Concello de Vila de Cruces

Llamar Página web

Concello de Vila de Cruces Páxina oficial do Concello de Vila de Cruces.

🏡 𝗩𝗜𝗟𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗥𝗨𝗖𝗘𝗦 𝗧𝗘𝗥𝗔 𝗗𝗨𝗔𝗦 𝗖𝗔𝗦𝗔𝗦 𝗗𝗢 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥! 🫶🏼Fainos moitísima ilusión compartir esta nova! ❤️Grazas á iniciativa de 𝗔𝘀𝗼𝗿...
24/10/2026

🏡 𝗩𝗜𝗟𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗥𝗨𝗖𝗘𝗦 𝗧𝗘𝗥𝗔 𝗗𝗨𝗔𝗦 𝗖𝗔𝗦𝗔𝗦 𝗗𝗢 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥! 🫶🏼

Fainos moitísima ilusión compartir esta nova! ❤️

Grazas á iniciativa de 𝗔𝘀𝗼𝗿𝗲𝘆 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗲𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮, unha cooperativa sen ánimo de lucro, o noso municipio contará con dúas Casas do Maior.

E estamos especialmente felices porque 𝗱𝗲𝘁𝗿𝗮́𝘀 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗮́𝗻 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗖𝗲𝗹𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗲 𝗥𝗼𝗰𝗶́𝗼! Ambas forman parte da cooperativa e serán as encargadas de poñerlle cara e corazón a estas dúas casas, acompañando, coidando e compartindo o día a día coas nosas persoas maiores. Sabemos a ilusión coa que afrontades esta nova etapa e 𝗲́ 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗿 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗰𝗼𝗻 𝘃𝗼́𝘀! 🥰

Desde o Concello tamén nos implicamos para facer realidade esta iniciativa: 𝗰𝗲𝗱𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗣𝗼𝗹𝗶𝘃𝗮𝗹𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝘂𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗮𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗱𝗲𝗰𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼𝘀.

Agora temos por diante dous meses para poñer todo a punto. 𝗘𝘀𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗲𝘅𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘃𝗲𝗿 𝗼 𝗰𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗰𝗵𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗱𝗮!

👵🏼👴🏼 As dúas casas ofrecerán 𝟭𝟬 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗶𝘂́𝗿𝗻𝗮 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶́𝘁𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟲𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀, sen dependencia recoñecida ou con dependencia de grao I.

𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗽𝗼𝗶𝗱𝗮𝗻 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗱𝗲𝘀𝗳𝗿𝘂𝘁𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮 𝗻𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮, 𝗽𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗲 𝗰𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰𝗲𝗻. 💚

Proximamente informaremos dos requisitos e do proceso para solicitar unha praza.

O alcalde, Luís Taboada, asinou co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o convenio para a humanización da...
23/10/2026

O alcalde, Luís Taboada, asinou co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o convenio para a humanización da rúa do Cine, cun investimento de 850.000 euros.

🚶‍♀️ Unha actuación que permitirá gañar en accesibilidade, comodidade e calidade dos espazos públicos.

🤝 Seguimos traballando e sumando colaboracións para construír un municipio mellor para todas e todos.

Grazas á Deputación Pontevedra pola súa colaboración e compromiso con este proxecto.

🏥 A NOSA SAÚDE NON PODE AGARDAR!Desde o Concello seguimos reclamando solucións aos problemas que afectan á atención sani...
23/10/2026

🏥 A NOSA SAÚDE NON PODE AGARDAR!

Desde o Concello seguimos reclamando solucións aos problemas que afectan á atención sanitaria no noso municipio.

A falta de cobertura completa de dúas das catro prazas médicas, o peche temporal do consultorio de Merza e as deficiencias das instalacións do Centro de Saúde, con filtracións de auga que se repiten ano tras ano, son problemas que levamos demasiado tempo trasladando.

A pesar das reiteradas reclamacións e dos compromisos anunciados, seguimos sen solucións efectivas.

Por iso, consideramos que chegou o momento de dar un paso máis. Desde o Concello promoveremos mobilizacións para reclamar unha atención sanitaria pública digna e de calidade.

📢 Proximamente anunciaremos a data e os detalles da mobilización.

Toca facernos escoitar! ✊🏼

20/10/2026

🎭 CONTINÚA OUTUBRO TEATRAL!

Despois de estrear o noso ciclo de teatro a pasada fin de semana, este sábado volvemos abrir as portas do auditorio para desfrutar dunha nova función!

Nesta ocasión, chega “Ninguén tira fotos nos enterros”, de Carlota e Compañía.

Unha nena de 11 anos asiste, no mesmo día, á súa primeira voda e ao seu primeiro enterro: de loito pola mañá e de traxe de cores pola tarde.

A partir desta experiencia, a obra aborda, con humor e tenrura, unha cuestión da que non sempre resulta doado falar: como lles explicamos a morte aos nenos e nenas?

🗓️ Sábado 24 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Xosé Casal
🎟️ Entrada de balde
👥 Público recomendado: partir de 11 anos

Vémonos no teatro! 🫶🏼

⚒️ O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, visita as obras de mellora do camiño que comunica o lugar de Casal, na par...
15/10/2026

⚒️ O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, visita as obras de mellora do camiño que comunica o lugar de Casal, na parroquia de Ferreirós, coa capela de Dorvisou, na parroquia de Insua.

🚧 Esta actuación ten como obxecto mellorar o estado desta vía, favorecendo a mobilidade dos veciños e veciñas e facilitando os desprazamentos entre ambas as parroquias.

🎭 ARRANCA OUTUBRO TEATRAL!Este sábado levantamos o pano do noso primeiro ciclo de teatro e facémolo con Unha señora orqu...
14/10/2026

🎭 ARRANCA OUTUBRO TEATRAL!

Este sábado levantamos o pano do noso primeiro ciclo de teatro e facémolo con Unha señora orquestra, un espectáculo que combina música, humor e moita orixinalidade. ✨

Da man de Ailén Kendelman, descubriremos unha peculiar muller orquestra capaz de facer soar varios instrumentos á vez, mesturando ritmos de diferentes partes do mundo.

📅 Sábado 17 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Xosé Casal
🎟️ Entrada de balde

Temos moitas ganas de comezar e, sobre todo, de compartir convosco esta primeira cita.

Vémonos no teatro! 🫶🏼

🎭 OUTUBRO TEATRALEste outubro traemos unha novidade que nos fai especial ilusión: estreamos o noso primeiro ciclo de tea...
09/10/2026

🎭 OUTUBRO TEATRAL

Este outubro traemos unha novidade que nos fai especial ilusión: estreamos o noso primeiro ciclo de teatro!

Tres sábados para deixarnos sorprender polo que acontece enriba do escenario. ✨

Estamos desexando que comece e agardamos que esta sexa a primeira de moitas edicións!

Vémonos no teatro! 🫶🏼

Os Cantos de Taberna deixáronnos un domingo deses que apetece repetir.Grazas a Voces da Terra, Rondalla Moraima, Brincad...
06/10/2026

Os Cantos de Taberna deixáronnos un domingo deses que apetece repetir.

Grazas a Voces da Terra, Rondalla Moraima, Brincadeira de Carbia, Vai Nela, 7Ferrados e Charanga Os Kokakolas por poñerlle música e alegría á xornada; aos locais participantes pola acollida e a todas as persoas que vos sumastes e contribuístes a crear un ambiente tan bonito. 🫶🏼

💪Trala concentración de onte no IES Marco do Camballón, desde o Concello de Vila de Cruces imos seguir loitando para que...
06/10/2026

💪Trala concentración de onte no IES Marco do Camballón, desde o Concello de Vila de Cruces imos seguir loitando para que a Consellería de Educación Edu Xunta cumpra co prometido, tanto no mes de xuño como en agosto, co obxecto de que o alumnado teña un profesor de Latín e Grego presencial.

‼️Non podemos permitir que se perda o Bacharelato de Humanidades no noso Concello.

Isto é unha loita de todas e todos, da Administración local e das familias, co fin de garantir este servizo para as xeracións vindeiras.

🍁 Festival de Outono 2026Unha tarde para desfrutar da música coral e poñer en valor o traballo, a dedicación e o cariño ...
05/10/2026

🍁 Festival de Outono 2026

Unha tarde para desfrutar da música coral e poñer en valor o traballo, a dedicación e o cariño das agrupacións que a manteñen viva.

Nesta edición compartiron escenario a Coral Polifónica de Piloño, a Coral Polifónica de Lalín e a Coral da Terceira Idade de Vedra.

✨E tamén houbo espazo para os pequenos detalles, como os agasallos feitos a man por Belén Parcero, integrante da coral anfitrioa, preparados con moito cariño para esta ocasión.

Grazas á Coral Polifónica de Piloño por facer posible, un ano máis, esta cita; ás formacións convidadas por acompañarnos e a todas as persoas que vos achegastes para desfrutar dela. 🫶🏼

Dirección

Juan Carlos I , S/n Vila De Cruces
Las Cruces
36590

Horario de apertura

Lunes 07:30 - 14:30
Martes 07:30 - 14:30
Miércoles 07:30 - 14:30
Jueves 07:30 - 14:30
Viernes 07:30 - 14:30

Teléfono

+34986582017

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Vila de Cruces publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir