Populares de Amoeiro

Llamar Cómo llegar Página web

Populares de Amoeiro Pagina oficial del Partido Popular de Amoeiro

21/10/2026
21/10/2026

📚🎓 As axudas están destinadas a persoas desempregadas que participen en convocatorias de accións formativas enmarcadas no sistema de Formación Profesional dos graos A, B ou C ou do catálogo de especialidades do Sepe

🏊‍♀️ As piscinas municipais.Xa quedan lonxe aqueles recordos…Aqueles veráns nos que estaban todas as piscinas abertas, s...
29/09/2026

🏊‍♀️ As piscinas municipais.

Xa quedan lonxe aqueles recordos…

Aqueles veráns nos que estaban todas as piscinas abertas, se facían maratóns de fútbol e de tenis, había un bar e podiamos ver aos nenos tomando un xeado, merendando ou tomando un refresco mentres as familias desfrutaban da tarde.

E ao redor das piscinas podías ver familias e amigos nas parrillas, compartindo un xantar, falando, rindo e pasando un día xuntos. Mesmo despois do verán, aquel espazo seguía tendo vida, sendo un lugar de encontro para celebrar os magostos.

Nestes últimos anos fomos vendo como, pouco a pouco, se foron abandonando. Ata o punto de que este último verán tan só había unha piscina. Encheron unha piscina polo mero feito de poder dicir que as piscinas estaban abertas.

Pero as nosas piscinas non son só unha piscina chea de auga.

Son un espazo de encontro, de ocio, de deporte, de familias e de recordos. E iso é o que pouco a pouco fomos perdendo.

📸 Nas primeiras fotografías mostramos o que temos hoxe.

Nas seguintes, o que nos gustaría recuperar e o que realmente merecemos.

E queremos que este espazo volva ser un lugar para desfrutar, compartir e crear novos recordos: crear un pequeno parque acuático para os máis pequenos, reformar e poñer en valor as instalacións que xa temos e volver ter unhas piscinas das que todos poidamos sentirnos orgullosos.

Porque ás veces non fai falta facer cousas novas. Fai falta coidar, manter e volver dar vida ao que xa temos.

27/09/2026

Dirección

Amoeiro
32170

Teléfono

+34683316662

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Populares de Amoeiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría