Radio Arzúa

Cómo llegar

Radio Arzúa Radio Municipal do Concello de Arzúa

🎙️ Mañá, en Radio Arzúa, falamos con Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, sobre o acto público que a formación naci...
21/10/2026

🎙️ Mañá, en Radio Arzúa, falamos con Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, sobre o acto público que a formación nacionalista celebrará este venres, 23 de outubro, ás 20.00 horas en Arzúa, no marco da campaña «Co BNG Galiza gaña». Será ás 12.30h.

🎙️ HOXE, NO NOSO PROGRAMA DE NUTRICIÓN, CON LUZ PARDOFalaremos sobre o cancro de mama e a menopausa, coincidindo coas da...
21/10/2026

🎙️ HOXE, NO NOSO PROGRAMA DE NUTRICIÓN, CON LUZ PARDO

Falaremos sobre o cancro de mama e a menopausa, coincidindo coas datas dedicadas a estas dúas cuestións tan importantes para a saúde da muller. Con Luz Pardo abordaremos o papel da alimentación e os hábitos saudables na prevención e no benestar.

Hoxe en Ondas Literarias "Música, Lieratura e Filosofía".
21/10/2026

Hoxe en Ondas Literarias "Música, Lieratura e Filosofía".

O 21 de outubro de 1997, o tema Candle in The Wind, a regravación de Elton John entra no libro Guiness dos Records tras ...
21/10/2026

O 21 de outubro de 1997, o tema Candle in The Wind, a regravación de Elton John entra no libro Guiness dos Records tras converterse no single máis vendido da Historia do Rock con máis de 30 millóns de copias. A canción orixinal centrábase na vida e a tráxica morte de Marilyn Monroe. A versión de 1997 rende homenaxe á Princesa Diana e celebraba a súa humanidade e empatía social.

"The candle burned out long before your legend ever did" Thank yo...

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado, 24 de outubro, a segunda actuación encadrada n...
21/10/2026

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado, 24 de outubro, a segunda actuación encadrada no programa Sábados en familia.

O BNG organiza este venres 23 de outubro, ás 20.00 horas en Arzúa, un acto público no marco da campaña «Co BNG Galiza ga...
21/10/2026

O BNG organiza este venres 23 de outubro, ás 20.00 horas en Arzúa, un acto público no marco da campaña «Co BNG Galiza gaña». No encontro participarán Lucas Quintas, responsábel comarcal de Galiza Nova; Iria Carreira, deputada no Parlamento galego; e Néstor Rego, deputado no Congreso.

O acto servirá para dar a coñecer o traballo desenvolvido polo BNG nas Cortes do Estado e os avances conseguidos para Galiza. A formación nacionalista reivindica a defensa dos intereses galegos, a soberanía dos pobos e as políticas sociais avanzadas. O BNG convida a toda a veciñanza a participar neste encontro para coñecer de primeira man os logros acadados durante estes anos.

🎄 Arzúa xa se prepara para o Nadal!Os operarios dunha empresa santiaguesa xa están a traballar nas rúas da vila para pre...
20/10/2026

🎄 Arzúa xa se prepara para o Nadal!

Os operarios dunha empresa santiaguesa xa están a traballar nas rúas da vila para preparar a instalación do alumeado de Nadal. Pouco a pouco, Arzúa comeza a vestirse de festa para recibir unha das épocas máis especiais do ano.

O pasado día 17 celebrouse o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial. Hoxe en Na Onda da Lingua "As Lendas, ...
20/10/2026

O pasado día 17 celebrouse o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial. Hoxe en Na Onda da Lingua "As Lendas, un patrimonio que segue Vivo" con Laura Gil normalizadora linguística do Concello de Arzúa.

🎙️ Hoxe ás 11.30h estará en Radio Arzúa Cristina Carril, xerente de AECA, para falar dos bonos merca na vila, que comeza...
20/10/2026

🎙️ Hoxe ás 11.30h estará en Radio Arzúa Cristina Carril, xerente de AECA, para falar dos bonos merca na vila, que comezan a descargarse hoxe. Coñeceremos todos os detalles desta iniciativa de apoio ao comercio local

40 anos se cumpren hoxe da saída á rua do disco "Get Close", o cuarto álbum de estudio da banda británica The Pretenders...
20/10/2026

40 anos se cumpren hoxe da saída á rua do disco "Get Close", o cuarto álbum de estudio da banda británica The Pretenders. Este disco un dos máis vendidos da formación, conten os dous temas máis populares e que alcanzaron os postos máis altos nas listas de todo o mundo como son " Don't Get Me Wrong" e este "My Baby " co cal abrimos as Mañanciñas de hoxe martes.

My Baby is a Pretenders song which appears on the 1986 album "Get C...

Dirección

Rúa Pai Pardo, 33/1º Piso
Arzúa
15810

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Radio Arzúa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir