11/06/2026
🗣️A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo, no Fórum Carballo en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en lingua”, que leva por título “Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización”.
🧠Serán dúas xornadas de reflexión sobre a evolución das políticas lingüísticas, a presenza do galego nos medios, na música e no ensino, a recuperación da toponimia tradicional e os retos actuais para a normalización da lingua.
📝 Matrícula aberta ata o 3 de xullo
👥 Prazas limitadas. Non quedes sen a túa!
🔗Máis info e inscricións aquí: https://bit.ly/CVNL26
09/06/2026
8 novelas gráficas sobre el siglo XX para entender el XXI | Ethic
'Maus', 'Persépolis' o 'Paracuellos' capturan algunos de los hechos históricos que marcaron la agenda del siglo XX.
08/06/2026
O alumnado do IES Rafael Dieste de A Coruña, de maioría inmigrante, acumula premios cun proxecto viral de apoio á lingua e cultura galegas.
‘Aquí Tamén Se Fala’, el fenómeno adolescente que hace hablar gallego a Viggo Mortensen y le enmienda el nombre al Dépor
El alumnado del IES Rafael Dieste de A Coruña, de mayoría inmigrante, acumula premios con un proyecto viral de apoyo a la lengua y a la cultura gallega
05/06/2026
🎭 O Concello e a compañía Noite Bohemia achegan o teatro clásico ás rúas e lugares emblemáticos da cidade
👉 Ao longo de xuño e xullo ofreceranse funcións gratuítas de obras de autores como Shakespeare ou Eurípides
ℹ️ https://i.gal/EfvAU
01/06/2026
Mañán comezan as probas de acceso á universidade (PAU) e a Facultade de Filoloxía é unha das sedes que acollerá os exames. Durante 3 días miles de alumnos intentarán conseguir a nota necesaria para o grao da súa elección. Moita sorte a tod@s!!!
27/05/2026
Horario de verán na Biblioteca Universitaria da 😎⛱️🌄
Xuño, xullo: 09:00 h - 20:00 h
Agosto: 09:15 h - 13:45 h
Setembro ata o día 4: 09:00 - 20:00 h
26/05/2026
A Oficina de Relacións Internacionais da UDC organiza a International Summer School (ISS), que terá lugar do 13 ao 24 de xullo no Campus da Zapateira.
Unha oportunidade única para participar en cursos impartidos por profesorado internacional, centrados en temáticas actuais e variadas.
Prazo de inscrición: ata o 15 de xuño
Se es estudante da UDC poderás:
• Obter 3 créditos ECTS
• Practicar idiomas en contexto real
• Descubrir novas culturas
• Ampliar a túa rede de contactos internacionais
Dá o paso e vive unha experiencia académica diferente este verán!
Información: https://www.udc.es/es/iss/
20/05/2026
Última sesión do Club de Lectura
O próximo mércores 17 de xuño pecharemos o club de lectura deste curso falando de "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez 🌿📖
🕡 Atención ao horario: nesta ocasión, a sesión do club comezará ás 18:30 h.
Como broche final, propoñémosvos unha actividade moi especial: 🏡 Visita guiada a Villa Florentina, a casa-museo do autor.
📝 No formulario de inscrición atoparedes unha opción para que nos digades se queredes participar na visita.
ℹ️ Información importante sobre a visita:
🕟 Hora: 16:30 h
🚗 Desprazamento: por conta propia
💶 Prezo: 3€ (a aboar na casa-museo)
⚠️ As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Cando confirmemos a vosa participación, tamén vos indicaremos se dispoñedes de praza para a visita.
Animádevos a pechar o curso con nós dunha maneira diferente! 😊📚
20/05/2026
📚 A Universidade da Coruña celebra este venres 22 de maio o Día das Letras Galegas 2026 en torno a Begoña Caamaño, referente das letras galegas contemporáneas e do xornalismo cultural en Galicia, escritora homenaxeada este ano.
🩵O acto, que terá lugar no Paraninfo da Reitoría, incluirá unha conversa arredor do seu legado intelectual e creativo con Ana Romaní e Marga do Val, a presentación da edición especial da obra “De Esmelle a Ítaca”, a entrega de premios do I Certame Literario da Universidade Sénior da Coruña e unha actuación musical de clausura.
🗓 22 de maio
🕚 11.00 h
📍 Paraninfo da Reitoría
Agardámoste!