Psoe Abadín

Cómo llegar

Psoe Abadín Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Psoe Abadín, Partido político, Abadín.

🚨 ATA AS FONTES ESTÁN TAPADAS POLA MALEZA‼️📍 Estas imaxes son da parroquia de Quende: fontes cubertas de vexetación, fur...
30/09/2026

🚨 ATA AS FONTES ESTÁN TAPADAS POLA MALEZA‼️

📍 Estas imaxes son da parroquia de Quende: fontes cubertas de vexetación, furados na estrada e firme deteriorado. Unha situación que precisa atención e arranxo.

🌿 As fontes forman parte da vida e da historia das nosas parroquias. Deixar que a maleza as tape e dificulte o acceso é deixar perder espazos que merecen estar coidados.

🚗 Nos camiños, os baches e o deterioro do firme complican o paso. Canto máis se adíen as reparacións, máis poden medrar os danos.

🙋🏻No último pleno preguntamos polo estado de camiños e cunetas. O alcalde non contestou. Mentres tanto, os veciños e veciñas de Quende seguen esquivando buracos e arriscando os seus vehículos para ir traballar ou á casa.

🔧 Reclamamos ao Concello que limpe as fontes e os seus accesos, realice os desbroces necesarios e repare os desperfectos. Con planificación e cunha data concreta de actuación.

📢 Coidar as parroquias empeza por atender o básico: camiños en condicións e espazos accesibles e limpos.

❓ A que se espera para actuar?


😀 Boa comida e mellor compañía en Aldixe 🍽️🍷📆 Onte, sábado 26 de setembro, a Asociación Veciñal de Aldixe celebrou a súa...
27/09/2026

😀 Boa comida e mellor compañía en Aldixe 🍽️🍷

📆 Onte, sábado 26 de setembro, a Asociación Veciñal de Aldixe celebrou a súa III Comida Veciñal. Unha xornada de xuntanza e bo ambiente que reuniu a moitos veciños e veciñas baixo unha carpa preparada para a ocasión.😉

✨ Coidaron todos os detalles! As mesas estaban perfectamente preparadas, ata un detalliño para cada comensal co seu nome (como o de Pablo), ademais dun agasallo conmemorativo co nome de Aldixe. Un traballo de organización impecable.

🐙🥩 No menú non faltou de nada: entrantes, un bo salpicón de marisco, costela asada, postre, café e chupito. E todo iso da man dun catering excelente e o servizo dos seus camareiros de Chao de Brea de Mondoñedo, que fixeron que todo saíse á perfección. Pero o mellor de todo foi o ambiente, e as ganas de compartir que puxeron todos os asistentes.

👏 Graciñas á asociación por organizar un ano máis este evento, a todos os que traballaron para que saíse todo perfecto, e por suposto, a todos os que vos achegastes. Así dá gusto manter vivas as nosas tradicións e a nosa veciñanza.

🫶 Grazas por facernos sentir como na casa. Xente que se xunta, que comparte e que quere o seu. Así é Aldixe!

💪 Seguimos 🧑‍🤝‍🧑👫
27/09/2026

💪 Seguimos 🧑‍🤝‍🧑👫

Lara Méndez participou na protesta contra a instalación e defendeu unha regulación específica para este tipo de proxectos

🏛️ INFORMACIÓN DO PLENO DE SETEMBRO EN ABADÍN: PREGUNTAS QUE QUEDARON SEN RESPOSTA.🗣️ O alcalde de Abadín volveu demostr...
26/09/2026

🏛️ INFORMACIÓN DO PLENO DE SETEMBRO EN ABADÍN: PREGUNTAS QUE QUEDARON SEN RESPOSTA.

🗣️ O alcalde de Abadín volveu demostrar no último pleno que a súa actitude non é de rendición de contas, senón que se sitúa en modo campaña: defensivo, confrontativo e evitando o fondo dos asuntos.

🚫 Ao rematar de responder ás preguntas do pleno anterior, intentou levantar a sesión para impedir que este grupo formulase as preguntas preparadas para este pleno.

💪 Porén, insistimos e leímolas igualmente para que constasen en acta, pero o alcalde non as contestou‼️

🗣️Non é un feito illado: no pleno anterior retirounos a palabra e chamou á Garda Civil. Agora cambia de táctica intenta pechar o pleno antes de que preguntemos pero o obxectivo é o mesmo: non render contas.

🙎🏻 A súa actitude non é de transparencia, é de contención; non busca explicar, busca silenciar. E fronte a iso, a nosa postura é firme: seguiremos preguntando, esixindo respostas por escrito e levando ao pleno os problemas dos veciños, porque teñen dereito a saber.

📝 E estas son as preguntas que lle fixemos e que non contestou:

🚛 Recollida do lixo en Samordás e Bicos: anos sen servizo, veciños percorrendo ata 3 km para depositar os residuos. Non contestou‼️

🌧️ Inundacións no Coido, na Graña.
Despois de dúas actuacións municipais e dunha última intervención cun custo superior aos 16.000 €, preguntamos por que continúa o problema, quen supervisou os traballos e cando se prevé unha solución definitiva. Non contestou‼️

⛽ Cambio de estación de servizo do vehículo municipal.
Preguntamos cando e por que se cambiou o provedor habitual de combustible do Hyundai Santa Fe e que criterios económicos ou técnicos motivaron esa decisión. E si é certo que se pode deber a instrucións que se deron a traballadores ou o propio concello para que deixase de comprar en establecementos, surtir a aquelas establecementos no que se exhibiran pancartas co lema de biometano, non? Si é certo que deu esas instrucións e con que se xustifica. Non contesta‼️

⌚ Agasallos de voda pagados polo Concello.
Nos decretos figuran reloxos por importes de 71,39 € e 35,70 €. Preguntamos cal é a finalidade pública destes gastos, quen autorizou as compras, a quen se entregaron e se algún deles foi destinado a un cargo público municipal. Non contesta‼️

🏥 Procedementos xudiciais por impago contencioso relacionados coa residencia de maiores.
Preguntamos polas cantidades reclamadas, a situación actual dos procedementos, o posible custo en intereses, costas e defensa xurídica, e se existiu algunha posibilidade de acordo que evitase chegar á vía xudicial contencioso-administrativo. Non contesta‼️

🔎 Contratación municipal e posibles conflitos de intereses.
Preguntamos se, nos expedientes nos que interviñeron persoas vinculadas a empresas que tamén prestan servizos ao Concello, se avaliou expresamente a posible existencia dun conflito de intereses e se se esixiu a correspondente declaración de ausencia de conflito (DACI). Non contesta‼️

🏗️ Cartel da Deputación no pavillón de Baroncelle (local social).
Preguntamos por que unha obra xa rematada non ten instalado o correspondente cartel da Deputación. Non contesta‼️

🚜 Camiños, cunetas e taxeas.
Tamén presentamos un rogo polas numerosas queixas veciñais sobre o estado de estradas e camiños municipais, cunetas sen limpar, maleza, terra, pedras e pasos de auga obstruídos, unha situación especialmente preocupante coa chegada das choivas. Non contesta ‼️

🗣️ Non imos permitir que o silencio sexa a resposta. Esiximos respostas por escrito.

👉O alcalde debe responder con datas, importes, documentos e responsables. Non vale o silencio nin as xeneralidades.

🙋🏻Se tes algún problema co abastecemento de auga, cos camiños, coa recollida do lixo ou con calquera outro servizo municipal, podes trasladárnolo para que poida ser tratado polos mecanismos municipais correspondentes.

Grupo Municipal Socialista – Concello de Abadín

🔜 Seguimos.



25/09/2026

El grupo municipal reclama que el Concello regularice la contratación de varios servicios recurrentes

🚨 O CONCELLO DE ABADÍN RECIBE 19.326 € DA DEPUTACIÓN PARA BARONCELLE PERO NON PON O CARTEL OBRIGATORIO‼️📷 Como podedes v...
24/09/2026

🚨 O CONCELLO DE ABADÍN RECIBE 19.326 € DA DEPUTACIÓN PARA BARONCELLE PERO NON PON O CARTEL OBRIGATORIO‼️

📷 Como podedes ver nas imaxes, o pavillón de Baroncelle (local social) xa está rematado. Con todo, falta algo fundamental: o cartel que indica que a obra foi financiada pola Deputación de Lugo.

🏫 Segundo o acordo da Xunta de Goberno, esta obra recibiu unha achega provincial de 19.326,08 €. As bases do Plan Diputación son claras: é obrigatorio colocar o cartel informativo.

👉 É dicir, o alcalde recibiu o diñeiro de todos os veciños da provincia, pero non está a cumprir coa súa obriga. E isto non é un simple detalle: o incumprimento das condicións dunha subvención pode dar lugar ao reintegro dos fondos xa aboados. Se non se pon o cartel, ten que devolver os cartos.

🗣️ Esiximos ao señor alcalde que deixe de engañar os veciños e que cumpra coa lei: e poña o cartel.

🙋🏻 Dende o PSdeG de Abadín seguiremos vixiantes. Non imos tolerar que se incumpran as normas nin que se lle falte ao respecto aos veciños da nosa comarca.






🗑️ DENUNCIAR SERVE: HOXE XA ESTÁ TODO LIMPO.📆Onte publicamos a situación dos contedores na Graña e en Vilarente, despois...
23/09/2026

🗑️ DENUNCIAR SERVE: HOXE XA ESTÁ TODO LIMPO.

📆Onte publicamos a situación dos contedores na Graña e en Vilarente, despois de días sen recollida e co lixo acumulándose.

📸 Hoxe, menos de 24 horas despois da nosa publicación, os contedores xa aparecen baleiros e a zona limpa.

🙋🏻Non estabamos pedindo ningún favor. Estabamos reclamando que funcionase correctamente un servizo público que paga toda a veciñanza.

👏 Grazas ás persoas que nos avisaron e axudaron a facer visible o problema. Cando a veciñanza fala e nós denunciamos, as cousas móvense.

❓Agora a pregunta é inevitable: se non o denunciamos, canto tempo máis seguirían así?

👉Seguiremos atentos. Seguiremos traballando por todas as parroquias de Abadín.

🔜Seguimos



🗑️ CONTEDORES CHEOS E DÍAS SEN RECOLLIDA📸 Estas imaxes son dalgúns puntos do concello e coinciden co que nos están trasl...
22/09/2026

🗑️ CONTEDORES CHEOS E DÍAS SEN RECOLLIDA

📸 Estas imaxes son dalgúns puntos do concello e coinciden co que nos están trasladando varios veciños.

📍 Na Graña, segundo nos comunican, hai zonas nas que levan arredor de 15 días sen recollida.
📍 En Vilarente, especialmente na zona da Margarita, tamén hai contedores cheos e problemas semellantes.

⚠️ Cando os contedores rebordan, hai veciños que xa evitan deixar bolsas fóra por medo a que os animais as rompan e o lixo quede espallado.

🎉 Ademais, na Graña achégase a festa, uns días nos que normalmente se xera máis lixo do habitual.

❓ Por iso queremos facer unha pregunta moi sinxela:

QUE ESTÁ PASANDO CO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO EN ABADÍN?

🗑️ Un atraso puntual pode pasar. Pero cando as queixas se repiten en distintos lugares do concello, hai un problema que necesita solución.

📷 As fotografías están aí.





🚨 O ALCALDE APARCA EN PRAZAS RESERVADAS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA🚨♿ Onte día 19 de setembro, ás 10:45 da mañá...
20/09/2026

🚨 O ALCALDE APARCA EN PRAZAS RESERVADAS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA🚨

♿ Onte día 19 de setembro, ás 10:45 da mañá, o vehículo que utiliza habitualmente o alcalde de Abadín, José María López Rancaño, foi fotografado aparcado nunha praza reservada para persoas con mobilidade reducida.

📸 Nas imaxes pódese ver claramente o coche, un Hyundai Santa Fe branco, matrícula 8092 JSN, estacionado sobre a sinalización horizontal azul cun símbolo de discapacidade. O vehículo leva pegatinas da Xunta de Galicia e do Concello de Abadín (Fondo de Compensación Ambiental).

🔍 Isto non é un simple erro. É unha falta de respecto cara ás persoas con discapacidade e cara a toda a veciñanza. As prazas reservadas existen por unha razón: garantir a accesibilidade de quen realmente as necesita. Ninguén está por riba da lei, e moito menos quen debe dar exemplo como máxima autoridade municipal.

🗣️ Esiximos explicacións:

· Ten o alcalde algunha autorización especial para aparcar nesa praza?

· Que opina o goberno local sobre o uso indebido de prazas reservadas?

👉 Non se pode predicar transparencia e respecto cando se actúa con este nivel de desconsideración. Merecese saber se o alcalde se cre con dereito a aparcar onde lle peta.

Non nos calan. Seguimos informando. 💪


Dirección

Abadín
27730

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Psoe Abadín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría