PSdG- PSOE de Soutomaior

Cómo llegar

PSdG- PSOE de Soutomaior Organización política. Agrupación municipal do de Soutomaior.

Somos Socialistas! Somos Soutomaior

A eclipse en Soutomaior!🌑 Onte vivimos unha xornada histórica no Peirao de Arcade. A eclipse converteu o noso peirao nun...
13/08/2026

A eclipse en Soutomaior!

🌑 Onte vivimos unha xornada histórica no Peirao de Arcade. A eclipse converteu o noso peirao nun escenario único. Durante uns instantes, vivimos un espectáculo extraordinario. Grazas a todos os veciños e veciñas pola unión nesta cita inesquecible 🌘✨

Desde o Grupo Socialista de Soutomaior condenamos con firmeza o acto vandálico que se produciu esta noite e a mensaxe ap...
04/08/2026

Desde o Grupo Socialista de Soutomaior condenamos con firmeza o acto vandálico que se produciu esta noite e a mensaxe aparecida na fachada do Concello, casa de todas as veciñas e veciños.

Desde o PSOE sempre defenderemos a liberdade de expresión e de opinión, pero esta debe exercerse desde o respecto ás persoas, ás institucións e utilizando as vías democráticas e legais; o vandalismo nunca pode ser un medio para trasladar ningunha reivindicación ou acusación que, ademais, neste caso, é falsa.

Queremos trasladar todo o noso apoio ao alcalde, Manuel Lourenzo, e a toda a súa familia. Ratificamos, ademais, o acordado no último pleno, onde o alcalde desmontaba cada un dos bulos que circulan a este respecto.

🎉 Queremos convidarvos a vivir e desfrutar da III Semana Grande de Soutomaior!Hoxe comezan as nosas festas e durante os ...
01/08/2026

🎉 Queremos convidarvos a vivir e desfrutar da III Semana Grande de Soutomaior!

Hoxe comezan as nosas festas e durante os próximos días o concello encherase de música, tradición, gastronomía e actividades para todas as idades.

🎶 Unha programación pensada para compartir en familia, entre amizades e coa veciñanza, facendo da nosa terra un espazo de encontro e celebración.

Achegádevos, participade e vivide con nós as festas de Soutomaior. Agardámosvos! Onde nos vemos?

🚶‍♀️🚴 A Vía Verde é un proxecto clave para o desenvolvemento da nosa provincia e en especial para Arcade, punto de parti...
31/07/2026

🚶‍♀️🚴 A Vía Verde é un proxecto clave para o desenvolvemento da nosa provincia e en especial para Arcade, punto de partida deste proxecto. Unha infraestrutura que fomentará a mobilidade sostible, o turismo, a actividade económica e a posta en valor do noso patrimonio natural, beneficiando a miles de veciños e veciñas.

Por iso, desde o PSdeG reclamamos á Deputación de Pontevedra que abandone a confrontación política e traballe para desbloquear definitivamente este proxecto.

📄 O pasado 18 de marzo, Adif remitiu á Deputación o borrador do convenio de concesión dos terreos, incorporando os requirimentos formulados pola propia institución provincial. Máis de catro meses despois, continúa sen resposta.

As administracións teñen a obriga de colaborar e asumir as súas responsabilidades. Non podemos permitir que un proxecto estratéxico siga paralizado pola falta de vontade política.

Desde o PSOE de Soutomaior apoiamos esta reivindicación e sumámonos á petición para que a Deputación dea resposta á documentación presentada e asine o convenio necesario para facer realidade a Vía Verde.

Reunión da Coordinadora Comarcal de Pontevedra.🗓 5 de maio⏰ Ás 19:00 h📍 Casa da Cultura “Rexina Míguez” (Soutomaior)Un e...
05/05/2026

Reunión da Coordinadora Comarcal de Pontevedra.

🗓 5 de maio
⏰ Ás 19:00 h
📍 Casa da Cultura “Rexina Míguez” (Soutomaior)

Un espazo para compartir ideas, coordinar accións e seguir construíndo en común.

Hoxe, membros socialistas estivemos na  , onde tivemos o pracer de recibir á compañeira e deputada Ana Mejías 📖Mañá segu...
25/04/2026

Hoxe, membros socialistas estivemos na , onde tivemos o pracer de recibir á compañeira e deputada Ana Mejías 📖

Mañá seguimos! Agardámosvos con ilusión e esperamos que desfrutásedes da xornada de hoxe de lectura e historias ✨

Últimas horas da Festa da Ostra en Arcade 🦪Grazas a todos os veciños e veciñas e ás persoas visitantes que vos achegaste...
05/04/2026

Últimas horas da Festa da Ostra en Arcade 🦪

Grazas a todos os veciños e veciñas e ás persoas visitantes que vos achegastes para g***r deste manxar tan noso, co que seguimos poñendo en valor o traballo das xentes do mar.

Dende a Agrupación Socialista estivemos presentes durante a xornada, compartindo ambiente, música e tradición con toda a veciñanza.

Foi tamén unha magnífica ocasión para reencontrarnos con membros da nosa agrupación e con compañeiros e compañeiras de localidades veciñas que quixeron acompañarnos nesta festa tan especial.

Seguimos facendo vila, comunidade e orgullo do noso.

Hoxe vivimos o día grande da Festa da Ostra en Arcade 🦪Unha cita que xa é todo un símbolo do noso concello, que pon en v...
05/04/2026

Hoxe vivimos o día grande da Festa da Ostra en Arcade 🦪

Unha cita que xa é todo un símbolo do noso concello, que pon en valor a nosa tradición, a nosa gastronomía e o traballo da xente do mar.

Dende a Agrupación Socialista queremos animar a toda a veciñanza e visitantes a achegarse hoxe a Arcade, g***r do ambiente, da música e, por suposto, das nosas ostras.

Ademais, lembrade que contades cun punto de ℹ️ información xeral e sobre turismo para descubrir todo o que o noso concello ten para ofrecer!

Despedimos a Antón Louro, figura clave do socialismo galego 🌹🖤Militante do PSdeG dende 1978, dedicou décadas da súa vida...
13/03/2026

Despedimos a Antón Louro, figura clave do socialismo galego 🌹🖤

Militante do PSdeG dende 1978, dedicou décadas da súa vida a fortalecer o proxecto socialista en Galicia.

Dende a Agrupación Socialista de Soutomaior queremos expresar o noso recoñecemento á súa traxectoria, ao seu compromiso co partido e ao seu traballo incansable por unha Galicia máis xusta.

Enviamos unha forte aperta á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras do partido.

Dirección

Rúa Roxelio Landeiro, 53. Arcade (Soutomaior)
Arcade
36690

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdG- PSOE de Soutomaior publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría