17/06/2026
🌿🍽️ A gastronomía e a paisaxe son moito máis ca un atractivo turístico: son unha oportunidade para xerar riqueza e futuro no territorio.
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, participou no V Foro Económico Español «La Galicia que viene», onde puxo en valor o papel do sector agroalimentario da provincia como un elemento clave na xeración de oportunidades no rural.
🗣️ "Dende a Deputación, apostamos por estratexias pensadas para xestionar fluxos e para que os visitantes cheguen ao conxunto da provincia, porque todo o territorio ten un gran potencial, dende o interior ata a costa, pasando polas tres xoias urbanas".
✨ Un modelo que sitúa a gastronomía, a paisaxe e a identidade como os grandes eixos da promoción turística da provincia da Coruña.
15/06/2026
📽️ O vicepresidente provincial, Xosé Regueira, participou a semana pasada na presentación do documental "Pico Sacro, monte de mitos e lendas".
🗣️ "O Pico Sacro un lugar onde conviven a natureza, a historia, as lendas e a identidade dun territorio que soubo conservar un patrimonio de valor extraordinario" destacou.
🍷Despois da presentación do documental, o vicepresidente trasladouse ao espazo de Enoturismo María Manuela para coñecer as súas instalacións, que definiu como "exemplo de como o patrimonio, a paisaxe e a actividade económica poden ir da man para crear proxectos con identidade propia e fortemente vinculados ao territorio".
13/06/2026
🍔 Música e gastronomía déronse a man no CHICHAFEST 🎶
tivo un papel protagonista nesta xornada celebrada na Sala Capitol de Santiago, achegando ao público asistente unha mostra da excelencia agroalimentaria da provincia da Coruña.
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, visitou o evento acompañado da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nun encontro que combinou talento musical emerxente e produto de proximidade.
✨ Degustacións e moito sabor para demostrar que a gastronomía tamén pode dialogar coa cultura e crear experiencias únicas.
🌿 Porque a nosa despensa é tamén unha forma de vivir e celebrar o territorio.
13/06/2026
🦐🌊 Esta fin de semana, o paseo marítimo de Xuvia, en Narón, convértese no gran escaparate do sabor do mar coa II Festa do Marisco da Confraría de Barallobre.
✨ participa nesta cita cun espazo propio no que se exhibe o talento gastronómico e artesanal da provincia, reunindo seis firmas artesás e unha completa programación de showcookings.
👩🍳 A chef Nair González, do restaurante Muelle 43 de Mugardos, ofrecerá tres demostracións diarias (11:30, 13:00 e 17:30 h), achegando ao público novas formas de g***r do produto do mar.
🦀 Produto, tradición, creatividade e moito sabor nunha fin de semana para celebrar a identidade mariñeira da nosa costa.
13/06/2026
📖✨ Unha nova mirada para descubrir o Concello de Negreira.
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, presentou a nova guía turística do municipio, editada co apoio da institución provincial e elaborada polo historiador Amancio Liñares.
🥾 A publicación incorpora novos contidos e pon o foco no impacto do Xacobeo e na importancia do Camiño a Fisterra e Muxía para o desenvolvemento local.
🗣️ "O Camiño contribúe a crear actividade económica, a xerar emprego e a proxectar a nosa imaxe máis alá das nosas fronteiras. Por iso é importante contar con publicacións como esta, que permiten poñer en valor os recursos propios do territorio, reforzar a nosa identidade e ofrecer unha experiencia turística máis completa", destacou Regueira.
🌿 Patrimonio, paisaxe, cultura e unha historia que segue escribíndose paso a paso.
08/06/2026
🍇 O viño, o territorio e as persoas que o fan posible volverán ser protagonistas na III Feira do GastroLexítimo de Paderne.
A cita celebrarase os días 5 e 6 de xullo en Esperela e contará coa colaboración da Deputación da Coruña, que participará cun espazo propio no que haberá mercado de produtos locais e un dos grandes atractivos desta edición: o concerto de Milladoiro.
