25/11/2023
📢 MANIFESTACIÓN CONTRA A DESFEITA EÓLICA EN FERROL
Convocada por Vento Mareiro terá lugar o domingo 26 de Novembro, ás 12,30 horas, na cidade de Ferrol.
✊🏿👊 Esiximos ás formacións políticas accións para frear a invasión eólica e avanzar cara un cambio radical do modelo enerxético.
⚡IMPORTANTE ⚠️
🤝Os colectivos, plataformas ou asociacións que queiran mostrar o seu apoio á Manifestación poden facelo enviando un correo a: [email protected]
👉🏽 Aquí podes consultar os colectivos que xa apoian a convocatoria: https://foipolovento.org/coletivos/
🌊 O POBO GALEGO UNIDO CONTRA A DEPREDACIÓN ENERXÉTICA 🍃
04/06/2023
Temos máis boas novas que contar!!!!!
Nos últimos meses, puxéronse en contacto coa nosa plataforma varias Universidades, para darnos voz en varios proxectos de investigación sobre o impacto social da transición enerxética e as enerxías renovables no sur de Europa e en Galicia.
Ata o momento, colaboramos con:
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidad de Salamanca
- Universidad de NTNU (Trondheim, Noruega)
Tan importante como a loita, é a difusión da mesma, por iso estamos orgullosos/as de que conten con nós para saber o que está a acontecer cos macroparques eólicos. Unha pena iso sí, que dende centos ou milleiros de kilómetros se interesen por algo que nin as empresas promotoras nin ningunha Administración se interesaron: a nosa opinión.
Novamente, este é un éxito de todos/as!!!! Moitas grazas!!!!
20/05/2023
Mañá 💪🥁 21 maio as 12:30h en Lugo.
14/05/2023
O CONSEGUIMOS: NIN UN SÓ MUÍÑO, NIN UN METRO DE LÍNEA DE ALTA TENSIÓN NO NOSO CONCELLO!!! 🥁❤️👏
MOITAS GRAZAS A TODAS/OS, SEN VÓS NON O TERÍAMOS CONSEGUIDO 💪
Seguramente moitos/as xa o sabedes, pero para quen non, aí vai con retraso unha pequena explicación de cómo quedaron os Parques Eólicos que afectaban á Capela:
- P.E. Caaveiro: o 3 de febreiro de 2023, saía publicada no BOE a *Declaración de Impacto Ambiental desfavorable*. Como recolle o BOE, máis de 1400 alegacións.
- P.E. Tesouro: o 7 de febreiro de 2023, saía publicada no BOE a *Declaración de Impacto Ambiental favorable con modificacións*. Novamente, case 500 alegacións (prácticamente presentadas na súa totalidade pola Plataforma Veciñal A Capela di Non).
Despois de case dous anos de loita, roteiros, manifestacións, alegacións, trabas do Concello.... 📣📣
A presión social dos/as veciños/as e colectivos que nos acompañaron nesta loita, fixo que se eliminasen os 6 muiños que afectaban ao noso concello. 🎉🎉🎉
13/03/2023
En qué quedou o dos Parques Eólicos de Caaveiro e Tesouro?Vanse facer? Modificouse algo? E agora qué? ⁉️
HAI COUSAS QUE FESTEXAR E COUSAS QUE EXPLICAR!!!! 🎉👏
Este sábado 18 de marzo, ás 12:00 da mañá na Sindical (As Neves), temos unha charla e uns petiscos. 🎤🌮🎤🌮
Explicarase a situación actual dos parques eólicos, o papel que xogaron o Concello e as Administracións Públicas en todo este asunto 👎 a situación actual e futura da Plataforma Veciñal A Capela di NON e un repaso das movilizacións e accións 💪💪💪 realizadas durante máis de ano e medio.
Non esperes a que cho conte Radio Pataca, acude e difunde! 👆📣👆📣👆📣👆📣👆📣👆📣
09/12/2022
Seguimos sumando apoios!! 💪👏🥰 Vémonos este domingo en Moeche 😉
23/10/2022
Queres visualizar onde irían os macroeólicos da PE Caaveiro? Por onde vai a liña de alta tensión?
Pois podes apuntarte ao roteiro que imos facer polo Forgoselo.
- Cando? 🕚 O sábado 29 de outubro ás 10:00
- Onde? ⛰️ Sairemos do curro do Forgoselo (ubicación no códigoQr)
- É moi difícil? 🚶♀️🚶♂️Algo menos de 10km cunha dificultade media-baixa.
- Cómo me anoto? ✏️ Escribíndonos por privado nas RRSS ou no teléfono 677127713 de 17:00 a 19:00 h.
O día tope para anotarse é o 26 de outubro incluido.
Haberá petiscos e bebida ao remate. 😋
Anímate e participa!! 💪🎉
24/09/2022
Mañá vémonos na Coruña ás 12:00h! 💪✖️⛔
07/12/2021
📣📣📣 O vindeiro sábado 11 de decembro haberá mobilizacións en varios lugares de Galicia na defensa das montañas e en contra dos polígonos macroeólicos que queren instalar en moitas das nosas aldeas 📣📣📣
Se queredes asistir, podedes escoller entre varios lugares. Nos iremos a de Ferrol! 💪👏
28/09/2021
E este venres na Coruña... 📣💬💪ℹ️👏