Concello de Ordes

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Ordes Benvido/a á páxina oficial do Concello de Ordes. Dende aquí poderás estar ao día de todas as actividades, servizos e novidades do concello.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 9 A 14 HORAS.

👮‍♂️👏 𝐏𝐀𝐑𝐀𝐁𝐄́𝐍𝐒, 𝐀́𝐋𝐕𝐀𝐑𝐎, 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝐓𝐄𝐔𝐒 𝟐𝟓 𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎!🎖️ O noso compañeiro 𝐀́𝐥𝐯𝐚𝐫𝐨 𝐍𝐨𝐲𝐚 𝐆𝐫𝐞𝐥𝐚, axente da Policía Local...
09/10/2026

👮‍♂️👏 𝐏𝐀𝐑𝐀𝐁𝐄́𝐍𝐒, 𝐀́𝐋𝐕𝐀𝐑𝐎, 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝐓𝐄𝐔𝐒 𝟐𝟓 𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎!

🎖️ O noso compañeiro 𝐀́𝐥𝐯𝐚𝐫𝐨 𝐍𝐨𝐲𝐚 𝐆𝐫𝐞𝐥𝐚, axente da Policía Local de Ordes, foi homenaxeado na 𝐀𝐜𝐚𝐝𝐞𝐦𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 (AGASP) con motivo dos seus 𝟐𝟓 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 ao servizo da cidadanía.

🤝 Neste acto tan especial estivo acompañado polo 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐱𝐞𝐟𝐞 𝐝𝐚 𝐏𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢́𝐚 𝐋𝐨𝐜𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞𝐬, 𝐈𝐯𝐚́𝐧 𝐎𝐭𝐞𝐫𝐨, e polo 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞𝐬, 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐧𝐞𝐳 𝐒𝐚𝐧𝐣𝐮𝐫𝐣𝐨, que quixeron compartir con el este merecido recoñecemento.

💙 Desde o Concello de Ordes queremos trasladarlle os nosos parabéns e agradecerlle estes 25 anos de dedicación, profesionalidade e compromiso coa seguridade e o benestar da nosa veciñanza.

👏 𝐆𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐞 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐢𝐬𝐨, 𝐀́𝐥𝐯𝐚𝐫𝐨!

🎶🎶🎶
09/10/2026

🎶🎶🎶

Voltan os cantos de taberna!

O sábado 10 de outubro entre as 20:00 e as 22:30 encheremos de música algúns dos bares da vila.
Logo xuntarémonos todos na alameda para continuar co peche da xornada na foliada!

Agradecer enormemente aos bares que se animaron a participar:



Café Bar Gerardo
Bar A Berxa
Pulpería Verde Galicia
Cervecería PJ


Feitizo Ordes

Últimas prazas para anotarse no link da biografía!
Vémonso nos bares!

09/10/2026
✳️ 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚📄 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐍𝐚𝐕𝐢𝐥𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔Extracto de la Resolución número 40562, de 18 de septiembre de 202...
09/10/2026

✳️ 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚
📄 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐍𝐚𝐕𝐢𝐥𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔
Extracto de la Resolución número 40562, de 18 de septiembre de 2026 de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se convocan ayudas destinadas al programa de apoyo al comercio local en los ayuntamientos de menos de 20.000 habitantes de la provincia de A Coruña para el año 2026. (MercaNaVila/2026)

✳️ 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐥𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚, 𝐗𝐮𝐬𝐭𝐢𝐳𝐚 𝐞 𝐃𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞𝐬
📄 𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢́𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚
ORDE do 28 de setembro de 2026 pola que se modifica o artigo 16 da Orde do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A) (Diario Oficial de Galicia número 52, do 18 de marzo).

✳️ 𝐀𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐚 𝐈𝐧𝐝𝐮𝐬𝐭𝐫𝐢𝐚 𝐅𝐨𝐫𝐞𝐬𝐭𝐚𝐥
📄 𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚
RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de xustificación da primeira anualidade das subvencións convocadas mediante a Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

🔗 𝐋𝐢𝐠𝐚𝐳𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐢𝐧𝐟𝐨: concello.ordes.gal

🛒⚠️ 𝐏𝐑𝐀́𝐂𝐓𝐈𝐂𝐀𝐒 𝐀𝐆𝐑𝐄𝐒𝐈𝐕𝐀𝐒 𝐍𝐀 𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐄𝐍 𝐋𝐈Ñ𝐀: 𝐂𝐎Ñ𝐄𝐂𝐄 𝐎𝐒 𝐓𝐄𝐔𝐒 𝐃𝐄𝐑𝐄𝐈𝐓𝐎𝐒💻 A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do ...
08/10/2026

🛒⚠️ 𝐏𝐑𝐀́𝐂𝐓𝐈𝐂𝐀𝐒 𝐀𝐆𝐑𝐄𝐒𝐈𝐕𝐀𝐒 𝐍𝐀 𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐄𝐍 𝐋𝐈Ñ𝐀: 𝐂𝐎Ñ𝐄𝐂𝐄 𝐎𝐒 𝐓𝐄𝐔𝐒 𝐃𝐄𝐑𝐄𝐈𝐓𝐎𝐒

💻 A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organiza unha nova sesión dos «Venres de Consumo Responde», nesta ocasión dedicada ás prácticas comerciais agresivas nas compras por Internet.

📅 𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, 𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨
🕧 𝟏𝟐:𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬
🌐 𝐌𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: en liña, a través da Aula Virtual de Consumo.

✅ Durante a sesión explicaranse os dereitos das persoas consumidoras, como identificar prácticas de venda agresivas e resolveranse as dúbidas das persoas participantes.

📲 𝐂𝐎𝐌𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐑?

1️⃣ Accede a consumo.xunta.gal/
2️⃣ Entra na sección «Aula Virtual».
3️⃣ Selecciona «Venres de Consumo Responde».
4️⃣ Preme en «Videoconferencia».
5️⃣ Se non tes Webex instalado, podes acceder directamente desde o navegador.
6️⃣ Únete á reunión!

📢 Unha actividade aberta á cidadanía para aprender a comprar por Internet con máis seguridade e coñecer os nosos dereitos como consumidores.

✳️ 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐥𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥📄 𝐈𝐧𝐝𝐞𝐦𝐧𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞𝐧 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐯𝐞𝐱𝐞𝐭𝐚𝐥ORDE do 30 de setembro de 2026 pola que se...
08/10/2026

✳️ 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐥𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥
📄 𝐈𝐧𝐝𝐞𝐦𝐧𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞𝐧 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐯𝐞𝐱𝐞𝐭𝐚𝐥
ORDE do 30 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR465A).

✳️ 𝐀𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐈𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐭𝐨 𝐄𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚
📄 𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐩𝐥𝐚𝐧𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬
RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de comunidades enerxéticas, anualidade de 2026 (código de procedemento IN418E).

🔗 𝐋𝐢𝐠𝐚𝐳𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐢𝐧𝐟𝐨: concello.ordes.gal

ÚLTIMOS DÍAS!
08/10/2026

ÚLTIMOS DÍAS!

📸 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐌𝐎𝐒 𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑 𝐅𝐎𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐎𝐑𝐃𝐄𝐒
🗓️ 𝐂𝐀𝐋𝐄𝐍𝐃𝐀𝐑𝐈𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟕

Participa no concurso «Captura Ordes»! Envíanos a túa foto favorita do Concello de Ordes: paisaxes, patrimonio, tradicións ou recunchos especiais.

📷 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐟𝐨𝐭𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞, orixinal, inédita e realizada en Ordes. Participación gratuíta, aberta a persoas residentes ou non no municipio. Os menores deberán contar con autorización do pai, nai ou titor/a legal.

🚫 𝐍𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐭𝐞𝐧 𝐢𝐦𝐚𝐱𝐞𝐬 𝐱𝐞𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐭𝐨𝐭𝐚𝐥 𝐨𝐮 𝐩𝐚𝐫𝐜𝐢𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐜𝐨𝐧 𝐈𝐀, nin fotomontaxes que alteren substancialmente a realidade fotografada.

📩 𝐄𝐧𝐯𝐢́𝐨: [email protected]
📅 Do 21 de setembro ao 11 de outubro de 2026, ambos incluídos.
Asunto: Concurso Fotográfico Calendario 2027 - [Nome e Apelidos do participante].
Inclúe nome e apelidos, teléfono, título da foto e breve descrición ou localización. Preferentemente JPG ou PNG, coa máxima calidade posible para impresión.

🗳️ 𝐕𝐨𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫: do 19 de outubro ao 2 de novembro de 2026, ambos incluídos, mediante un formulario en liña entre as fotografías admitidas.

🏆 A foto con máis votos válidos será a imaxe principal do Calendario Municipal 2027, con recoñecemento da súa autoría.

🔐 𝐃𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐫𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬: debes ser autor/a da foto e dispoñer dos dereitos necesarios. Se aparecen persoas identificables, necesitas o seu consentimento; no caso de menores, a autorización do seu representante legal.

Ao participar, autorizas ao Concello, de forma gratuíta e non exclusiva, a reproducir, distribuír e comunicar publicamente as fotografías para o calendario e a difusión do concurso, respectando a autoría segundo as bases. A participación implica a súa aceptación.

📋 𝐁𝐚𝐬𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐚𝐬:
https://www.ordes.gal/web/uploads/adjuntos/archivo/bf1/6aad32234e-bases-concurso-fotografico.pdf

🚨🌿 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒! 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐏𝐋𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐅𝐈𝐓𝐎𝐒𝐀𝐍𝐈𝐓𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒📢 Quedan as últimas prazas dispoñibles para participar ...
08/10/2026

🚨🌿 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒! 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐏𝐋𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐅𝐈𝐓𝐎𝐒𝐀𝐍𝐈𝐓𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒

📢 Quedan as últimas prazas dispoñibles para participar neste curso de nivel básico, que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

📚 𝐃𝐮𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧: 25 horas repartidas en 4 xornadas.

📅 𝐃𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨:
🔹 28 e 29 de novembro.
🔹 12 e 13 de decembro.

📝 𝐄𝐱𝐚𝐦𝐞: 14 de decembro.
💶 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨: 130 € por alumno/a (taxa incluída).

📞 𝐈𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬: 654 118 627.

⚠️ 𝐍𝐨𝐧 𝐪𝐮𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐬𝐞𝐧 𝐚 𝐭𝐮́𝐚! Inscríbete canto antes.

Dirección

Alfonso Senra 108. Ordes
A Coruña
15680

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981680002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ordes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ordes:

Atajos

Compartir

Categoría