Ponteareas en común

Llamar Página web Contactar con la organización

Ponteareas en común A xente do común unímonos para facer fronte á necesaria transformación social, ecolóxica e económica de Ponteareas.

29/10/2026

🔻🟣 Reunión programática 8/14: Mocidade. 

Nas reunións programáticas de PEC estamos construíndo o programa electoral de 2027 de maneira aberta e participativa e nesta sesión queremos poñer sobre a mesa cuestións como:
🏠 Vivenda e emancipación
💼 Emprego e dereitos laborais
🚌 Transporte e mobilidade
🧠 Saúde mental
🎭 Cultura, ocio e deporte
📚 Estudos e formación
🗣️ Participación xuvenil
🏡 Mocidade nas parroquias

Porque o programa non queremos escribilo para a mocidade, queremos construílo coa mocidade:
📅 30/10/2026
🕐 19.00H
📍 Sede de Ponteareas en Común

A reunión é aberta (sen compromiso)! Vén, participa e dálle forma ao programa connosco.

Escoitar debe ser un principio básico en política.
29/10/2026

Escoitar debe ser un principio básico en política.

🟣🔻 Seguimos construíndo o programa co que queremos transformar Ponteareas en 2027 (8/14).A mocidade de Ponteareas enfron...
27/10/2026

🟣🔻 Seguimos construíndo o programa co que queremos transformar Ponteareas en 2027 (8/14).

A mocidade de Ponteareas enfronta problemas reais: vivenda inasequible, falta de transporte nocturno e diurno cara ás parroquias, escaseza de espazos propios, precariedade laboral e unha vila que, sen querer, empurra a xente nova a marchar.

Cremos que iso non é inevitable. Cremos nun Ponteareas que aposte pola súa mocidade con políticas concretas: alugueiros asequibles, lanzadeiras nocturnas, microsubvencións para proxectos culturais, emprego digno con cláusulas sociais e espazos onde a xuventude poida organizarse e expresarse.

Porque se a mocidade marcha, Ponteareas envellece. E porque as decisións que tomamos hoxe deciden que tipo de vila teremos mañá. Por iso continuamos co ciclo de 14 reunións programáticas abertas, para construír entre todas o modelo de vila que queremos.

Oitava sesión: Mocidade. 🧡
📅 30/10/26
🕖 19:00H
📍 Sede de PEC

Se tes algo que dicir sobre como Ponteareas trata á súa xente nova, este é o teu espazo. A política ten sentido cando mellora a vida da xente. 💜

26/10/2026

🔻🟣 Pleno de setembro en Ponteareas. O que non deu tempo a contar. 🧵

SAF e Óbolo: o informe da Secretaría é desfavorable á retención da garantía de aproximadamente 90.000 € porque o contrato rematou por mutuo acordo e non por incumprimento formal. Ademais, preguntamos polos posibles expedientes sancionadores polos incumprimentos posteriores e polos prazos de prescrición: 2 anos para as infraccións graves e 3 para as moi graves. O contrato rematou en xaneiro de 2026 e o tempo segue correndo.

Espazo Xuvenil: o regulamento contempla 76 artigos, unha franxa de idade de 12 a 35 anos, oficina de información xuvenil, sala polivalente, acceso gratuíto e reservas para asociacións. Agora estará 30 días en información pública. Para PEC, o seguinte paso debería ser abrir un proceso real de participación coa mocidade e incorporar á RPT a figura de animación sociocultural.

Educación: ademais do IES Pedra da Auga, trasladáronse necesidades de persoal nos centros de primaria: inglés, PT, orientación e Audición e Linguaxe. Non falamos dun único centro, senón de necesidades de reforzo que afectan a diferentes centros públicos de Ponteareas.

Saúde mental: a USM segue desprazada a Vigo dous meses despois do traslado provocado polos niveis elevados de radón no centro de saúde. O Pleno reclamou por unanimidade o seu regreso urxente a Ponteareas. A Unidade é referencia para unhas 50.000 persoas da comarca e o traslado afecta especialmente ás persoas con dificultades de mobilidade, autonomía ou recursos.

Viticultura: o Sindicato Labrego denunciou a crise de prezos e reclamou medidas para evitar compras por debaixo dos custos de produción. Na comarca do Condado-Paradanta hai 904 viticultores cunha media de 1,3 hectáreas por explotación. Un asunto relevante que, no Pleno, acabou tratándose case á medianoite.

Merchandising turístico: a ordenanza establece prezos públicos para camisetas, polos, figuras, bolsas e outros produtos. O estudo económico fala de venda a prezo de custo, pero os importes das facturas achegadas non coinciden cos prezos da ordenanza. Tamén queda por aclarar que persoal municipal se dedicará á venda e se ser�

22/10/2026

🔻🟣 Cando as traballadoras se organizan, as cousas cambian

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas sostiveron unha folga histórica ata que Óbolo acabou renunciando á prestación do servizo. Non foi unha concesión espontánea nin unha decisión forzada dende os despachos, foi resultado do esforzo titánico de mulleres que se organizaron para defender os seus dereitos e unhas condicións laborais dignas.
E queda unha cuestión política pendente, débense depurar responsabilidades polo xeito no que se tratou ás traballadoras durante a folga.
Mentres elas loitaban, denunciaron presións, ameazas de sancións e unha actuación municipal que, contribuíu a agravar o conflito. Hoxe, malia o resultado da loita e os incumprimentos recollidos no expediente, seguen agardando unha explicación política e unha desculpa. Sancionar unha empresa non é o mesmo que asumir responsabilidades pola actuación do Goberno.
A loita do SAF representa moito do que defendemos en Ponteareas en Común, a dignidade da clase traballadora, a defensa dun sector dos coidados profundamente feminizado e a convicción de que os dereitos non se conquistan agardando a caridade dos que teñen o poder.
Conquistar dereitos require organización, solidariedade e mobilización. Require tecer alianzas e levar o conflito aos centros de traballo, ás rúas e tamén ás institucións, sen delegar nelas a responsabilidade de transformar a realidade.
Porque entendemos a política como unha ferramenta ao servizo das loitas que nacen dende a rúa.
As traballadoras do SAF demostraron que a clase traballadora organizada pode cambiar as cousas. Esa é unha lección que ningunha institución debe esquecer.

15/10/2026

🔻🟣 PeC, a única alternativa de modelo

Construír un centro de día é importante. Pero decidir como se vai xestionar tamén é facer política.
No debate sobre o futuro centro de día de Xinzo, desde Ponteareas en Común defendemos a súa construción. Pero non nos chega con anunciar obras, facerse fotos ou competir por quen consegue apropiarse politicamente dun proxecto.

Pero que modelo de servizo queremos ofrecer á veciñanza? quen debe garantir que se coloque ao servizo do interese común?
É precisamente aí onde o debate político debería profundizar. Porén, demasiadas veces, o conxunto da corporación queda atrapado na propaganda, nos anuncios e nos reproches cruzados, evitando discutir as diferenzas de fondo entre os modelos que cada organización defende.
Desde Ponteareas en Común non entendemos a política como unha competición por administrar mellor o mesmo sistema. Queremos discutir que servizos públicos necesitamos, como deben organizarse e que intereses teñen que orientar a súa xestión. Non queremos limitarnos a apoiar ou rexeitar proxectos: queremos debater para que serven, como se desenvolven e a quen benefician.
A diferenza non está só en que obras defende cada partido, senón no modelo de sociedade que propón detrás delas.
Porque anunciar un servizo non é o mesmo que garantir un dereito. E a política municipal merece algo máis que propaganda: necesita debate rigoroso, alternativas reais e decisións orientadas ás necesidades da maioría social.

13/10/2026

🔻🟣 ENTREVISTA SOBRE O SAF

‼️Hoxe entrevistamos a Digna Cardoso para preguntarlle sobre as condicións actuais do SAF e como afecta o novo contrato nas súas condicións laborais.

📢 Queremos con isto recordar que as traballadoras do SAF que estiveron 68 días de folga son un exemplo de loita para toda a clase traballadora.

09/10/2026

🔻🟣 CEUTA E O RACISMO

A migración non pode entenderse só como unha cuestión de fronteiras. Detrás de cada movemento migratorio existen condicións económicas, conflitos, desigualdades históricas e relacións de poder entre Estados que condicionan as decisións de millóns de persoas.

O sucedido en Ceuta volveu poñer sobre a mesa esta realidade. As tensións entre España e Marrocos, o control das fronteiras e o conflito do Sáhara Occidental forman parte dun contexto xeopolítico que non pode desaparecer da análise cando falamos de migración. E, ao mesmo tempo, as consecuencias máis duras destas decisións recaen sobre persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.

Reducir todo isto ao discurso da «invasión» significa converter unha realidade complexa nun enfrontamento entre persoas. Algo semellante sucede cando problemas como o acceso á vivenda, a precariedade laboral ou o deterioro dos servizos públicos se explican pola presenza de poboación migrante, desviando a atención das causas estruturais desas dificultades.
Falar de racismo tamén implica falar das condicións materiais que favorecen a súa expansión: a precariedade, a desigualdade e a falta de expectativas poden ser utilizadas para presentar ao outro como responsable dos problemas que afectan ao conxunto da clase traballadora.

Por iso, falar de Ceuta é tamén falar de fronteiras, de xeopolítica, de colonialismo e das condicións nas que se produce a migración. Unha realidade demasiado complexa para reducila a un simple e erróneo «nós contra eles».

Este carrusel é para gardalo e para usalo.O contrato do lixo establece que servizos, frecuencias e medios lle correspond...
08/10/2026

Este carrusel é para gardalo e para usalo.

O contrato do lixo establece que servizos, frecuencias e medios lle corresponden a cada zona de Ponteareas. Por iso queremos que esta información estea nas mans da veciñanza: para saber que nos corresponde, comprobar se se cumpre e reclamar cando non se cumpra.�

📌 Comproba o que lle corresponde á túa parroquia ou ao casco urbano.
�📸 Se non se cumpre, documenta a incidencia.�
📢 Comunícaa e reclama.�
🏛️ E esixe ao Concello que actúe e faga cumprir o contrato.�

Porque os pregos son as condicións que a empresa ten que cumprir, e se a veciñanza paga polo servizo, ten dereito a saber que lle corresponde e a esixir que se cumpra.�

Fiscalizar tamén é facer política.

�

Loitar, loitar e volver a loitar. Vivenda digna para todos e todas XA! Folga, folga, folga XERAL!
03/10/2026

Loitar, loitar e volver a loitar.

Vivenda digna para todos e todas XA!

Folga, folga, folga XERAL!

Dirección

Amado Garra, 12
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ponteareas en común publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Ponteareas en común:

Atajos

Compartir

Categoría


Otros Partido político en Ponteareas

Ver Todo