Concello de Ribas de Sil

Cómo llegar Página web

Concello de Ribas de Sil Páxina do Concello de Ribas de Sil. Aquí poderás atopar información e novas de Ribas de Sil.

🚏 CONTINUAMOS MELLORANDO A SINALIZACIÓN DAS ALDEAS DE RIBAS DE SILO Concello de Ribas de Sil vén de iniciar a segunda fa...
22/10/2026

🚏 CONTINUAMOS MELLORANDO A SINALIZACIÓN DAS ALDEAS DE RIBAS DE SIL

O Concello de Ribas de Sil vén de iniciar a segunda fase das obras de instalación de novos sinais de localización das aldeas do municipio, a maior parte deles na parroquia de Torbeo.

📍 Nesta nova fase colocaranse 40 sinais, que contribuirán a mellorar a identificación e localización dos nosos núcleos de poboación.

💶 O investimento na subministración dos sinais ascende a 4.707,51 euros, financiados pola Deputación de Lugo a través dun convenio de colaboración co Concello.

👷 A instalación corre a cargo da brigada municipal de obras, que se encarga da colocación dos novos sinais.

Nos medios
https://ribeirasacraxa.com/news/ribas-de-sil-instala-40-novos-sinais-para-mellorar-a-localizacion-das-suas-aldeas/138611/

🍂 San Clodio celebra as súas Festas Patronais de OutonoO Concello de Ribas de Sil fai público o programa das Festas Patr...
20/10/2026

🍂 San Clodio celebra as súas Festas Patronais de Outono

O Concello de Ribas de Sil fai público o programa das Festas Patronais de Outono de San Clodio, cunha programación que combina actividades festivas, culturais e de convivencia para todas as idades.

🎉 Agardámosvos para compartir as festas de San Clodio!

#

📚❤️ ARRANCA O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE TORBEO CON ILUSIÓN E ÉXITO!Onte domingo, vinte persoas participaron na pr...
19/10/2026

📚❤️ ARRANCA O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE TORBEO CON ILUSIÓN E ÉXITO!

Onte domingo, vinte persoas participaron na primeira xuntanza do Club de Lectura da Biblioteca de Torbeo, unha iniciativa conxunta da asociación A.VE.TO. e do Concello de Ribas de Sil.

Unha participación especialmente significativa para unha parroquia cunha poboación tan pequena, pero que volve demostrar a súa enorme capacidade para promover iniciativas culturais e crear espazos de encontro. Quen sabe se estaremos ante un dos clubs de lectura situados en núcleos rurais máis pequenos de Galicia!

📖 Algo máis da metade das persoas asistentes procedían dos distintos núcleos da parroquia de Torbeo, mentres que o resto chegaron das Covas, de Quiroga e de San Clodio. Unha mostra de que os libros tamén serven para achegar persoas e conectar lugares. Antonio Paz foi o encargado de conducir o encontro, no que tamén estivo presente o concelleiro de Cultura de Ribas de Sil.

A primeira sesión estivo dedicada a coñecerse. Cada participante presentouse, explicou por que lle gusta ler e compartiu o recordo dun libro especialmente importante na súa vida. Foi unha oportunidade para descubrir diferentes gustos literarios, experiencias e maneiras de vivir a lectura.

✍️ Un dos momentos especiais chegou coa intervención de Loyda López, de Vilar do Mato, que compartiu co grupo as reflexións finais da súa última obra publicada, achegando tamén a perspectiva de quen vive a literatura desde a creación.

🍫🍰 O encontro rematou cunha merenda de biscoito e chocolate, que permitiu prolongar a conversa nun ambiente distendido e familiar.

📅 A próxima xuntanza será o domingo 15 de novembro, en Torbeo. Proximamente daremos a coñecer a obra que haberá que levar lida para compartir impresións e comentarios nese encontro.

A participación está aberta a calquera persoa que queira achegarse a Torbeo ese día, independentemente de que asistise ou non á primeira sesión. Só fan falta ganas de ler, conversar e compartir!

👏 Desde o Concello queremos agradecer a implicación de A.VE.TO. e de Antonio Paz, así como a ilusión de todas as persoas participantes.

Torbeo demostra unha vez máis que o dinamismo cultural non depende do número de habitantes, senón das ganas de facer cousas, de participar e de compartir.

📚 Longa vida ao Club de Lectura da Biblioteca de Torbeo!

🏃‍♂️🏃‍♀️ MÁIS DE 70 CORREDORES E CORREDORAS ESCOLLEN RIBAS DE SIL PARA UNHA FIN DE SEMANA DE DEPORTE E NATUREZARibas de ...
18/10/2026

🏃‍♂️🏃‍♀️ MÁIS DE 70 CORREDORES E CORREDORAS ESCOLLEN RIBAS DE SIL PARA UNHA FIN DE SEMANA DE DEPORTE E NATUREZA

Ribas de Sil acolle esta fin de semana a máis de 70 deportistas chegados de diferentes puntos de España para participar nun encontro de adestramento e actividades vinculadas ao mundo das carreiras de montaña.

Entre as persoas participantes hai corredores e corredoras procedentes de Asturias, León, Canarias e distintos lugares de Galicia, que teñen a oportunidade de coñecer e g***r das paisaxes do noso territorio.

🌄 Para unha das sesións de adestramento empregouse o percorrido da recente carreira nocturna do Courel, aproveitando os nosos camiños e contornas naturais como escenario para a práctica deportiva.

Antes de iniciar as actividades, os participantes reuníronse no salón de actos do Concello de Ribas de Sil, onde recibiron información sobre o percorrido e a programación da fin de semana.

O alcalde de Ribas de Sil e presidente do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, Roberto Castro, deulles a benvida e agradeceulles que escollesen o noso territorio para desenvolver este encontro deportivo.

É unha satisfacción comprobar como Ribas de Sil e o Xeoparque Montañas do Courel continúan atraendo actividades que combinan deporte, convivencia e descubrimento do noso patrimonio natural.

Agardamos que gocedes da experiencia e que volvades visitarnos!

📚 ARRANCA O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE TORBEO!📖 Mañá, domingo 18 de outubro, ás 17.00 horas, na antiga escola de T...
17/10/2026

📚 ARRANCA O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE TORBEO!

📖 Mañá, domingo 18 de outubro, ás 17.00 horas, na antiga escola de Torbeo, terá lugar a presentación do novo Club de Lectura da Biblioteca de Torbeo, unha iniciativa impulsada pola asociación A.VE.TO. coa colaboración do Concello de Ribas de Sil.

Será unha primeira xuntanza para coñecernos, falar de libros e acordar a primeira lectura, que poderemos g***r con calma durante as próximas semanas e compartir, comentar e debater no encontro do mes de novembro.

Non importa canto leas nin cales sexan os teus gustos literarios. O importante é ter curiosidade, ganas de descubrir novas lecturas e de compartir un bo momento arredor dos libros.

📍 Antiga escola de Torbeo
🗓️ Domingo 18 de outubro
🕔 17.00 horas

Animamos a todos os lectores e lectoras de Ribas de Sil e da contorna a achegarse mañá a Torbeo e participar nesta nova aventura cultural.

Porque ler é un pracer, pero compartir o que lemos pode facelo aínda mellor! 📚❤️

🏘️ UN PASO IMPORTANTE PARA RECUPERAR UN DOS EDIFICIOS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE SAN CLODIODespedimos a semana cunha boa notic...
16/10/2026

🏘️ UN PASO IMPORTANTE PARA RECUPERAR UN DOS EDIFICIOS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE SAN CLODIO

Despedimos a semana cunha boa noticia para Ribas de Sil!

Despois de moito traballo e xestións por parte do persoal municipal e do equipo de goberno, conseguimos formalizar a compravenda dos terreos situados detrás do coñecido como Edificio do Ladrillo, un dos edificios residenciais máis emblemáticos da nosa vila, que forma parte da memoria e da paisaxe urbana de San Clodio.

Esta adquisición supón un paso fundamental para avanzar na recuperación do edificio e desenvolver novos equipamentos e servizos para a veciñanza.

