Concello de Cedeira

Llamar Página web Contactar con la organización
 #𝕋𝔼ℂ𝕀𝔻𝕆𝔸𝕊𝕆ℂ𝕀𝔸𝕋𝕀𝕍𝕆ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸🪫 O local veciñal de Régoa acollerá o vindeiro 23 de outubro, venres, unha charla sobre as comu...
18/10/2026

#𝕋𝔼ℂ𝕀𝔻𝕆𝔸𝕊𝕆ℂ𝕀𝔸𝕋𝕀𝕍𝕆ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸

🪫 O local veciñal de Régoa acollerá o vindeiro 23 de outubro, venres, unha charla sobre as comunidades enerxéticos a cargo de Xosé M. Golpe Acuña. Ás 20.00h

*📢 AVISO – CURSO DE APLICACIÓN E MANIPULACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS*As *20 prazas dispoñibles* para o curso de *Apl...
16/10/2026

*📢 AVISO – CURSO DE APLICACIÓN E MANIPULACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS*
As *20 prazas dispoñibles* para o curso de *Aplicación e Manipulación de Produtos Fitosanitarios – Nivel Básico* xa foron cubertas.
A partir deste momento, as persoas interesadas poderán seguir realizando a súa solicitude e *pasarán a formar parte da lista de espera*, por orde de inscrición, para o caso de que se produza algunha vacante.
Así mesmo, *o lugar e o horario definitivo do curso serán comunicados a través das redes sociais e das canles oficiais do Concello*.
Grazas a todas as persoas polo interese e a participación.

 #𝔸𝕏𝔼ℕ𝔻𝔸ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸Chega unha fin de semana cargada de actividade, de maneira que achegamos unha axenda para que ninguén se ...
15/10/2026

#𝔸𝕏𝔼ℕ𝔻𝔸ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸
Chega unha fin de semana cargada de actividade, de maneira que achegamos unha axenda para que ninguén se perda!

🔥CONTINUAMOS EN ÉPOCA DE ALTO RISCO DE INCENDIOS👩‍🚒 Infórmase de que, debido ás actuais condicións meteorolóxicas, Medio...
15/10/2026

🔥CONTINUAMOS EN ÉPOCA DE ALTO RISCO DE INCENDIOS

👩‍🚒 Infórmase de que, debido ás actuais condicións meteorolóxicas, Medio Rural amplía a denominada época de alto risco de incendios forestais ata o próximo 31 de outubro.

A Consellería publicou onte (14 de outubro) no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se amplía este período que, inicialmente, finalizaba o 30 de setembro e que xa foi prorrogado nunha primeira quenda ata o 15 de outubro.

Lémbrase que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume, como canles para dar aviso en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, mantense operativo o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085 para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria.

Ligazón ao DOG nº 195 do 14/10/2026:
https://f.mtr.cool/2sr1bt3e4q

 #ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸📍O Concello de Cedeira licita a compra dunha miniescavadora para realizar traballos de prevención de incen...
15/10/2026

#ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸
📍O Concello de Cedeira licita a compra dunha miniescavadora para realizar traballos de prevención de incendios

O orzamento é de máis de 60.500€ (30.000€ procedentes dunha axuda tramitada diante da Consellería de Presidencia)

O equipamento reforzará o parque móvil municipal, que xa en 2021 incorporou un tractor con brazo desbrozador e máis recentemente un camión con guindastre, operacións nas que investiu máis de 221.000€.

Máis información: https://f.mtr.cool/ri2vdgcr65

 #ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℂ𝕌𝕃𝕋𝕌ℝ𝔸👉 O Concello de Cedeira está a celebrar a 3ª edición do 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃 𝔻𝔼 𝔸ℝ𝕋𝔼𝕊 𝔼𝕊ℂÉℕ𝕀ℂ𝔸𝕊 “𝔻𝔼ℕ𝔻𝔼 𝔸 ℕ𝔸𝔻𝔸”Os día...
15/10/2026

#ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℂ𝕌𝕃𝕋𝕌ℝ𝔸
👉 O Concello de Cedeira está a celebrar a 3ª edición do 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃 𝔻𝔼 𝔸ℝ𝕋𝔼𝕊 𝔼𝕊ℂÉℕ𝕀ℂ𝔸𝕊 “𝔻𝔼ℕ𝔻𝔼 𝔸 ℕ𝔸𝔻𝔸”

Os días 17 e 18, o sábado e o domingo, desenvolverase o primeiro obradoiro. Será de "Teatro físico" e correrá a cargo de Helen Bagget.
Como podemos contar unha historia antes de pronunciar unha soa palabra? O obradoiro de Helen parte do corpo e explora como o movemento, o ritmo, o xesto e as relacións entre intérpretes poden xerar material teatral. A través dunha serie de propostas físicas e lúdicas, as persoas participantes traballarán tanto individualmente como en grupo, descubrindo como movementos sinxelos poden transformarse en personaxes, relacións, imaxes e escenas. Partindo da ampla experiencia de Helen con Gecko Theatre, o obradoiro ofrece a oportunidade de experimentar os procesos físicos e colaborativos que están detrás da creación de teatro orixinal: experimentar, responder ás demais persoas e permitir que as ideas vaian xurdindo a través da práctica, en lugar de partir dun texto escrito.

Está aberta a inscrición neste e nos restantes obradoiros obradoiros! ➡️As persoas interesadas en pedir máis información poden facelo por whatsapp (649876614) ou mail, a [email protected]. ✍️ As inscricións deberán realizarse a través da sede electrónica (solicitude xeral).

 #𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 🚧👉 A Deputación Provincial da Coruña vén de sacar a licitación obras de mellora nas estradas DP-2204, de Cedeira...
14/10/2026

#𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 🚧

👉 A Deputación Provincial da Coruña vén de sacar a licitación obras de mellora nas estradas DP-2204, de Cedeira a Chímparra, e na DP-2206, que conecta As Pontigas coa carretera a San Andrés de Teixido. A actuación ten un orzamento de partida de 203.448,42€ e contribuirán a reforzar a seguridade da circulación rodada nestes viais.

🏗️ As obras realizaranse desde o punto quilométrico 1+390 ao 2+495 da estrada provincial DP-2204, así como nos 320 primeiros metros da 2206 e consistirán no estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente a todo o ancho da calzada e nas beiravías, abrindo cunetas en tramos necesarios e colocando barreiras de seguridade.
🔛 O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 3 de novembro.

🌿 Curso de Aplicación e Manipulación de Produtos Fitosanitarios – Nivel BásicoXa está aberto o prazo de inscrición para ...
14/10/2026

🌿 Curso de Aplicación e Manipulación de Produtos Fitosanitarios – Nivel Básico

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de 25 horas, integrado na programación formativa da Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Cedeira.

A formación desenvolverase do 23 ao 27 de novembro, en horario de tarde, e ten como finalidade proporcionar os coñecementos básicos necesarios para a aplicación e manipulación segura e responsable de produtos fitosanitarios, abordando aspectos como a prevención de riscos, os equipos de protección, as técnicas de aplicación, a protección ambiental, o almacenamento e a xestión de residuos.

📅 Prazo de inscrición: ata o 22 de outubro.
As persoas interesadas deberán facilitar o seu nome completo, DNI e teléfono de contacto a través de WhatsApp, no número 697 479 710, ou do correo electrónico [email protected].
📌 Prazas limitadas.

 #ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℂ𝕌𝕃𝕋𝕌ℝ𝔸 🎭 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃 𝔻𝔼 𝔸ℝ𝕋𝔼𝕊 𝔼𝕊ℂÉℕ𝕀ℂ𝔸𝕊 “𝔻𝔼ℕ𝔻𝔼 𝔸 ℕ𝔸𝔻𝔸”O Concello de Cedeira promove o espectáculo “Diz-me meu amo...
14/10/2026

#ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℂ𝕌𝕃𝕋𝕌ℝ𝔸 🎭 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃 𝔻𝔼 𝔸ℝ𝕋𝔼𝕊 𝔼𝕊ℂÉℕ𝕀ℂ𝔸𝕊 “𝔻𝔼ℕ𝔻𝔼 𝔸 ℕ𝔸𝔻𝔸”

O Concello de Cedeira promove o espectáculo “Diz-me meu amor”, unha proposta escénica de rúa, para este venres 16, ás 20.00h no paseo da Mariña. 👉 Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, sostéñense e festéxanse en liberdade. Un acto de celebración dos vínculos que sandan, do amor que non esixe, que acompaña, que levanta.

Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos que se sosteñen, miradas que se cruzan e pasos que se entrelazan, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.

O domingo 18, ás 20.00h no Auditorio, a compañía Morraoconto porá en escea “Tromso” 👉Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.

 #𝔹𝕆𝕃𝔼𝕋Íℕ𝕄𝔼𝔻𝕀𝕆𝔸𝕄𝔹𝕀𝔼ℕ𝕋𝔸𝕃-𝔸ℝℂ𝔼🌿 A asociación Arce fala, nesta nova entrega do seu boletín medioambiental, de catro proxect...
14/10/2026

#𝔹𝕆𝕃𝔼𝕋Íℕ𝕄𝔼𝔻𝕀𝕆𝔸𝕄𝔹𝕀𝔼ℕ𝕋𝔸𝕃-𝔸ℝℂ𝔼
🌿 A asociación Arce fala, nesta nova entrega do seu boletín medioambiental, de catro proxectos enmarcados na economía circular e no sector primario.

Dirección

Calle Real Nº 15
Redondela
15350

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981480000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cedeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Cedeira:

Atajos

Compartir