembro: 11:00 h

📍 O punto de encontro para saída será a Praza do Camiño de Inverno (Lalín de Arriba). O percorrido fará unha viaxe no tempo desde a orixe da vila ata a actualidade:

▪️Orixes: igrexa románica e cruceiro de Lalín de Arriba.
▪️Corazón urbano: Rúa Monte Faro, Praza da Igrexa e Km0.
▪️Patrimonio e arte: Casa de Álvaro, o emblemático Porquiño, a escultura de Laxeiro, o Museo Municipal Ramón Mª Aller e o monumento ao aviador Joaquín Loriga Taboada.
▪️Evolución institucional: o Concello vello (Biblioteca Municipal) e o Concello Novo.

📝 Inscricións e prazas: para garantir unha atención personalizada, os grupos serán duns máximos de 15 persoas 👥

Imprescindible realizar inscrición previa:
ℹ️ Presencial: Oficina de Turismo (Casa de Álvaro)
📞 Por teléfono: 666 43 04 58
📧 Correo electrónico: [email protected]

(Cada persoa poderá inscribir un máximo de 5 acompañantes).

Turismo Lalín

IV edición do Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares Coidar desde un Patrimonio da Humanidade 💚➡️ Sábado, 14...
21/10/2026

IV edición do Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares Coidar desde un Patrimonio da Humanidade 💚

➡️ Sábado, 14 de novembro
⏰ De 9:00h a 18:30h
📍 Auditorio Municipal Fuxán Os Ventos en Lugo

Unha iniciativa da Asociación Española Contra el Cáncer para promover un espazo de encontro para o diálogo entre as asociacions de pacientes, pacientes oncolóxicos, familiares e profesionais sociosanitarios que os atenden.

A inscrición do congreso é gratuita, inclúe pausa para café a media mañá e unha pausa para comer.

Neste link podes inscribirte e encontrar información necesaria da xornada, onde se detallan os horarios e o contido: https://congresos.contraelcancer.es/galicia/

21/10/2026

🛒🤝 BUSCANSE MÁIS DE 80 VOLUNTARIOS NO DEZA PARA A GRAN RECOLLIDA DO BANCO DE ALIMENTOS

A Fundación Provincial Banco de Alimentos lanza un chamamento para conseguir 2.700 voluntari@s en toda a provincia —máis de 80 deles na comarca de Deza— para a Gran Recollida dos vindeiros 13 e 14 de novembro.

Co lema ‘Tan grande que solo faltas tú’, a iniciativa busca garantir alimentos básicos para máis de 20.000 persoas vulnerables. Só se precisan 4 horas dispoñibles durante esa fin de semana.

👉 Como colaborar?
Podes elixir o teu supermercado, día e quenda directamente na web oficial:
🌐 www.bancoalimentosvigo.org

20/10/2026

⚫️🏉🔴 ESTE SABADO, EN LALIN, CONCENTRACION DE ESCOLAS DE RUGBY M6, M8, M10 E M12! 🔴🏉⚫

Din que o rugby é un deporte de contacto… pero o que imos ter este sábado en Lalín é un contacto directo coa diversión, o compañeirismo e as ganas de pasalo ben! 😂🏉

📍 Estadio Manuel Anxo Cortizo – Lalín
Sábado, 24 de outubro ⏰ Ás 11:00 h

Agardámosvos a todos en Lalín para g***r dunha mañá de rugby da boa, da que fai equipo dentro e fóra do campo

🔴🏉⚫

Concello de LALÍN Deputación Pontevedra Deporte Galego Xunta de Galicia Avatel Telecom Gadis Pontiñas Centro Comercial Supermercados Froiz Carrefour Lalín HOXE Queixos Embutidos Lalinense Deza Espectáculos De Liñares Apicultura Panadería Fernando, PANADERÍA BOUZADA, Panadería Pedro, Prado -Lalín Panadería Nercellas

Gracias a todos os patrocinadores, sen os cales esto non sería posible 🤗

🗣️ 🎶 🩰 O sábado o Salón Teatro sirveu de posta en escena ao XII Festival de Outono da Coral Polifónica de Lalín, coa esp...
20/10/2026

🗣️ 🎶 🩰 O sábado o Salón Teatro sirveu de posta en escena ao XII Festival de Outono da Coral Polifónica de Lalín, coa especial participación de bailaríns de Scene Ballet e Combonautas da Moderno.

20/10/2026

Cuándo es la temporada del cocido gallego, de otoño al Entroido, qué lleva, cómo se sirve y dónde comer cocido gallego en Madrid, en el Barrio de Salamanca.

20/10/2026

🏆💚💛 PARABÉNS, CAMPIÓNS! 💛💚🏆

Desde a Escudaría Lalín-Deza queremos felicitar aos nosos pilotos Óscar Gallego e Uxía Rodríguez por proclamárense CAMPIÓNS DA AGRUPACIÓN 4! 🏁🏆

Un premio ao traballo, ao esforzo, á constancia e á paixón polo mundo dos rallyes. 💪🔥

A seguir sumando éxitos 🏁

Dirección

Lalín

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986787060

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de LALÍN publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de LALÍN:

Atajos

Compartir

Categoría