23/09/2026
Así somos: xa en setembro, que chegou con “su oh, Dios mío”, e nós sen contarvos como foi agosto! 😏🩵
🧚🏼♂️ Estivemos acompañando e facendo barrio coas marabillosas crianzas do campamento urbano do Concello de Baiona, en dúas quendas: a 1ª do 1 ao 15 e a 2ª do 16 ao 31. ✨
🏳️🌈 Saíu adiante o 1º Curso oficial de Monitoras de Tempo Libre na nosa ben querida Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, cun grupo icónico que nos agasallou cunha experiencia ben linda. Grazas a todas! 🥰
✨ Seguemos acompañando e facendo vila cos maiores de a Casa do Maior de Viladesuso 💙
🌿 Formamos parte, xunto a festA RAXADA da festa comuneira de Montes de Couso . 🫂
🍋 Chegamos ata a aldea do Couto, en Ponteceso, para sumarnos á coordinación do campo de voluntariado “Alí, Xaz”, indo da man das amigas de festiletras. 🌈
💜 Polo medio, estivemos co Punto Lila, Seguro e Diverso na Festa Corsaria de Marín. E tamén despedindo agosto e recibindo setembro co corazón cheo no mellor festival do país: TREMETERRA | Free Soundsystem Festival ! ❤️🔥 Grazas por tanto!
En nada vos contamos como está a ser setembro... Aínda así, podedes ir cheirando algo nas historias! 💕
Bicos grandes amigues 🧚🏼♂️