🗣️ Durante a presentación, o vicepresidente Xosé Regueira destacou que "na nosa provincia temos a fortuna de que viven persoas que traballan e conservan a nosa paisaxe, producindo alimentos de alta calidade e mantendo vivo o noso tecido produtivo".
✨ Unha feira que vai moito máis alá do viño: fala de patrimonio, identidade, esforzo colectivo e da riqueza dun territorio que sabe coidar o que é seu.
05/06/2026
🏆✨ Un recoñecemento para toda unha forma de entender o turismo.
A Deputación da Coruña recibiu en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico, un galardón que recoñece a aposta por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade.
O vicepresidente, Xosé Regueira, recolleu o premio e quixo compartilo con todas as persoas que fan posible que a nosa gastronomía sexa unha referencia.
💬 "É un recoñecemento colectivo a todas as persoas que, desde o sector agroalimentario e gastronómico, contribúen cada día a construír unha provincia máis competitiva, máis atractiva e con maior capacidade para xerar riqueza" destacou o vicepresidente
🌿 Un premio que fala do traballo das produtoras e produtores, do sector agroalimentario, da hostalaría e de todas as persoas que contribúen a facer da provincia da Coruña un destino único.
02/06/2026
🌊🏆 O percebe volverá ser protagonista.
Ao abeiro da campaña , organizamos o II Campionato Mundial de Percebe, unha cita que busca poñer en valor non só un dos grandes tesouros gastronómicos do noso mar, senón tamén o traballo das percebeiras e percebeiros, a cultura mariñeira e a identidade das nosas costas.
👨🍳 Para escoller as mellores propostas contaremos cun xurado de auténtico luxo:
⭐ Albert Adrià (Enigma)
⭐ Javi Olleros (Culler de Pau)
⭐ Bittor Arguinzoniz (Asador Etxebarri)
⭐ Diego García (Desde 1911)
E coa participación especial de Alfredo Vozmediano.
✨ Un encontro para celebrar o noso territorio e a excelencia gastronómica.
📸 José Pardo
29/05/2026
🌿🌊 Trece anos demostrando que outra forma de facer turismo é posible.
A Deputación da Coruña participou na celebración do XIII aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, un territorio referente en conservación, desenvolvemento local e ecoturismo.
O deputado de Patrimonio, Xosé P***s, destacou a "firme alianza entre a Deputación e a Reserva para impulsar un modelo turístico de calidade, respectuoso co medio e conectado coa identidade do territorio".
✨ Hoxe, a Reserva é o primeiro destino de Galiza certificado en Ecoturismo a nivel estatal e un exemplo de como a cooperación pode transformar o territorio en oportunidades para quen o habita.
29/05/2026
🌿 A marca agroalimentaria bota andar con 18 empresas adheridas 👏
🤝 O vicepresidente, Xosé Regueira, participou onte en Ortigueira no acto de entrega dos primeiros distintivos, que recoñecen o desenvolvemento de produtos de proximidade, con proxectos ligados ao territorio e ao turismo enogastronómico.
😋 As primeiras adhesións representan unha ampla diversidade de sectores produtivos do Xeoparque Cabo Ortegal: produción agrícola, produtos do mar, doces e repostaría, produtos da colmea, lácteos e transformación alimentaria artesanal. Son estas 👇
🔹Cariño: Conservas vexetais e marmeladas Amieiro; Conservas La Pureza; e Semente Negra.
🔹Cedeira: Cen por Cen Mel; Mariscos Diego; e Expomar Marisco Cedeira.
🔹Cerdido: Cool Berries
🔹Moeche: Abella Mestra; Aires de Susi; Manda Carballo; e Lácteos de Moeche
🔹Ortigueira: A Horta de Chema;
🔹San Sadurniño: Maruxas de Nata; Viveros Florgalicia; e As Lolas da Cascarilla
🔹Valdoviño: Ay! Carmen Conservas; Piparra Atlántica; e Mel San Martiño.
✨ Un proxecto aberto a novas adhesións que nace para impulsar o produto de proximidade, crear oportunidades económicas e reforzar un modelo de desenvolvemento sostible ligado á identidade de Ortegal.
🇪🇺 Actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos