26/10/2026
📚 Comezamos "As mulleres da nosa vida", unha iniciativa enmarcada no proxecto da nosa escola "O tesouro das Mariñas".
Con motivo do "Día das Escritoras", Jenny, mamá de Lúa, achegounos o libro "Donde se unen nuestras manos", no que se recollen varios relatos da súa autoría, tras resultar gañadora dun concurso literario que tiña como obxectivo a publicación dos relatos premiados.
A través da súa experiencia persoal, Jenny compartiu coas nosas nenas e nenos exemplos de superación, animándoos a afrontar os seus medos, confiar nas súas capacidades e perseguir os seus soños.
💜 Unha experiencia enriquecedora para coñecer e recoñecer as mulleres da nosa contorna, poñer en valor as súas historias e aprender delas.
Grazas, Jenny, por compartir connosco a túa historia e formar parte de As mulleres da nosa vida!