10/10/2026
O futuro de Vigo constrúese entre todas e todos: todxs xuntxs sen excluir a ninguén para transformar Vigo!
A Presentación de Gloria Alonso como candidata de Movemento Sumar Galicia á Alcaldía de Vigo, foi un encontro no que sumamos forzas con grupos progresistas e transformadoras como Recortes Cero e Equo, xunto coas asociacións veciñais de Vigo.
Unimos voces, ideas e propostas para impulsar un novo modelo de cidade, no que a vivenda, os servizos públicos, os barrios e o emprego digno sexan prioridades. Unha cidade de Vigo máis planificada, coidada e pensada para a maioría social.
Seguimos medrando, sumando forzas e construíndo unha alternativa plural, ampla e transformadora.