Arquivo de Galicia

Página web

Arquivo de Galicia O Arquivo de Galicia é un centro público creado no ano 2010 para conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. Ademáis é cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade.

Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela.

O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DO “POMPEO”A finais dos anos noventa do pasado século pretendíase a construción dun polideportiv...
16/11/2026

OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DO “POMPEO”
A finais dos anos noventa do pasado século pretendíase a construción dun polideportivo no patio do histórico instituto Otero Pedrayo da cidade de Ourense. Mais as catas arqueolóxicas apareceron restos arqueolóxicos romanos e medievais que deron lugar a numerosas campañas de escavación que retrasaron o proxecto. Hoxe presentamos os traballos de desmonte e numeración dos perpiaños que forman o denominado pozo romano e dos materias cerámicos aparecidos no vertedoiro interior.
Arquivo de Galicia Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. GB5021.

VENRES EN XOGONo cumio dun pequeno outeiro, onde en tempos estivo o Castro Dactonio, estableceuse unha comunidade de mon...
13/11/2026

VENRES EN XOGO
No cumio dun pequeno outeiro, onde en tempos estivo o Castro Dactonio, estableceuse unha comunidade de monxes no século X. O actual edificio, o da fotografía, e do século XVI, momento da súa adhesión á Congregación de Valladolid. A fachada principal é de estilo neoclásico cunha ornamentación austera en tres corpos, mentres que a igrexa, pegada a ala esquerda, é de estilo renacentista cun interior que se corresponde co gótico tardío. No claustro, tamén neoclasicista, consérvase unha urna cineraria que algúns historiadores consideran de época romana. De que mosteiro, que acolle unha fermosa imaxe da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G79736.

O IMPACTO VISUAL DO HOTEL PEREGRINOO Hotel Peregrino foi inaugurado no ano 1965 e cos seus 34 metros e medio, un dos mái...
11/11/2026

O IMPACTO VISUAL DO HOTEL PEREGRINO
O Hotel Peregrino foi inaugurado no ano 1965 e cos seus 34 metros e medio, un dos máis altos da cidade, provocou un enorme impacto na cidade compostelá. O avogado Clemente González Peón vai asesorar en todo momento aos veciños do barrio de Conxo, a través da súa asociación veciñal “Doutor Maceira” na súa demanda contra a empresa propietaria, buscando unha indemnización compensatoria.
En primeiro lugar protestan contra o impacto visual ao considerar que o exceso de andares constituía unha apropiación da silueta e da imaxe colectiva da cidade. Ao mesmo tempo, a súa construción nun barrio periférico, organizado en torno a unha das estradas de entrada na cidade e aínda sen unha urbanización perfectamente definida, vai a afectar tamén aos futuros espazos en materia de zonas de xardíns, rede de sumidoiros, beirarrúas, prazas de aparcamento xa planificados, ademais das parcelas pegadas ao hotel que perden valor. Por todo isto os veciños reclamaron nun primeiro momento o derrubo do hotel e, finalmente, unha indemnización que si van conseguir.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo de Clemente González Peón. G00634.

OS PETOS DE ÁNIMASOs petos de ánimas son unha das grandes manifestacións culturais do culto aos mortos en Galicia. Const...
09/11/2026

OS PETOS DE ÁNIMAS
Os petos de ánimas son unha das grandes manifestacións culturais do culto aos mortos en Galicia. Construídos en pedra, tiñan como función preservar o recordo das almas en pena do purgatorio e pedir por elas a través da oración e a esmola. O purgatorio adquiriu a condición de dogma de fe no Concilio de Trento, onde as persoas que morrían cun pecado venial sufrían un castigo temporal no purgatorio, tempo que se podía reducir grazas ás oracións, misas e esmolas ofrecidas pola salvación da súa alma.
Estes exemplos de devoción popular expandíronse por Galicia e o norte de Portugal ao longo do século XVIII colocados nos lugares máis transitados polos veciños: as prazas, públicas, nas contornas das igrexas parroquiais, cruces de camiños ou nas entradas e saídas das aldeas.
De variada estrutura, adoitan ter un corpo central cun nicho ocupado por un pequeno retablo ou pintura onde se representan as almas do purgatorio e, debaixo, unha caixa ou abertura para introducir as esmolas. Adoitan ter elementos decorativos como cornixas, pináculos, pilastras ou columnas, ás veces policromadas, e tamén unha frase destinada a incitar a caridade dos transeúntes.
Velaquí unha imaxe do peto de ánimas de Carreirachán, parroquia de Santa María de Taboexa, concello das Neves.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G83441-06.

VENRES EN XOGOPresentamos hoxe a portada dunha igrexa monacal. Fundada na Idade Media, o seu maior desenvolvemento comez...
06/11/2026

VENRES EN XOGO
Presentamos hoxe a portada dunha igrexa monacal. Fundada na Idade Media, o seu maior desenvolvemento comeza en 1494 cando pasa a depender da congregación Bieita de Valladolid. A actual igrexa comeza a construírse un século despois, da man de Mateo López, e reúne elementos do último renacemento e do barroco. Presenta planta de cruz latina cunha soa nave e capelas laterais, destacando no interior a cúpula nervada, que evoca a de Granada, deseñada polo arquitecto andaluz Bartolomé Fernández Lechuga e, o retablo, unha das obras cume do barroco galego, feito por Fernando de Casas Novoa. Á portada da igrexa, a da fotografía, accédese a través dunha fermosa escaleira barroca, inspirada na da Praza do Obradoiro da catedral compostelá, e segue unha estrutura de retablo en pedra. Da igrexa de que mosteiro, que acolleu tras a súa restauración a famosa exposición de arte galego “Galicia no tempo”, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. GB4761.

AS PINTURAS DE SANTA MARÍA DE CUÍÑASituada nun val preto do río Pambre, no concello de Oza-Cesuras, nesta igrexa descubr...
04/11/2026

AS PINTURAS DE SANTA MARÍA DE CUÍÑA
Situada nun val preto do río Pambre, no concello de Oza-Cesuras, nesta igrexa descubríronse nos anos setenta un conxunto de pinturas murais tras retirar os retablos. Debaixo dunha capa de cal apareceron pinturas que foron recoñecidas como gótico-flamencas do século XVI. Mais ao quitar outras capas apareceron pinturas máis antigas, posiblemente románicas, coetáneas coa construción do templo. Hoxe amosamos os resultados dos traballos de restauración destas pinturas levadas a cabo no ano 1994.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G79666-04.

NOVEMBROO penúltimo mes do ano está asociado nas antigas culturas co inicio do inverno e, nas comunidades celtas, repres...
02/11/2026

NOVEMBRO
O penúltimo mes do ano está asociado nas antigas culturas co inicio do inverno e, nas comunidades celtas, representaba ademais o comezo do ano novo. Na tradición galega coñecíase como o “mes dos mortos” pois está marcado polo día de defuntos, sendo polo tanto o mes de honrar aos finados e a memoria familiar.
Na Galicia prerromana os defuntos eran considerados protectores do fogar, espíritos que velaban polas colleitas e a fecundidade. Co cristianismo estas crenzas foron reinterpretadas á luz da fe na resurrección e na vida eterna. Trasladouse o culto aos mortos na contorna das igrexas, de xeito que os cemiterios establecéronse xunto as igrexas rurais integrando aos defuntos na comunidade, pois formaban parte da igrexa. A partires do século XV consolídase o culto ás animas do purgatorio, un dos símbolos característicos do imaxinario galego da morte, pois estas sufrían en espera da súa redención e os vivos podían axudalas mediante oracións, esmolas e misas. Esta importancia social da morte tamén se manifesta nas laudas dos gremios que, como asociacións de artesáns en defensa dos seus intereses, levaban a perpetuación da súa identidade profesional máis aló da vida.
O liberalismo vai impulsar que a xestión dos cemiterios pase gradualmente da igrexa aos concellos. A planificación urbana xunto coa saúde pública para evitar epidemias e a igualdade dos dereitos das persoas fronte a morte, sexan católicos ou non, levou á creación dos grandes cemiterios extramuros. Estas ideas tiveron o seu punto culminante na Lei de cemiterios de 1932, na II República, onde se prohibiron os enterramentos relixiosos agás cando a persoa finada o deixara establecido.
E se falamos de morte, neste mes e, dun xeito especial, o día 25, lembramos a realidade da violencia machista que segue a cobrar vidas cada ano. A violencia exercida contra as mulleres non son casos illados, nin “crimes pasionais”, é un problema estrutural, unha ferida que segue aberta na nosa sociedade. Ata non hai moito tempo, os asasinatos ou o maltrato ás mulleres eran asuntos privados ou “arrebatos” onde os agresores podían como moito acabar ingresados nun psiquiátrico. Con todo, non faltaban mulleres que se atrevían a denunciar aos seus maridos.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.

VENRES EN XOGOPresentamos hoxe unha imaxe da, posiblemente, porta máis senlleira de Galicia. Orixinariamente era unha da...
30/10/2026

VENRES EN XOGO
Presentamos hoxe unha imaxe da, posiblemente, porta máis senlleira de Galicia. Orixinariamente era unha das sete portas menores dunha das nosas catedrais, mais pronto vai acadar gran relevancia. A súa simplicidade creou a necesidade de dotala dunha porta exterior barroca que funciona como “pantalla decorativa”, flanqueada con 24 estatuas de pedra representando apóstolos e profetas. A nosa porta, a chamada interior, ten unha orixe incerta pois, para uns, é do século XII creada para permitir o paso dos monxes do veciño convento de San Paio e, para outros, do século XVI para incorporar o simbolismo romano ao templo como paso dunha vida de pecado ao perdón. De que porta, que volverá a abrirse dentro de moi pouco, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. GB4828.

DALMÁTICASA dalmática é unha vestidura litúrxica propia do diácono no rito romano. O seu nome procede de Dalmacia, rexió...
28/10/2026

DALMÁTICAS
A dalmática é unha vestidura litúrxica propia do diácono no rito romano. O seu nome procede de Dalmacia, rexión da costa oriental do Adriático, e deriva dunha vestimenta civil da época romana caracteriza pola súa forma ampla, mangas curtas e as aberturas laterais que facilitaban o movemento. Inicialmente vinculouse a dalmática co pontífice e os diáconos de Roma para, ao longo da Idade Media, estenderse por toda Europa. Feitos normalmente de liño, seda ou tecidos nobres, poden ir decorados con símbolos cristiáns, cruces ou monogramas de Cristo, e motivos vexetais e xeométricos.
Velaquí unha pequena escolma dos que podemos atopar en igrexas e santuarios da nosa comunidade, que están á nosa disposición a través do Inventario de Bens Mobles da Igrexa, en su maior parte é accesible a través de Galiciana Arquivo Dixital de Galicia https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/inicio/inicio.do
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. Inventario de Bens Mobles da Igrexa.

O CANCEL DE XAGOAZAO cancel, na liturxia cristiá da alta idade media, tiña a función de facer de barreira separadora ent...
26/10/2026

O CANCEL DE XAGOAZA
O cancel, na liturxia cristiá da alta idade media, tiña a función de facer de barreira separadora entre o altar, zona máis sagrada do templo reservada para o clero e o altar, e a nave onde se situaban os fieis. A que presentamos hoxe, nunha fotografía da súa restauración, atópase na igrexa de San Miguel de Xagoaza, no concello do Barco de Valdeorras. A igrexa do século XII formaba parte dun antigo mosteiro do século XI, que na posterior centuria pasou a mans dos cabaleiros da Orde de Malta e tivo durante séculos un forte carácter hospitalario vinculado ao Camiño de Inverno.
A presencia desta peza permite falar da existencia dun templo anterior vinculado ao mundo suevo e aos primeiros momentos da cristianización da comarca de Valdeorras.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G83440-02.

Dirección

Cidade Da Cultura De Galicia, Monte Gaiás S/n
A Coruña
15707

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Arquivo de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir