Concello de Arzúa

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Arzúa Perfil oficial do Concello de Arzúa.

COMEZAN AS OBRAS NA CASA DO LAGOEIRO!O Concello de Arzúa iniciou os traballos para converter este inmoble nunha vivenda ...
24/10/2026

COMEZAN AS OBRAS NA CASA DO LAGOEIRO!

O Concello de Arzúa iniciou os traballos para converter este inmoble nunha vivenda de emerxencia social.

✅ 89.875,61 € de investimento para a reforma da vivenda.

✅ Nova distribución interior, renovación das instalacións e melloras no illamento e equipamento.

✅ Un novo recurso municipal para ofrecer aloxamento urxente a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

🔗 Coñece todos os detalles na nova completa da nosa web: arzua.gal.

Os Xoves na Casa!Obradoiro de lectura e escrita autobiográfica.📅 Cando? Xoves 29 de outubro, ás 17:00 h.📍 Onde? Casa das...
23/10/2026

Os Xoves na Casa!
Obradoiro de lectura e escrita autobiográfica.
📅 Cando? Xoves 29 de outubro, ás 17:00 h.
📍 Onde? Casa das Mulleres de Arzúa.
📝 Inscricións abertas:
📧 [email protected]
📞 981 501 101 / 698 119 762

AS MULLERES CONTAMOS A NOSA HISTORIA é un obradoiro sobre literatura, esa ferramenta gozosa e poderosa coa que as mulleres puidemos desenvolver a nosa creatividade, expresar as nosas inquedanzas, coñecernos mellor, e deixar pegada da nosa época e dos nosos soños. Desde o comezo, a literatura non ten sido para nós só a experiencia de fabular historias, tamén a de construír(nos) e contar a nosa propia historia.

Cada unha ten unha voz, una historia que contar. No obradoiro procuraremos dar forma a esas páxinas que non saíron nunca do caixón, tentaremos atopar o ritmo adecuado e xogaremos a construír escenas e personaxes. Para iso, recorreremos ao máis próximo: as nosas emocións, recordos e anécdotas que xa teñen forma de relato. Porque, é posible escribir sen observar o mundo que nos rodea, sen observarnos a nós mesmas?

Nesta aventura non estamos soas. Leremos unha selección de textos de grandes escritoras que amosan a riqueza da nosa xenealoxía: mulleres que teñen reflexionado sobre a súa propia experiencia á hora de escribir e sobre como a escritura tense entrelazado nas súa vidas e estas nas súas obras.

📢 **ADIAMOS «O XOGO DAS ESCRITORAS»**O obradoiro previsto para hoxe, xoves 22 de outubro, na Casa das Mulleres de Arzúa ...
22/10/2026

📢 **ADIAMOS «O XOGO DAS ESCRITORAS»**

O obradoiro previsto para hoxe, xoves 22 de outubro, na Casa das Mulleres de Arzúa queda adiado ata novo aviso.

Mais a Casa das Mulleres segue aberta para vós!💜

Ás 17.00 h, as mulleres e as crianzas que o desexen poden achegarse para coñecer o espazo e compartir unha tarde de xogos.

Anunciaremos a nova data do obradoiro en canto estea confirmada.

📸 GALERÍA | OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO HAIKU O pasado sábado, 18 de abril, levamos a cabo un obradoiro de iniciación ao ...
21/10/2026

📸 GALERÍA | OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO HAIKU

O pasado sábado, 18 de abril, levamos a cabo un obradoiro de iniciación ao Haiku da man de Francisca García Jáñez. Unha interesante sesión na que conectamos coa escritura, poesía, creatividade, coa natureza e coa cultura xaponesa.



Concello de Arzúa

📸 GALERÍA CONCERTO DE SUN IOU | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼Onte, xoves 6 de agosto, tivo lugar a primeira actuación do Cicl...
21/10/2026

📸 GALERÍA CONCERTO DE SUN IOU | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼

Onte, xoves 6 de agosto, tivo lugar a primeira actuación do Ciclo de música na rúa 'En Aberto' deste ano da man de Sun Iou que encheu a noite de boa música, letras en galego con compromiso social e moita animación ata a última nota.

́sica ́n

Concello de Arzúa

Continuamos coa programación de outubro na Casa das Mulleres de Arzúa!O luns 26, ás 10.00 h, contaremos co servizo de as...
20/10/2026

Continuamos coa programación de outubro na Casa das Mulleres de Arzúa!

O luns 26, ás 10.00 h, contaremos co servizo de asesoramento xurídico en estranxeiría, con MPLP.

E o xoves 29, ás 17.00 h, «Os xoves na casa!» traen o inicio do obradoiro de escrita autobiográfica «As mulleres contamos a nosa historia»: un espazo para poñer por escrito as nosas vivencias e contalas coa nosa propia voz.

Achégate e participa!

Unha aula tamén pode ser un lugar para regueifar. Para xogar coas palabras, improvisar e coller confianza para expresars...
20/10/2026

Unha aula tamén pode ser un lugar para regueifar. Para xogar coas palabras, improvisar e coller confianza para expresarse en galego.

Con esa idea seguimos a traballar desde o Concello de Arzúa no Enreguéifate, que este curso chega á súa décima edición. Somos un dos oito concellos que impulsamos este proxecto para achegar a regueifa ás crianzas e á mocidade e facer da nosa tradición oral unha forma de crear e compartir.

Xa estamos dando os primeiros pasos desta nova edición, que comeza cun obradoiro para profesorado. Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Séchu Sende compartirán recursos para levar a improvisación oral en verso ás aulas e traballar a expresión, a escoita e a cooperación entre o alumnado.

A cita será o venres 23 de outubro, de 16:30 a 20:30 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prazo de inscrición remata hoxe, martes 20 de outubro. Hai 45 prazas e, se as solicitudes superan a oferta, terá preferencia o profesorado dos concellos participantes, entre eles Arzúa, e dos niveis aos que se dirixe o proxecto: 5º e 6º de primaria e ESO.

Información e inscricións en enregueifate.gal.

Súmate á regueifa expansiva!

«Os xoves na casa!» continúan este xoves cunha actividade para que as crianzas descubran, a través do xogo, o papel das ...
20/10/2026

«Os xoves na casa!» continúan este xoves cunha actividade para que as crianzas descubran, a través do xogo, o papel das mulleres na literatura.

«O xogo das escritoras» achéganos ás autoras e ás súas obras dunha maneira divertida, dentro da programación do Día das Escritoras.

Agardámosvos este xoves 22 de outubro, ás 17.00 h, na Casa das Mulleres de Arzúa. Achegádevos e participade!

Dirección

Rúa Santiago 2
Arzúa
15810

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Arzúa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Arzúa:

Atajos

Compartir

Categoría