03/09/2026
MORAÑA PERDE MÁIS DA METADE DOS FONDOS ESTATAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POLA SUA MALA XESTIÓN EN ANOS ANTERIORES
A MALA XESTIÓN DO GOBERNO LOCAL DEIXOU 2.245 EUROS SEN UTILIZAR
O Concello de Moraña arrastra 2.245,60 euros sen comprometer dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero correspondentes a 2024, segundo recolle a resolución publicada polo Ministerio de Igualdade no BOE.
Esta falta de execución ten consecuencias: dos 4.167,05 euros que lle corresponden a Moraña en 2026, o Estado só terá que transferir agora 1.921,45 euros, xa que os outros 2.245,60 euros continúan nas arcas municipais sen utilizar e son descontados da nova transferencia.
Estamos falando de fondos destinados especificamente a actuacións de prevención e loita contra a violencia de xénero. Non faltaron recursos: faltou capacidade para utilizalos.
Nun asunto tan serio, o Concello debería ser capaz de planificar e executar ata o último euro dispoñible. Non podemos permitir que recursos destinados a protexer, previr e concienciar queden sen utilizar por falta de xestión.
🔎 Para que calquera persoa poida consultar os datos e comprobalo directamente, deixamos tamén o enlace á resolución oficial publicada no BOE:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-16237