Turismo Vilalba

Página web

Turismo Vilalba Oficina de Turismo Vilalba

📸🎃 Volvemos publicar o cartel do Concurso de Fotografía de  , xa que se detectou un erro no primeiro premio da categoría...
20/10/2026

📸🎃 Volvemos publicar o cartel do Concurso de Fotografía de , xa que se detectou un erro no primeiro premio da categoría de grupos.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión! 💚

📌 A continuación podedes consultar as bases do concurso e atopar o anexo que debedes enviar xunto coa fotografía.

👻 Animádevos a participar e a compartir as vosas fotografías máis terroríficas! 🕸️📷

Agardamos as vosas participacións! 🕷

👻 A NOITE MÁIS TERRORÍFICA DO ANO ESTÁ A CHEGAR! 🕸️O vindeiro 31 de outubro, as rúas de Vilalba encheranse de maxia, mis...
19/10/2026

👻 A NOITE MÁIS TERRORÍFICA DO ANO ESTÁ A CHEGAR! 🕸️

O vindeiro 31 de outubro, as rúas de Vilalba encheranse de maxia, misterio, diversión e moito terror! 🦇

🥞 As filloeiras de
🎉 Animación polas rúas
👹 Desfile de Samaín
🤹‍♂️ O espectáculo de Asacocirco Compañia

Unha xornada para g***r, deixar voar a imaxinación e vivir unha noite chea de emocións, risas e algún que outro susto! 🎃

👻 Prepara o teu disfraz, reúne a túa cuadrilla e ven pasar un Samaín de medo con nós!

📍
📅 31 de outubro

🕷️🕸️ Agardámoste!

Atréveste a vivir o Samaín en Vilalba? 🎃

📸 Xa están publicadas as bases do Concurso de Fotografía de Samaín de  ! 👻🕸️Hoxe publicáronse no Boletín Oficial da Prov...
17/10/2026

📸 Xa están publicadas as bases do Concurso de Fotografía de Samaín de ! 👻🕸️

Hoxe publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as bases do Concurso de Fotografía de que se vai celebrar no Concello de Vilalba.

📄 Aquí vos deixamos as bases para que poidades consultalas.

💀 Saca o teu lado máis terrorífico! Prepara o teu disfraz e a túa maquillaxe máis arrepiantes e deixa voar a imaxinación.

🎃 Anímate a participar e sorpréndenos coas túas fotografías máis espeluznantes!

Agardamos as vosas propostas! 📷🕷️

📣 Mañá, desfile do Comercio Local de VilalbaO comercio local será o protagonista dunha xornada para poñer en valor a cal...
16/10/2026

📣 Mañá, desfile do Comercio Local de Vilalba

O comercio local será o protagonista dunha xornada para poñer en valor a calidade, a variedade e a profesionalidade dos establecementos do noso concello.

🛍️ Unha iniciativa para apoiar e dar visibilidade ao comercio de proximidade.

🎒 Ademais, durante o evento celebrarase o sorteo da campaña «Volta ao Cole».

Agardámoste! Non faltes!

Xa está aquí o cartel da XVIII edición da Tasca do Liño de Insua! 💚Un ano máis, da man da Asociación de Mulleres Rurais ...
12/10/2026

Xa está aquí o cartel da XVIII edición da Tasca do Liño de Insua! 💚

Un ano máis, da man da Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua, seguimos poñendo en valor as nosas tradicións e a cultura da nosa terra.

📅 Agardámosvos o 31 de outubro en Insua para compartir xuntos unha nova edición desta celebración tan nosa.

Non faltedes! Vémonos en Insua! 💚

Xa está dispoñible o informe turístico de setembro, con todos os datos e principais indicadores que permiten coñecer a e...
06/10/2026

Xa está dispoñible o informe turístico de setembro, con todos os datos e principais indicadores que permiten coñecer a evolución da actividade turística durante o mes.

📈 Ocupación, visitantes, pernoctacións e outros datos de interese para analizar o comportamento do sector turístico e a súa evolución.

🔎 Consulta o informe completo e descubre os principais resultados de setembro.

01/10/2026

O pasado martes tivemos a honra de participar nos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Deputación de Lugo, unha cita que pon en valor o talento, o compromiso e a riqueza do noso territorio.

Foi unha enorme alegría recibir un recoñecemento ao proxecto «Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade», impulsado pola Concellería de Turismo, unha iniciativa que aposta por poñer en valor o noso patrimonio, a nosa memoria e o noso territorio, camiñando cara a un modelo de turismo máis sostible, responsable e respectuoso.

Grazas á Liga Santaballesa, polo seu compromiso, colaboración e implicación na posta en valor da nosa historia, da nosa memoria e da nosa identidade.

Grazas á Deputación de Lugo por este recoñecemento e parabéns a todas as persoas e proxectos premiados e recoñecidos nesta edición! 🎉

🎶 Ademais, tivemos a oportunidade de desfrutar da actuación de Paloma Suanzes, que puxo o broche musical a unha tarde tan especial e emotiva.

📸 Aquí vos deixamos un pequeno resumo dunha tarde moi especial, chea de emoción, orgullo e momentos para lembrar. 💚

🌿 Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade.

Onte foi un deses días que quedan na memoria. 💚✨Desprazámonos á entrega dos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gast...
30/09/2026

Onte foi un deses días que quedan na memoria. 💚✨

Desprazámonos á entrega dos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Deputación de Lugo para recoller o premio ao proxecto «Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade», impulsado pola Concellería de Turismo.

Un recoñecemento que nos enche de orgullo e que nos anima a seguir poñendo en valor a nosa historia 📖, o noso patrimonio 🏛️ e, sobre todo, a nosa xente. 👥

Grazas á Liga Santaballesa polo seu traballo constante e por tantos anos dedicados a coidar, conservar e manter vivo o noso patrimonio e a memoria de Santaballa.

E grazas á Deputación de Lugo por valorar e recoñecer este proxecto, así como a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, forman parte del.

Este premio é de todos e todas. 💚

27/09/2026

🌍💚 Hoxe celebramos o Día Mundial do Turismo!

Dende a Oficina de Turismo de Vilalba queremos aproveitar esta data para convidarvos a descubrir, desfrutar e vivir o noso concello.

🌿 Vilalba é paisaxe, historia, patrimonio, tradición, gastronomía e cultura. É un lugar para pasear sen présa, para descubrir novos recunchos e para deixarse sorprender por todo o que agocha.

🎥 Por iso, hoxe compartimos este vídeo, unha pequena mostra do que vos espera en Vilalba.

💚 E agora queremos saber de vós: cal é o voso recunho favorito de Vilalba?

----------------------------------------------------------------------

🌍💚 ¡Hoy celebramos el Día Mundial del Turismo!

Desde la Oficina de Turismo de Vilalba queremos aprovechar esta fecha para invitaros a descubrir, disfrutar y vivir nuestro municipio.

🌿 Vilalba es paisaje, historia, patrimonio, tradición, gastronomía y cultura. Es un lugar para pasear sin prisa, descubrir nuevos rincones y dejarse sorprender por todo lo que esconde.

🎥 Por eso, hoy compartimos este vídeo, una pequeña muestra de lo que os espera en Vilalba.

💚 Y ahora queremos saber de vosotros: ¿cuál es vuestro rincón favorito de Vilalba?

Vilalba recibe o Premio Turismo Sostible 2026 💚Hoxe publicouse no BOP a concesión do Premio Turismo Sostible 2026, un re...
23/09/2026

Vilalba recibe o Premio Turismo Sostible 2026 💚

Hoxe publicouse no BOP a concesión do Premio Turismo Sostible 2026, un recoñecemento que este ano recae en pola candidatura presentada pola Oficina de Turismo do Concello de Vilalba, baixo o título:
“Santaballa, territorio de memorias e sostibilidade”

Iste recoñecemento pon en valor o compromiso de Vilalba cun modelo turístico responsable, respectuoso co noso territorio e coa nosa contorna, apostando por un turismo que conserve, valore e dea a coñecer o mellor do noso municipio.

Iste premio é moito máis ca un recoñecemento. É unha oportunidade para situar Vilalba no mapa turístico 🗺, para que máis persoas coñezan o noso territorio, as nosas historias, o noso patrimonio e todo aquilo que nos fai únicos.

E o máis importante, facémolo nós, a xente de Vilalba.
Porque quen mellor ca nós para contar o que somos?

👉 Podes consultar a noticia sobre o fallo dos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da provincia de Lugo neste enlace: https://deputacionlugo.gal/es/node/84955

Dirección

Plaza Suso Gayoso 1
Villalba
27800

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Sábado 11:00 - 12:15

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo Vilalba publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir