02/06/2025
O pasado mes, tiveron lugar as III Xorndas de Horto Terapéutico no noso centro.
Aprendimos como poder crear e coidar espazos naturais nos diferentes recursos nos que traballará o alumnado.
Puxemos os nosos 5 sentidos en coñecer o marabilloso Xardín Sensorial do que desfrutan na Fundación Hospitalarias de Betanzos (Pai Menni).
Manolo de ensinounos a optimizar os espazos e usar materiais reciclados para o noso horto. Hortos, que intentaremos que sexa ecosustentable, imitando a moi pequena escala os abastecen aos colexios do programa Ecocomedores levado a cabo por GDR As Mariñas. O que non faltará no horto é un bo compost, diso aseguráronse en , dándonos unha clase maxistral dende o seu proxecto Ecofriendly.
E como non todo pode ser cultivar para comer, porque ás veces hai que cultivar para coidar, as profesionais do Materno Infantil da Coruña, ensináronnos como coidar os espazos, é tamén coidar á saúde, da man do seu xardín creado no hospital.
Grazas a todas as persoas que quixeron compartir o seu saber facer connosco. Grazas tamén ao alumnado dos Ciclos de Educación Infanfil, Documentación Sanitaria, Emerxencias Sanitarias, Farmacia, Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Hixiene Bucodental e Integración Social pola súa participación e da Acción Formativa para Persoas en Situación de Desemprego Atención Sociosanitaria a Persoas en Institucións Sociais.
20/02/2025
Onte 19 de marzo, o alumnado de de Cultivos Celelulares e de Laboratorio Clínico e Biomédico, asistiu á conferencia da Dra Silvia Díaz Prado coordinadora do grupo de investigación en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa, do INIBIC, sobre Enxeñaría de tecidos empregando células nai e biomateriais.
�
27/11/2024
O ciclo superior de mediación comunicativa, na súa liña de colaboración coa Asociación de persoas xordas da Coruña, recibiu a visita está semana de Luis López. Unha oportunidade excepcional para estar en contacto directo con usuarios/as da lingua de signos.
�
27/11/2024
Frecuencia CLT: Voces contra a violencia!
📢📢 Estamos nas ondas de novo👏👏👏
O alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística gravou o seu primeiro programa📻📻📻
Unha chea de voces contra a violencia de xénero🛑🛑🛑
Síguenos na Frecuencia CLT (https://www.ivoox.com/voces-contra-a-violencia-xenero-audios-mp3_rf_136298338_1.html)
�
23/10/2024
Falando de natureza:
Acollemos unha charla do Grupo Naturalista Hábitat, previa a un feixe de andainas e actividades de divulgación ambiental nas que participa a comunidade educativa do noso centro.
11/10/2024
Sesións informativas Erasmus+
Se estás interesado/a en realizar a FCT no estranxeiro o próximo ano, esperámoste no salón de actos o luns 14 de outubro ás 19:00 e o martes 15 ás 11:30.
27/05/2024
Nace a I edición do festival "Aquí tamén se fala"
Venres 7 de xuño - Praza da Tolerancia da Coruña.
Dende as 17:00 h - Entrada de balde.
Con grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira.
iniciativa promovida polo IES Rafael Dieste.
14/05/2024
Este curso rematamos a colaboración con Aspanaes que tanto nos serviu para aprender e coñecer outras sensibilidades. O vindeiro curso máis e mellor.
03/05/2024
ULEX EN CONCERTO
Celebramos o mes das Letras Galegas coa actuación musical de ULEX.
O xoves 9 de maio temos troula no recreo!!