Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo Ti tamén podes ser de Abegondo,
Abegondo quérete! Concello de Abegondo

🌼 Abegondo recibe dúas Flores de Honra na novena edición de Vilas en Flor Galicia 2026, un recoñecemento ao compromiso d...
14/11/2026

🌼 Abegondo recibe dúas Flores de Honra na novena edición de Vilas en Flor Galicia 2026, un recoñecemento ao compromiso do municipio coa mellora ambiental e paisaxística.

👉 Este certame distingue o traballo dos concellos na conservación do patrimonio vexetal, a sustentabilidade, a biodiversidade e a mellora da calidade de vida da veciñanza.

🔗

Un total de 40 municipios gallegos participaron en esta iniciativa de mejora ambiental

🚧 As novas sendas peonís da AC-542 están na súa recta final.👥 O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a consellei...
13/11/2026

🚧 As novas sendas peonís da AC-542 están na súa recta final.

👥 O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a conselleira de Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras en San Tirso de Mabegondo e Montouto.

🚶‍♀️A actuación permitirá crear preto dun quilómetro de sendas peonís, mellorando a seguridade e facilitando os desprazamentos a pé da veciñanza.

🚧🚨 Aviso de cortes de tráfico🕐 Este mércores, 11 de novembro, haberá cortes de tráfico intermitentes na estrada secundar...
11/11/2026

🚧🚨 Aviso de cortes de tráfico

🕐 Este mércores, 11 de novembro, haberá cortes de tráfico intermitentes na estrada secundaria que bordea o encoro de Abegondo - Cecebre e na Ponte das Margaridas pola gravación dunha serie de televisión.

⚠️ Os cortes terán unha duración máxima de 2-3 minutos e serán realizados polo persoal da produtora.

🙏 Desculpade as posibles molestias e grazas pola colaboración.

📱 Abegondo abre unha fiestra dixital ao seu patrimonio!📍 Xa podes atopar no albergue de peregrinos de Presedo a nova pla...
09/11/2026

📱 Abegondo abre unha fiestra dixital ao seu patrimonio!

📍 Xa podes atopar no albergue de peregrinos de Presedo a nova placa con código QR do proxecto . Só con escaneala co teu móbil, terás acceso a historias, coñecementos e recursos culturais sobre o noso concello.

Que vas descubrir?
🎙️ Un pódcast exclusivo co investigador Alfredo Erias.
📹 Vídeos e infografías para percorrer os nosos lugares máis emblemáticos
🤝 Proxectos que unen xeracións, como os encontros entre o alumnado do IES de Viós e os nosos maiores, ou a posta en valor da arte das palilleiras.

Unha iniciativa impulsada xunto a FEGAUS e Canal Sénior, dentro do programa "O teu Xacobeo" da Xunta de Galicia, para que a tecnoloxía nos axude a conservar a nosa memoria colectiva.

🥈👏🏻 Moitos parabéns, Inés Bello Meijide!🤸‍♀️  A  ximnasta abegondesa proclamouse subcampioa galega de ximnasia rítmica e...
09/11/2026

🥈👏🏻 Moitos parabéns, Inés Bello Meijide!

🤸‍♀️ A ximnasta abegondesa proclamouse subcampioa galega de ximnasia rítmica e conseguiu a clasificación para a Copa de España Individual.

💪 Moita sorte en Valladolid!

📸 🤸🏻‍♀️🤸🏻‍♀️A ximnasta abegondesa,‼️Inés Bello Meijide‼️ proclámase subcampioa galega 🥈, conseguindo ademais a súa praza para participar na Copa de España Individual, que se celebrará o próximo 9 de decembro en Valladolid. 🤸‍♀️🇪🇸

Este gran logro é o froito de moitas horas de adestramento, dedicación, esforzo e aprendizaxe ao longo do camiño😍 💪✨

Valores tan importantes que a ximnasia rítmica e o deporte nos ensinan cada día: aprender, g***r e superarse a unha mesma.

Valladolid espéranos! 🤸‍♀️🇪🇸

👏🏻💪🏻 Moitos Parabéns, Inés 🙌🏻 Estamos moi orgullosas de ti😍🥈✨

🎄🔐 Este Nadal, protéxete tamén en Internet!🚨 As estafas e os fraudes en liña aumentan nestas datas. Aprende a identifica...
09/11/2026

🎄🔐 Este Nadal, protéxete tamén en Internet!

🚨 As estafas e os fraudes en liña aumentan nestas datas. Aprende a identificar ofertas falsas, mercar con seguridade e evitar riscos dixitais no obradoiro «Prepárate para un Nadal Ciberseguro».

📍Cemit Abegondo
📅 17 de novembro
🕥 De 10:30 a 12:00 horas
📩 Inscricións: A través do correo [email protected] ou no teléfono 981 647 909

🙌 O Centro Cultural O Salón de Abegondo encheuse esta tarde de domingo co espectáculo dos Bolechas.👧 Enmarcada no progra...
08/11/2026

🙌 O Centro Cultural O Salón de Abegondo encheuse esta tarde de domingo co espectáculo dos Bolechas.

👧 Enmarcada no programa 'Fala redes', a obra fixo rir e desfrutar a todas as familia e cativada que acudiron a vela.

🎭 Lembrade que esta tarde, ás 18.00 horas, Os Bolechas agárdanvos no Centro Cultural O Salón de Abegondo!✅ Desta vez sub...
08/11/2026

🎭 Lembrade que esta tarde, ás 18.00 horas, Os Bolechas agárdanvos no Centro Cultural O Salón de Abegondo!

✅ Desta vez subirán ao escenario co espectáculo ‘Aquí hai moito ruído!, do que poderedes g***r de balde.

😁 Non o perdades!

🏅 Orgullo para Abegondo! As nosas pioneiras do fútbol feminino de Crendes veñen de recibir hoxe a Medalla Emilia Pardo B...
05/11/2026

🏅 Orgullo para Abegondo! As nosas pioneiras do fútbol feminino de Crendes veñen de recibir hoxe a Medalla Emilia Pardo Bazán.

😊 Nun emotivo acto celebrado hoxe no Grove, a Xunta de Galicia fixo entrega destes prestixiosos galardóns. Un merecidísimo recoñecemento para un grupo de mulleres valentes que racharon barreiras, fixeron historia no noso rural e abriron o camiño para as futuras xeracións de nenas no deporte. Sodes un verdadeiro referente! 👏

👉 O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, quixo acompañalas presencialmente nesta xornada tan especial para amosarlles o apoio, o agarimo e a profunda admiración de toda a nosa veciñanza.

Grazas por ser o noso mellor exemplo de igualdade e superación. Parabéns por esta medalla! 💜

🎃 A andaina terrorífica 'Camiño das Ánimas', celebrada en Beche, contou cunha elevada participación, reunindo a moitas p...
01/11/2026

🎃 A andaina terrorífica 'Camiño das Ánimas', celebrada en Beche, contou cunha elevada participación, reunindo a moitas persoas e superando a asistencia das edicións anteriores.

🕯️O túnel do terror foi un dos grandes protagonistas da xornada, sorprendendo a pequenos e maiores cunha chea de novidades e escenas terroríficas!

🌰 E, despois de tanto susto, nada mellor que repoñer forzas compartindo as tradicionais castañas do Magosto.

👏 Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes posible unha xornada tan especial!

Dirección

San Marcos 1
Abegondo
15318

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30
Sábado 09:30 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo:

Atajos

Compartir

Categoría


Otros servicios gubernamentales en Abegondo

Ver Todo