20/11/2021
➡️ Despois de tantos meses de pandemia, confinamento e restricións, por fin onte puidemos realizar a nosa asemblea e renovar a Directiva da Asociación. Benvidas as novas incorporacións, e ao novo presidente, Xosé Vázquez Romero! 💪
02/10/2021
Este sábado 2 de outubro tamén asistiremos ao VIII Convivio da Cultura Galega que organizan a Federación Galiza Cultura e a Casa-Museo Manuel María. Eis o programa de lecer aberto ao público:
• Ás 11:30 h: Roteiro pola contorna do Miño, concretamente pola parroquia de Cela (Outeiro de Rei). Sairemos desde a Casa-Museo ás 11.30, en coches particulares cara á igrexa parroquial de Cela (43.146579, -7.594404). Alí comezariamos o percurso circular de aproximadamente 1h e 15 min e dificultade baixa. O roteiro será dinamizado por Orlando Viveiro (estudoso e divulgador do patrimonio chairego).
• Ás 13.30 h: Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio parroquial de Outeiro de Rei.
• Ás 14 h: Xantar de convivio na horta da Casa-Museo Manuel María (cada persoa trae a súa comida).
• Ás 17 h: Actuación musical na horta da Casa-Museo: presentación dun novo proxecto musical formado por Jásper, voz e guitarra de Nao, e Nébeda, pandeireteira.
A asistencia é libre, de balde, mais por previsión e prevención fronte á COVID, cómpre inscribirse na andaina e/ou no concerto enviando un correo electrónico co nome e tf. de contacto a: [email protected]
25/09/2021
Vémonos en breve, ás 12:30h na avda de Navarra para denunciar este abandono!!
24/09/2021
⚠️ ‼️Non o esquezades!! Mañá ás 12:30h na Agra de Santo Amaro, pola limpeza e acondicionamento da Contorna da Torre 🏞️, Acabemos con esta vergoña!! 🛑
22/09/2021
https://avvatochasmontealto.wordpress.com/2021/09/22/isto-e-unha-vergona/
ISTO É UNHA VERGOÑA
Agra de Santo Amaro: Limpeza e acondicionamento xa!! Concentración o sábado 25 de setembro ás 12:30 h na Agra de Santo Amaro, á altura do número 61 da Avenida de Navarra.
10/09/2021
O cárcere non pode seguir así...
Un incendio en la antigua prisión provincial de A Coruña moviliza a los bomberos
El fuego se inició en una de las estancias del edificio, donde había almacenados varios colchones
07/09/2021
‼️O domingo 19 de setembro, ás 11:30h no Obelisco. Mobilízate contra a estafa da luz!! 💡 🔌
03/09/2021
📣Apoiamos as mobilizacións contra a estafa da luz 🔌💡. Por unha tarifa xusta, contra o empobrecemento e na defensa dun prezo xusto para os servizos básicos, participa!
⛔⚡NON Á ESTAFA DA LUZ!
📢A CIG convoca concentracións para o vindeiro 19 de setembro
🔌Por unha tarifa eléctrica galega
💡Pola recuperación das centrais hidroeléctricas
🔊Audio da conferencia de prensa coas intervencións de Paulo Carril e Fernando Branco: https://i.gal/audio3s
ℹ️+INFO: https://i.gal/19s
14/08/2021
Sonido del Barrio
Proyecto Documental con entrevistas sobre la importancia del música en el Barrio Monte Alto. Un anteproyecto para más adelante poder ampliarlo a una película...