🏠 Novas vivendas sociais e espazos públicos. A adquisición do terreo permitirá abrir novos ocos na fachada posterior do edificio, mellorando a iluminación natural das vivendas sociais que se proxectan na planta superior, así como da futura biblioteca e sala de xogos prevista na planta baixa.

🚂 Ampliación do Centro de Interpretación do Ferrocarril (CIFER). O novo espazo permitirá ampliar a zona expositiva do centro, combinando unha área interior con outra exterior na que se poderán instalar elementos ferroviarios como sinais, semáforos, cambios de agulla e outras pezas relacionadas coa historia do ferrocarril.

🚌 Unha nova marquesiña para o transporte escolar. A compra inclúe tamén unha parcela máis pequena na que o Concello pretende instalar unha marquesiña de grandes dimensións, deseñada especificamente para que os nenos e nenas que agardan polo transporte escolar poidan facelo protexidos da chuvia e das inclemencias meteorolóxicas. Deste xeito, damos resposta a unha demanda trasladada polas familias.

💶 O investimento total na adquisición dos terreos ascende a 20.085 euros, financiados integramente pola Deputación de Lugo, a través dun convenio de colaboración co Concello de Ribas de Sil.

Queremos agradecer especialmente a boa disposición e a colaboración do propietario, que facilitaron que esta operación puidese chegar a bo porto.

Recuperar o noso patrimonio, mellorar os servizos públicos e crear novos espazos para a veciñanza. Ese é o obxectivo desta actuación, coa que seguimos dando pasos para construír o futuro de San Clodio sen perder a súa identidade.

Nesta reunión da Xunta directiva do GDR Ribeira Sacra - Courel  saíron aprobados definitivamente dous proxectos importan...
15/10/2026

Nesta reunión da Xunta directiva do GDR Ribeira Sacra - Courel saíron aprobados definitivamente dous proxectos importantes para o noso concello, un público e outro privado. O proxecto privado consiste en melloras na elaboración e embotellado de viño a realizar na adega Pazo de la Cuesta .
Por outro lado o proxecto público promovido polo noso concello consistirá na creación dun parque de 1000 metros cadrados con horto urbano. Estará situado a carón da residencia e irá destinado a uso e desfrute de tódolos veciños. A inversión será dun total de 37.960,17 euros, contando cunha axuda de fondos europeos de 34.164,15 euros (90%).

𝐎 𝐆𝐃𝐑 𝐑𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐒𝐚𝐜𝐫𝐚-𝐂𝐨𝐮𝐫𝐞𝐥 𝐚𝐩𝐫𝐨𝐛𝐚 𝟑𝟒 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐳𝐚𝐫𝐚́𝐧 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝟐,𝟓 𝐦𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨

A Xunta Directiva do GDR Ribeira Sacra-Courel, reunida hoxe en Bóveda, aprobou a concesión de 𝟏.𝟑𝟐𝟏.𝟓𝟎𝟖,𝟑𝟖 € 𝐞𝐧 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚𝐬 𝐋𝐄𝐀𝐃𝐄𝐑 correspondentes á convocatoria 2026.

𝐀𝐬 𝐜𝐢𝐟𝐫𝐚𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐚𝐜𝐚𝐝𝐚𝐬:
• 34 proxectos aprobados.
• 12 proxectos produtivos.
• 14 proxectos non produtivos públicos.
• 8 proxectos non produtivos privados.
• Creación de 9,50 empregos e mantemento doutros 32,07.

As iniciativas abranguen sectores como o turismo, a gastronomía, a industria e os servizos, ademais de actuacións destinadas á mellora dos espazos públicos, á recuperación do patrimonio e á valorización dos recursos naturais.

O Concello de Ribas de Sil fai público o programa cultural Outono 2026. A disfrutalo. Nos medioshttps://xornaldelemos.ga...
15/10/2026

O Concello de Ribas de Sil fai público o programa cultural Outono 2026. A disfrutalo.

Nos medios
https://xornaldelemos.gal/cultura/87349-representacions-teatrais-un-novo-club-de-lectura-e-actividades-nas-parroquias-na-programacion-do-outono-cultural-de-ribas-de-sila/

https://ribeirasacraxa.com/news/ribas-de-sil-organiza-un-outono-cultural-marcado-polo-teatro-un-club-de-lectura-en-torbeo-e-actividades-repartidas-polas-parroquias/137860/

https://osil.info/ribas-sil-presenta-un-outono-cultural-con-9-funcions-teatrais-un-novo-club-de-lectura-e-actividades-nas-parroquias/

  O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural para o outono de 2026, que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro e que combina actividades xa consolidadas con novas propostas destinadas a ampliar a participación cultural da veciñanza. O ...

⛲ COMEZAN AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DA FONTE DE SAN ROMÁNUnha vez rematadas as obras de acondicionamento da Fonte da Vent...
14/10/2026

⛲ COMEZAN AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DA FONTE DE SAN ROMÁN

Unha vez rematadas as obras de acondicionamento da Fonte da Ventosa, en Torbeo, agora tócalle a quenda á Fonte de San Román, en San Clodio.

👷 O alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego SILLOR XII xa iniciou os traballos de recuperación desta fonte, que levaba máis de 30 anos abandonada, desde a súa última reforma.

🌿 A actuación incluirá tamén o acondicionamento dos accesos e da contorna, co obxectivo de recuperar este espazo público e poñelo á disposición dos veciños e veciñas de San Román para o seu uso e desfrute.

🏡 Desde o Concello de Ribas de Sil seguimos apostando pola recuperación e posta en valor do noso patrimonio etnográfico, especialmente destes pequenos espazos que forman parte da historia, da memoria e da vida cotiá das nosas aldeas.

Recuperar o noso patrimonio é tamén recuperar espazos de encontro e convivencia para a veciñanza.

Nos medios
https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/patrimonio-hidrografico-gana-valor-ribas-sil/202610160500002006249.html?utm_campaign=mrf-facebook-RibeiraSacraEP&utm_source=facebook&utm_medium=social&mrfcid=202610176ad329018016142dfa40ee5a&fbclid=IwY2xjawVAr0RleHRuA2FlbQIxMQBwZG9mBXNydGMGYXBwX2lkEDIyMjAzOTE3ODgyMDA4OTIAAR4E9oVw-yvLkgXyA7HlVAQBM4WHM6GhAXWS4PQsTXdyg3y-mYDyXk0_XCF0fw_aem_RK7cAzABluSjWamrV_9IwQ

🌿 O XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL, COMPROMETIDO COA LINGUA GALEGAMañá, 15 de outubro, rematan as actividades que, desde o...
14/10/2026

🌿 O XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL, COMPROMETIDO COA LINGUA GALEGA
Mañá, 15 de outubro, rematan as actividades que, desde o pasado mes de agosto, veñen desenvolvendo conxuntamente os tres concellos que conforman o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, co obxectivo de promover e normalizar o uso do galego.
📍 Ribas de Sil acolleu varias destas iniciativas, como a actuación de brindo e regueifa celebrada no salón de actos do Concello e o obradoiro de creación de pasatempos en galego impartido pola escritora Celia Díaz Núñez ao alumnado do CEIP de San Clodio.
🛍️ Ademais, dos nenos e nenas participantes no noso campamento de verán xurdiu o lema «Vive Galicia, compra en galego», que dá nome á campaña de promoción do uso da lingua galega no comercio e no sector servizos dos tres concellos.

Nos medios
https://ribeirasacraxa.com/news/quiroga-folgoso-do-courel-e-ribas-de-sil-impulsan-o-uso-do-galego-na-educacion-o-comercio-e-a-tecnoloxia/137683/

https://xornaldelemos.gal/sociedade/87384-iniciativas-do-xeoparque-montanas-do-courel-para-impulsar-a-normalizacion-do-galego/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2026/10/20/span-langglpasatempos-lingua-galega-conecer-mellor-xeoparque-do-courelspan/00031792510739762776383.htm

  Desde o pasado mes de agosto e ata mediados de outubro, o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel vén desenvolvendo un programa de actividades dirixidas a promover e normalizar o uso da lingua galega en diferentes ámbitos da vida social do territorio. Esta iniciativa, impulsada conxunta...

Dirección

Praza Maior Nº 1
San Clodio
27310

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ribas de Sil publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir