Concello de Ames

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Ames Páxina oficial de Facebook do Concello de Ames.
https://www.concellodeames.gal/

Participación nas redes sociais municipais: https://i.gal/AmesRRSS

Páxina oficial de Facebook do Concello de Ames. https://www.concellodeames.gal/

Recomendacións para a participación nas redes sociais municipais: https://i.gal/AmesRRSS

Ames participa nun foro sobre vivenda no que se abordou a situación actual do concello, a evolución nos últimos anos e r...
24/10/2026

Ames participa nun foro sobre vivenda no que se abordou a situación actual do concello, a evolución nos últimos anos e retos futuros 🏢

🔹O Concello de Ames participou o pasado mércores, 21 de outubro, na xornada “Vivenda, exclusión social e participación cidadá. O papel dos municipios como garantes de dereitos”, que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela.

🔹Participou a través do Departamento de Benestar Social do Concello, e estiveron presentes o Técnico de Mediación Intercultural, Leonardo Pena, e a Asesora Xurídica de Servizos Sociais, Raquel Dopico. Durante o encontro, ambos abordaron a situación na que se atopa a vivenda no concello de Ames, e expuxeron os programas Vivenda en tránsito e Vivendas baleiras, dúas iniciativas levadas a cabo no concello 🏠

Para saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/4yEOBci

Cada paso conta. Cada persoa importa, 26 de outubro  🚶‍♀️🚶‍♂️ Hoxe celebrouse a primeira edición da Marcha de Prevención...
24/10/2026

Cada paso conta. Cada persoa importa, 26 de outubro

🚶‍♀️🚶‍♂️ Hoxe celebrouse a primeira edición da Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina solidaria que reuniu máis de 200 participantes.

A iniciativa, organizada pola e a de Compostela, coa colaboración dos Concellos de Ames e de Santiago de Compostela e da , ten como obxectivo recadar fondos para a asociación.

💚 O diñeiro recadado destinarase a ampliar as instalacións e mellorar os servizos que ofrece ás persoas con dano cerebral.

Grazas a todas as persoas que participaron e colaboraron nesta iniciativa solidaria!

Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4eSXpnJ

Ames participa en Granada no primeiro encontro estatal da Iniciativa Urbana Europea para impulsar a innovación urbana 💡🌱...
23/10/2026

Ames participa en Granada no primeiro encontro estatal da Iniciativa Urbana Europea para impulsar a innovación urbana 💡🌱

🔹O Concello de Ames participou os días 21 e 22 de outubro en Granada no encontro europeo de capacitación «Innovación Urbana: otras formas de hacer ciudad», organizado pola Iniciativa Urbana Europea (EUI).

🔹A cita reuniu máis de 200 representantes políticos e técnicos de Concellos e Deputacións de España e doutros países europeos para compartir experiencias, coñecer novas metodoloxías e avanzar na transformación urbana desde a innovación, a sustentabilidade e a participación cidadá.

🔹O alcalde de Ames, Blas García, participou neste espazo de traballo e aprendizaxe, no que se abordaron os principais desafíos que afrontan as administracións locais á hora de planificar o futuro dos seus municipios e desenvolver proxectos transformadores.

Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4zR3xFe

✨🎩 Comezou o Festimax 2026!A maxia xa está en Ames coa celebración da vixésimo primeira edición do Festimax, que arranco...
23/10/2026

✨🎩 Comezou o Festimax 2026!

A maxia xa está en Ames coa celebración da vixésimo primeira edición do Festimax, que arrancou onte na Casa da Cultura de Bertamiráns co espectáculo para bebés Patapatún, do Mago Paco🪄

Hoxe foi a quenda de Martilda, que levou a súa maxia ás persoas maiores de Bertamiráns.

E isto non fixo máis que comezar! 😍

📅 A programación continúa ao longo do venres, sábado e domingo, con espectáculos e obradoiros para todos os públicos.

🎟️ Aínda quedan algunhas entradas soltas para a Gala Máxica Internacional, en Bertamiráns, dispoñibles na billeteira electrónica.

ℹ️ Tamén quedan prazas para os obradoiros de maxia. Se queres participar, achégate ás Casas da Cultura e infórmate!

Toda a info 🔗 https://bit.ly/4BeX5t4

23/10/2026

O Concello de Ames participa en Granada no encontro europeo de capacitación da Iniciativa Urbana Europea sobre innovación urbana 🚧

🔹 O alcalde de Ames, Blas García, participa en Granada no encontro europeo de capacitación da Iniciativa Urbana Europea, un espazo de intercambio de coñecementos e experiencias arredor da innovación urbana e dos retos das cidades europeas.

🔹Durante o encontro, Ames comparte as iniciativas desenvolvidas e o seu compromiso coa innovación, a sustentabilidade e a mellora da calidade de vida da cidadanía.

ℹ️ Esta participación permite coñecer novas metodoloxías, establecer alianzas e compartir aprendizaxes con outras cidades europeas, contribuíndo a impulsar solucións innovadoras e a construír cidades máis sostibles, inclusivas e participativas 🌱

A  imparte dous relatorios en Ames os días 2 e 3 de novembro sobre como evitar fraudes no comercio electrónico 🖥️🛒🔒O Con...
22/10/2026

A imparte dous relatorios en Ames os días 2 e 3 de novembro sobre como evitar fraudes no comercio electrónico 🖥️🛒🔒

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, organiza dous relatorios para aprender a evitar fraudes no comercio electrónico e descubrir como realizar compras e vendas en liña de xeito seguro.

📅 Luns, 2 de novembro
📍 Salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.

📅 Martes, 3 de novembro
📍 Centro Multifuncional do Milladoiro.

🕢 Ás 19:30 horas, en ambas as dúas sesións.

Aprende a identificar estafas, protexer os teus datos e navegar pola internet con maior confianza.

Esta iniciativa desenvólvese no marco do acordo de colaboración entre o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Para saber máis ℹ️🔗 https://l1nq.com/9zpen7c

Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo "Contos para caghar patatillas", de Brais das Hortas, unha actividade pa...
22/10/2026

Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo "Contos para caghar patatillas", de Brais das Hortas, unha actividade para morrer de medo...ou de risa! 📚✨

Brais das Hortas presenta un espectáculo para descubrir que a verdadeira valentía non consiste en non ter medo, senón en ser quen de enfrontarse a el.

📅 Venres, 30 de outubro
🕕 Ás 18.00 h
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
👨‍👩‍👧‍👦 Para familias con crianzas a partir de 3 anos
🎟️ Actividade de balde!

📝 Inscricións abertas do 22 ao 29 de outubro. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4enFHZk

📸 Aberto o prazo para participar na VI edición do concurso de fotografía Enfoca Ames!Tes ganas de descubrir Ames desde o...
21/10/2026

📸 Aberto o prazo para participar na VI edición do concurso de fotografía Enfoca Ames!

Tes ganas de descubrir Ames desde outra perspectiva? Esta é a túa oportunidade grazas á 📷✨

O Concello de Ames convídate a participar nesta nova edición de Enfoca Ames, unha iniciativa que busca poñer en valor os recunchos máis emblemáticos do noso concello a través da fotografía.

🌿 Patrimonio natural
🏛️ Patrimonio artístico
🎭 Patrimonio cultural

Como participar?
- A participación é gratuíta.
• Podes presentar unha fotografía por cada unha das tres categorías.
• Envía as túas imaxes xunto coa ficha de inscrición ao correo electrónico [email protected].

Data límite de envío de propostas ata o 4 de novembro de 2026.

ℹ️ Consulta as bases completas do concurso e prepara a túa mellor fotografía🔗 https://bit.ly/4sdTVBG

Aberto o prazo de inscrición para o curso de inglés básico para maiores en Bertamiráns 🗣️💬Queres dar os teus primeiros p...
21/10/2026

Aberto o prazo de inscrición para o curso de inglés básico para maiores en Bertamiráns 🗣️💬

Queres dar os teus primeiros pasos no inglés? 🇬🇧

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, pon en marcha un novo curso de inglés básico dirixido a persoas maiores que non teñan coñecementos previos desta lingua.

📅 Inicio, o martes, 27 de outubro
🕛 Horario de 12.00 a 13.00 h
📍 Casa dos Maiores, en Bertamiráns

Unha oportunidade estupenda para aprender inglés desde cero, compartir experiencias e seguir descubrindo cousas novas! 💬✨

📩 Como inscribirse?
Envía un correo electrónico a [email protected] ou chama ao 662 377 044.

Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/48cRMgl

Dirección

Praza Do Concello, 2
Amés
15220

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ames publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ames:

Atajos

Compartir