Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC

Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC

Compartir

Biblioteca Intercentros da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña

16/06/2026

Un pequeno pin cunha gran mensaxe!

Unha usuaria regalounos este pin cun lema así de sinxelo e así de importante.
Cada día nas bibliotecas ocupámonos de algo máis que de colocar libros, preocupámonos de "coidar da democracia" proporcionando acceso libre á información, ao pensamento crítico e posibilitando que todas as voces teñan o seu espazo.
Moitas grazas por pensar en nós e por lembrarnos que o que facemos importa! 💙

 

15/06/2026

O próximo mércores, 17 de xuño, teremos última reunión do club de lectura.
De maneira excepcional, a reunión terá lugar na área de descanso do segundo andar.
Por este motivo, a partir das 18:30 h non poderemos garantir silencio na sala de lectura.

Desculpade as molestias e se vos animades a participar nesta última sesión aínda estades a tempo. Pregunta no mostrador ou consulta a páxina web Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación

Grazas pola vosa comprensión! 😍

Photos from Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC's post 04/06/2026

📚 Seguimos enchendo a mesa da entrada con libros procedentes do expurgo..

✨ ¿O mellor? Podes levalos para a casa para sempre. Sen préstamos, sen renovacións e sen datas de devolución.

✅ ¿O inesperado? Tamén hai lexislación ⚖️. Pénsao: nunca sabes cando quererás impresionar citando unha lei nunha cea.

Dálles unha segunda vida... ou, polo menos, axúdaos a coñecer mundo fóra da biblioteca.🌍📖

03/06/2026

Peche especial do club de lectura deste curso!

Este mércores 17 de xuño despedimos o curso falando de "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez… pero queremos facelo dun xeito diferente 😉

🕡 Ollo ao horario: a sesión comeza ás 18:30 h

E antes… propoñémosvos un plan diferente perfecto para completar a experiencia:
Visita guiada a Villa Florentina, a casa-museo do autor.

Unha oportunidade única para mergullarse no universo da obra desde o lugar onde naceu.

ℹ️ Datos da visita:
🕟 16:30 h
🚗 Desprazamento por conta propia
💶 3€ (pagamento na casa-museo)

⚠️ Prazas limitadas → asignaranse por orde de inscrición.

👉 No formulario podedes indicar se queredes participar. Confirmarémosvos a praza canto antes.

Pechemos o club facendo triplete: lectura + experiencia + encontro
Animádevos! 😊

01/06/2026

Desde hai uns meses estamos a revisar a colección da monografías impresas. O obxectivo, optimizar o espazo nos estantes e facilitar a incorporación de novo material bibliográfico relevante para a docencia e a investigación.

Como resultado desta revisión algúns exemplares deixarán de formar parte da colección.

Verás que algúns deles non son vellos, son clásicos con experiencia.

Lévaos para a túa casa, seguro que non vos pedirán wifi.



👉 Acércarte á biblioteca, atoparás unha mesa con libros expurgados e poderás levar os que che interesen.



20/05/2026

Última sesión do Club de Lectura

O próximo mércores 17 de xuño pecharemos o club de lectura deste curso falando de "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez 🌿📖

🕡 Atención ao horario: nesta ocasión, a sesión do club comezará ás 18:30 h.

Como broche final, propoñémosvos unha actividade moi especial: 🏡 Visita guiada a Villa Florentina, a casa-museo do autor.

📝 No formulario de inscrición atoparedes unha opción para que nos digades se queredes participar na visita.

ℹ️ Información importante sobre a visita:

🕟 Hora: 16:30 h

🚗 Desprazamento: por conta propia

💶 Prezo: 3€ (a aboar na casa-museo)

⚠️ As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Cando confirmemos a vosa participación, tamén vos indicaremos se dispoñedes de praza para a visita.

Animádevos a pechar o curso con nós dunha maneira diferente! 😊📚

Photos from Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC's post 16/05/2026

O 17 de maio é o día elixido pola Real Academia da Lingua Galega para celebrar a nosa lingua, non só no ámbito literario, senón tamén noutros medios como poden ser a prensa, a radio, a televisión e mesmo as redes sociais.
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas está dedicado a Begoña Caamaño. Xornalista de profesión e escritora por vocación, Caamaño definíase como unha "contadora de historias" que non concibía o seu oficio fóra do compromiso identitario. Como ela mesma afirmaba: “Non sabería nin querería escribir doutra maneira que desde o galego e desde o feminino; eu son muller, galega”.
Esta exposición é unha homenaxe á súa polifacética traxectoria como narradora, xornalista e activista.
Para afondar no seu legado, convidámoste a consultar a guía da exposición, onde atoparás unha coidada selección bibliográfica que inclúe as súas novelas, artigos e ensaios sobre o feminismo e os medios de comunicación. Esta escolma recolle títulos dispoñibles tanto nesta biblioteca como no resto de centros da UDC, xunto con recursos dixitais.

https://www.calameo.com/read/00316105378becfc67957

Photos from Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC's post 13/05/2026

A nosa biblioteca súmase á campaña de !

Usa condón!

Protexerse das ITS é saúde sexual!

É fundamental coidarse e coidar ós máis.

Dende a Unidade de Atención á Diversidade habilitaron puntos de recollida de pr*********os gratuíta nas bibliotecas de todos os centros e facultades, tanto nos campus de Ferrol como da Coruña.

Tamén podes recollelos na propia unidade, na Casa do Estudantado do campus de Elviña.

E recorda que tamén podes facer probas gratuítas de VIH e VHC na feita por chamando ao número de teléfono da organización en horario de 09:00 a 14:00.

Cóidate!

30/04/2026

Os novos espazos de descanso xa están listos! ✨📚

Se sentes que necesitas un respiro entre clase e clase ou entre horas de estudo, na biblioteca estivemos traballando para que a túa única preocupación sexa elixir onde desconectar.

Vén a coñecer a renovación da área de descanso do 1º andar e a nova área do 2º.

Puxemos ganas e ilusión para crear espazos deseñados para ti con luz natural e plantas para recargar enerxías e máis confort con mobiliario novo e acolledor.

Pero como tamén escoitamos as túas propostas o novo espazo do segundo andar non só poderás utilizalo para descansar. Atendendo ás vosas peticións agora podedes reservalo para:

👉 Proxectos fotográficos e/ou audiovisuais.

⚠️ Lembra: para sesións creativas, reserva con alomenos 72 horas de antelación a través da ligazón que atoparás no nosa páxina web.

Porque non todo é estudar e as veces tamén é necesario parar queremos que vivas a biblioteca dunha maneira diferente.

Máis información e normas de uso: https://www.udc.es/gl/biblioteca.comsoc/Servizos/Area-de-descanso/

Se te animas a coñecelos cóntanos que che parecen 👇

28/04/2026

Cardos para comer? 🍽️💜

Xa temos a mesa posta (con prato de Sargadelos incluído) para a nosa próxima lectura: Comerás flores, de .

O que vedes na foto é un pequeno adianto do que vos agarda: unha historia que ten tanto de beleza como de espiñas, de raíces, de familia e de amizades. Porque entre o branco e o negro sempre hai unha gama de grises. O menú nesta ocasión xa sabemos que non é lixeiro…

Se xa o liches e queres deixarnos a túa opinión, sen spoilers, por favor, déixanos un comentario. E se che apetece vir compartila con nós en directo, anímate: aínda estás a tempo de apuntarte.

https://forms.cloud.microsoft/e/AWrahwviWc

✨ Próxima reunión: mércores 6 de maio

📍 Lugar: Zona Verde da Biblioteca

📖 Lectura: Comerás flores — Lucía Solla Sobral

"Aviso: non intentedes comer cardos de verdade durante a lectura; nós encargarémonos de poñer as galletiñas e o biscoito."

¿Quieres que tu empresa sea el Servicios Gubernamentales mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Campus De Elviña, S/n
A Coruña
15071