Concello de Avión

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Avión Página Oficial del Concello de Avión.

📚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS | 2026A Deputación de Ourense convoca axudas para a adquisición de libros destinad...
24/09/2026

📚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS | 2026

A Deputación de Ourense convoca axudas para a adquisición de libros destinadas a persoas menores de idade empadroadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026.

📢 Convocatoria e bases dispoñibles no BOP de Ourense.

👉 Se tes menores ao teu cargo e estás interesado/a nesta convocatoria, consulta as bases para coñecer os requisitos, contías e prazo de solicitude.

📸 CALENDARIO 2027 DO CONCELLO DE AVIÓN 📸Un ano máis, queremos que o noso calendario sexa un reflexo de Avión, das súas p...
22/09/2026

📸 CALENDARIO 2027 DO CONCELLO DE AVIÓN 📸

Un ano máis, queremos que o noso calendario sexa un reflexo de Avión, das súas paisaxes, do seu patrimonio, das súas tradicións e da súa xente. 💚

Por iso, abrimos a participación a todas as persoas que queiran compartir as súas fotografías de Avión para formar parte do Calendario Municipal 2027. 🏞️📷

👉 Anímate a participar! Envíanos as túas mellores imaxes e axúdanos a por en valor a beleza e a identidade do noso concello.

📌 Requisitos:
• Fotografías en formato horizontal
• Calidade mínima de 3 MP
• Indicar a localización da fotografía
• 📅 Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2026
• 📧 Envíos: [email protected]

✨ As túas fotos poden formar parte do Calendario 2027 do Concello de Avión!

🏊‍♀️❄️ HORARIO DE OUTONO- INVERNO  DA PISCINA MUNICIPAL DE AVIÓN ❄️🏊‍♂️Coa chegada de setembro, adaptamos o horario da P...
31/08/2026

🏊‍♀️❄️ HORARIO DE OUTONO- INVERNO DA PISCINA MUNICIPAL DE AVIÓN ❄️🏊‍♂️

Coa chegada de setembro, adaptamos o horario da Piscina Municipal para seguir ofrecendo o mellor servizo aos nosos veciños e veciñas. 💙

📅 HORARIO:
🔹 Luns: 16:00 – 20:00 h
🔹 Martes: 10:00 – 20:30 h
🔹 Mércores: 10:00 – 20:00 h
🔹 Xoves: 10:00 – 20:30 h
🔹 Venres: 10:00 – 13:00 h e 16:00 – 20:00 h
🔹 Sábado: 10:00 – 13:00 h e 16:00 – 20:00 h
🔹 Domingo: pechado

💙 Martes, mércores e xoves contamos con apertura ampliada, tamén en horario de mañá, de 10:00 a 20:30 h martes e xoves e de 10:00 a 20:00 os mércores, para facilitar o uso das instalacións.

¡Agardámoste na Piscina Municipal de Avión! 💦

🌍 OFICINA MÓBIL RETORNO📍 Avión acollerá a Oficina Móbil Retorno, un punto de atención presencial para ofrecer informació...
30/08/2026

🌍 OFICINA MÓBIL RETORNO

📍 Avión acollerá a Oficina Móbil Retorno, un punto de atención presencial para ofrecer información e asesoramento ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias, así como para atender as súas dúbidas e necesidades derivadas do retorno.

📅 2 de setembro de 2026
🕘 De 09:00 a 14:00 h
📌 Praza da Igrexa de Avión

Se estás a regresar a Galicia ou precisas información sobre os recursos e servizos dispoñibles, achégate á Oficina Móbil Retorno. 🤝💙

📞 900 102 380
🌐 www.emigracion.xunta.gal

🎭 NEURA | Unha comedia neurótico-festiva 🎭O venres 4 de setembro, prepárate para rir, porque chega ao Centro Multifuncio...
28/08/2026

🎭 NEURA | Unha comedia neurótico-festiva 🎭

O venres 4 de setembro, prepárate para rir, porque chega ao Centro Multifuncional de Avión a obra de teatro “Neura”, unha comedia neurótico-festiva que nos invita a mirar con humor as nosas manías, obsesións e pequenas neuras do día a día. 😜

🧠 Porque todos temos as nosas… e algunhas son imposibles de agochar!

📅 Venres 4 de setembro de 2026
🕘 21:00 h
📍 Centro Multifuncional

Unha proposta para g***r do teatro, rirnos un pouco de nós mesmos e pasar unha noite diferente. 🎭😂

Prazas Limitadas ata compretar o Aforo. Non é necesario Reserva

💧 AVISO IMPORTANTE SOBRE O USO DA AUGA DA TRAÍDA🚰 Lémbrase á veciñanza que o uso da auga da traída está restrinxido ao c...
18/08/2026

💧 AVISO IMPORTANTE SOBRE O USO DA AUGA DA TRAÍDA

🚰 Lémbrase á veciñanza que o uso da auga da traída está restrinxido ao consumo humano e doméstico, dentro das labores propias do fogar.

❌ Queda prohibido utilizar auga da traída para:
🌱 Rego de xardíns
🏊 Enchido de piscinas
🚗 Lavado de coches
🏠 Lavado de tellados e rúas
🐄 Lavado de animais
E outros usos distintos do consumo doméstico.

Os servizos municipais realizarán controis aleatorios dos contadores e levarán a cabo vixilancia diaria a través da Policía Local para detectar posibles usos indebidos, coa aplicación das correspondentes sancións.

⚠️ A reiteración nas faltas por usos prohibidos poderá dar lugar, incluso, ao corte do subministro.

💙 Polo ben de todos, fagamos un uso responsable da auga.

🎬🌙𝗖𝗜𝗡𝗘 NA RÚA 𝗘𝗡 AVIÓN🍿✨O 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, temos unha cita co 𝗖𝗶𝗻𝗲 𝗻𝗮 𝗥𝘂́𝗮 en Avión!🎥 “𝗥𝗢𝗡𝗗𝗔𝗟𝗟𝗔𝗦”, de 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲...
17/08/2026

🎬🌙𝗖𝗜𝗡𝗘 NA RÚA 𝗘𝗡 AVIÓN🍿✨

O 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, temos unha cita co 𝗖𝗶𝗻𝗲 𝗻𝗮 𝗥𝘂́𝗮 en Avión!

🎥 “𝗥𝗢𝗡𝗗𝗔𝗟𝗟𝗔𝗦”, de 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲𝘇 𝗔𝗿𝗲́𝘃𝗮𝗹𝗼
📍 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼
🕙 𝟮𝟮:𝟬𝟬 𝗵.

Unha película para desfrutar ao aire libre, en boa compañía e cunha historia que fala de ilusión, amizade e da forza dun pobo para facer realidade os seus soños. 💛

𝗔𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮𝗺𝗼𝘀𝘃𝗼𝘀! 💛

🩸❤️ Este verán, doa vida! ❤️🩸📍 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Avión o:🗓️ Mércores, 5 de agosto📍 Campo da ...
02/08/2026

🩸❤️ Este verán, doa vida! ❤️🩸

📍 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Avión o:

🗓️ Mércores, 5 de agosto
📍 Campo da Feira
🕕 De 18:00 a 21:00 horas

Cada doazón pode axudar a salvar ata tres vidas. Un pequeno xesto para ti pode converterse nunha gran esperanza para quen máis o necesita. 💪❤️

🇲🇽🌵 Avión xa quenta motores para unha das citas máis especiais do verán.O vindeiro venres 7 de agosto celebraremos a XX ...
01/08/2026

🇲🇽🌵 Avión xa quenta motores para unha das citas máis especiais do verán.
O vindeiro venres 7 de agosto celebraremos a XX Festa Mexicana de Avión, unha xornada que rende homenaxe aos nosos emigrantes e aos fortes vínculos que unen Avión con México.
Será unha tarde e noite cheas de ambiente, con mariachis en directo, gastronomía mexicana, actividades gratuítas para os máis pequenos e moitas sorpresas nunha celebración pensada para desfrutar en familia e con amigos.
Quero convidarvos a todos a reservar esta data e a acompañarnos na Praza da Igrexa para vivir unha festa única, que xa forma parte da identidade do noso concello.
🇲🇽 Quero expresar tamén o meu máis sincero agradecemento ao cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, polo seu apoio e implicación nesta celebración, así como a todos os restaurantes colaboradores, que contribúen a facer posible unha festa que reforza os históricos lazos de amizade entre Avión e México.
Agardámosvos o 7 de agosto para compartir unha xornada inesquecible. ¡Viva México! ¡Viva Avión! 🇲🇽❤️

📢 AVISO Á VECIÑANZA 📢Informamos de que as oficinas municipais permanecerán pechadas o vindeiro luns, 3 de agosto, con mo...
31/07/2026

📢 AVISO Á VECIÑANZA 📢
Informamos de que as oficinas municipais permanecerán pechadas o vindeiro luns, 3 de agosto, con motivo da Festividade Local.
🕘 Ademáis, do 4 ao 7 de agosto, o horario de atención ao público será de 09:00 a 13:00 horas.

Dirección

Praza Do Concello 1
Avión
32520

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Avión publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Avión:

Atajos

Compartir

Categoría