Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC

Compartir

Nalgún lugar do Campus de Elviña, cerca dos castros que abrigaron os bravos pais da nosa estirpe,

16/06/2026

Este verán mentres nas praias xa non se poderá xogar ao fútbol como se fose a final do Mundial-traxedia para algúns, alivio para os demais- na biblioteca temos a alternativa perfecta: unha chea de novelas onde cada libro xoga na súa categoría.

Elixe entre entretemento, emoción, intriga.... e cambia os tiros a portería por historias que enganchan de verdade.

Mira 👇👇👇 unha pequena mostra,
https://www.calameo.com/read/007972616f477dec75615
porque tamén se aprende así:
- compartindo espazos
- respectando o silencio
- convivindo mellor

Photos from Universidade da Coruña's post 08/06/2026

Parabéns ás tres e, pola parte que nos toca, unha aperta a María Barreiro, profe da nosa facultade.

🥇🥇🥇

28/05/2026

🌞️ Horario de verán
📆 A partir do luns 1 de xuño

26/05/2026

A Oficina de Relacións Internacionais da UDC organiza a International Summer School (ISS), que terá lugar do 13 ao 24 de xullo no Campus da Zapateira.

Unha oportunidade única para participar en cursos impartidos por profesorado internacional, centrados en temáticas actuais e variadas.

Prazo de inscrición: ata o 15 de xuño

Se es estudante da UDC poderás:
• Obter 3 créditos ECTS
• Practicar idiomas en contexto real
• Descubrir novas culturas
• Ampliar a túa rede de contactos internacionais

Dá o paso e vive unha experiencia académica diferente este verán!

Información: https://www.udc.es/es/iss/





20/05/2026

Chega ese marabilloso momento no que o calendario énchese de exames e as aulas de estudo convértense na nosa segunda casa (ás veces na primeira 😅).

Aquí tedes os horarios actualizados das salas de estudo para organizarvos e atopar ese sitio perfecto onde dis "hoxe si que estudo en serio" .

📌AVISO IMPORTANTE!!!! a sala do Xoana Capdevielle estará temporalmente pechada a partir do 5 de xuño. 😱😱😱

Pode aparecer un drama pero tranquilidade, as bibliotecas dos centros seguen abertas, con espazo de sobra e listas para acollervos con mesas, enchufes, salas de traballo en grupo e ese silencio tan inspirador que nos dá tanto medo ás bibliotecarias, porque parece que estades a tramar algo 😈

Aproveitade estes espazos e quen sabe... igual a biblioteca convértese no voso lugar favorito ❤❤❤

Consulta e elixe a túa biblioteca: https://acortar.link/GjDLcB

17/05/2026

"A vontade dun pobo con respecto a calquera asunto debería ser sempre irrenunciábel. No momento en que renunciásemos deixaría de ser a nosa vontade. O fundamental da cuestión do idioma é que, para alén doutras consideracións, nos interpela directamente sobre a nosa vontade de ser ou non un pobo." Begoña Caamaño.






30/04/2026

O pasado mes de abril, Matías Membiela Pollán, Eva Sánchez Amboage e Verónica Crespo Pereira , profes da Facultade de Economía e Empresa, publicaron o libro Retromarketing. Como las marcas crean su estrategia e identidad con la nostalgia.

Xa o tedes dispoñible na biblioteca e podedes levalo en préstamo.

📖📚




28/04/2026
¿Quieres que tu empresa sea el Servicios Gubernamentales mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Campus Elviña, S/N
A Coruña
15071

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30