14/10/2026
⚠️Prorrogada a prohibición de queimas en Galicia ata o 31 de outubro.
Debido ás condicións meteorolóxicas actuais e ao alto risco de incendios forestais, a Xunta amplía o período de perigo alto. Quedan suspendidas todas as comunicacións e autorizacións de queimas agrícolas e forestais por parte de particulares.
➡️Lembramos que en caso de emerxencia, chama ao 112.
A prevención é cousa de todos. Protexamos o monte.