30/10/2026
💪🏎️Hoxe imos falarvos dunha traxectoria deportiva, con moito, moito, mérito. A de Lucía García Otero. A nosa xove veciña debutaba o pasado mes de maio no circuito dos slaloms. Facío nas Pontes, e alí subía por primeira vez ao podio. Da vila mineira pasaba a Moeche, a Sarria, a Antas de Ulla e a Rianxo. En case que todas as carreiras facíase un oco no caixón dunha categoría feminina que a día de hoxe carece de recoñecemento por parte da federación, pero que si poñen en valor a maior parte dos organizadores das carreiras, reservando un premio específico para as mulleres. A Lucía a afición ao motor venlle do pai, e xa de nena, con apenas 10 anos, acudía a Asturias para participar nos campamentos de karts que organizaba Fernando Alonso. Con 18 viu por primeira vez un slalom, e 3 anos despois, convertíase na piloto máis nova da competición. O seu, como diciamos, ten moito mérito, porque compite coa agrupación 7. Isto é, cun coche como o que conducimos todos nós, ao que tan só se lle modificou o volante e o asento. E con ese Peugeot 206 XR 60 de 1100 cc mide as súas forzas no Campionato galego de Slalom con outros vehículos de maiores potencias, cilindradas e preparacións superiores. E aí está, sempre no máis alto 🔝. Coa escudería Moeche pechará a tempada a finais de novembro en Fene, e dende o Concello, desexámoslle toda a sorte do mundo. Porque a merece 👏👏👏