Fundación Vicente Risco

Cómo llegar Página web

Fundación Vicente Risco A Fundación Vicente Risco é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades educativas e culturais, partindo do legado de Vicente Risco.

O sábado 1 de maio e o domingo 25 de xullo estaremos abertos

📸 𝐀𝐗𝐔́𝐃𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐑 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐋𝐔𝐆𝐀𝐑❗ 🔍✨Entre os tesouros e fondos documentais que custodiamos na Fundación Vicente Risco,...
24/10/2026

📸 𝐀𝐗𝐔́𝐃𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐑 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐋𝐔𝐆𝐀𝐑❗ 🔍✨

Entre os tesouros e fondos documentais que custodiamos na Fundación Vicente Risco, atopamos esta fermosa postal antiga. Como podedes ver na cabeceira, pertence á Serie 9: Alrededores de Santiago (N.º 3) e leva por título un xenérico "Paisaje". 🌿
Amosa unha estampa preciosa: un pequeno río ou regato e semellan varios muíños tradicionais.

Sabemos que moitos de vós tendes un ollo clínico para o noso patrimonio e a nosa xeografía. Por iso vos pedimos axuda: Sabedes exactamente que lugar dos arredores de Santiago de Compostela é? Recoñecedes algunha destas construcións? 🤔
Deixanos a túa pista ou comentario aquí abaixo! 👇

Lembranza a Cruz Risco (1943-1992) en As Neves 📖✨Onte acompañamos o ciclo "Faladoiros: Aquí faltan páxinas" no Mercado M...
22/10/2026

Lembranza a Cruz Risco (1943-1992) en As Neves 📖✨

Onte acompañamos o ciclo "Faladoiros: Aquí faltan páxinas" no Mercado Municipal de As Neves, un acto moi bonito dedicado a Cruz Risco, filla de Vicente Risco.

Cruz unha muller extraordinaria cuxa traxectoria pioneira hoxe merece poñer en valor.

Moitas grazas a Xaime Varela Sieiro Xaime Varela, Maribel Outeiriño e Isabel Risco polas súas palabras para lembrar a súa figura. Grazas tamén á Deputación Pontevedra e ao Concello As Neves pola organización.

Compartimos unhas imaxes do acto! 👇📸

📖 𝐏𝐑𝐄𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐃𝐈𝐒𝐏𝐎𝐍̃𝐈𝐁𝐋𝐄❗Xa podes reservar ❞𝐀𝐳𝐮𝐥❞, a nova novela de  G. Buhigas , galardoada co XI Premio Antón Risco de N...
19/10/2026

📖 𝐏𝐑𝐄𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐃𝐈𝐒𝐏𝐎𝐍̃𝐈𝐁𝐋𝐄❗
Xa podes reservar ❞𝐀𝐳𝐮𝐥❞, a nova novela de G. Buhigas , galardoada co XI Premio Antón Risco de Novela Curta e editada polo noso selo editorial, Dr. Alveiros.

Aproveita esta oportunidade:
📅 Ata o 15 de novembro.
💰 Só 𝟭𝟰 €(con envío incluído).

📧 Fai xa a túa reserva enviando un correo electrónico a: 𝐚𝐥𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦

Non te quedes sen o teu exemplar! ✨

📚 𝐂𝐫𝐮𝐳 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨 (1943-1992), protagonista dunha nova sesión dos 𝐅𝐚𝐥𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬. 𝐀𝐪𝐮𝐢́ 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚𝐧 𝐩𝐚́𝐱𝐢𝐧𝐚𝐬, un ciclo dedicado a dar ...
18/10/2026

📚 𝐂𝐫𝐮𝐳 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨 (1943-1992), protagonista dunha nova sesión dos 𝐅𝐚𝐥𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬. 𝐀𝐪𝐮𝐢́ 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚𝐧 𝐩𝐚́𝐱𝐢𝐧𝐚𝐬, un ciclo dedicado a dar a coñecer as historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre atopan o seu lugar nos libros.

🗣️ O relatorio contará coa participación de Xaime Varela Sieiro, profesor, escritor e investigador da traxectoria de Cruz Risco; Maribel Outeiriño, escritora, xornalista e amiga súa; e Isabel Risco, actriz e sobriña de Cruz Risco.

📅 Mércores, 21 de outubro
🕖 Ás 19:00 h
📍 Mercado municipal das Neves

📩 Inscricións: 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚.𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞@𝐝𝐞𝐩𝐨.𝐞𝐬

Se che interesa coñecer o contido completo do artigo, podes solicitalo a través do correo electrónico:✉️ 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢...
15/10/2026

Se che interesa coñecer o contido completo do artigo, podes solicitalo a través do correo electrónico:
✉️ 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦

13/10/2026

📽️ Hai vídeos que, co paso do tempo, seguen tendo cousas que dicirnos. Durante anos, este proxectouse en bucle na Fundación Vicente Risco, e hoxe recuperamos o fragmento no que podemos escoitar a Xosé Manuel Beiras falar de Risco.

Aquel interese pola figura de Vicente Risco tamén quedou reflectido nas páxinas da revista 𝐆𝐫𝐢𝐚𝐥. No número 20, publicado en xuño de 1968, Beiras asinou o artigo «𝑽𝒊𝒄𝒆𝒏𝒕𝒆 𝑹𝒊𝒔𝒄𝒐 𝒆 𝒏𝒐́𝒔: 𝑵𝒐𝒕𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒂 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒍𝒆𝒓𝒊𝒂», un texto que hoxe queremos volver traer á memoria.

📚Se queres lelo, podemos facilitarcho. Só tes que pedilo no correo 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦.

Parabéns  Nuno Gonçalves!
12/10/2026

Parabéns Nuno Gonçalves!

Parabéns a , o premiado com o Prémio Adamastor de Ficção Fantástica em Conto 2026 pela sua obra "Reflorestação"!! 👏👏
Uma edição de Dr. Alveiros, selo editorial da Fundación Vicente Risco

🏠Esta fotografía recolle unha construción moi semellante ao plano e ao alzado que compartimos hai uns días. Será a mesma...
09/10/2026

🏠Esta fotografía recolle unha construción moi semellante ao plano e ao alzado que compartimos hai uns días. Será a mesma? Que opinades?

🏠Con todo o que se está a falar estes días sobre a vivenda, hoxe botamos a vista atrás con este debuxo de Vicente Risco....
06/10/2026

🏠Con todo o que se está a falar estes días sobre a vivenda, hoxe botamos a vista atrás con este debuxo de Vicente Risco. 📐

Se vos fixades nos detalles, amosa perfectamente como se distribuía o espazo: na planta baixa estaban as cortes, o curral, o antigo pendello e a cociña coa lareira; mentres que na parte alta situábase a palleira e o sobrado coas camas.🛏️
Un documento gráfico precioso que nos axuda a lembrar como se estruturaban os nosos fogares.

Dirección

Rúa San Lorenzo, 3
Allariz
32660

Horario de apertura

16:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Vicente Risco publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir