Concello de Bande

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Bande Página Oficial del Excmo. Concello de Bande.

🎄✨ 𝗨𝗻 𝗮𝗻𝗼 𝗺á𝗶𝘀, 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮𝘀 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗻 𝗲𝗻𝗰𝗵𝗲𝗿𝘀𝗲 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘅𝗶𝗮! ✨🎄 🎄✨ Despois da fantástica acollida da primeira edición, volv...
13/10/2026

🎄✨ 𝗨𝗻 𝗮𝗻𝗼 𝗺á𝗶𝘀, 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮𝘀 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗻 𝗲𝗻𝗰𝗵𝗲𝗿𝘀𝗲 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘅𝗶𝗮! ✨🎄 🎄✨

Despois da fantástica acollida da primeira edición, volvemos con moita ilusión co II Concurso “Decora a túa aldea”. ❤️

Porque o Nadal non son só luces e decoración… é ilusión, é compartir, é xuntarnos e facer comunidade. E se algo demostramos o ano pasado é que, cando as nosas aldeas se unen, son capaces de facer cousas marabillosas. 🥰

Queremos volver ver as nosas aldeas engalanadas, as portas abertas, as prazas cheas de vida e, sobre todo, a ilusión das veciñas e veciños traballando xuntos para facer que Bande brille dun xeito especial. ✨

🏆 E este ano, ademais, con 500 € para o primeiro premio, 250 € para o segundo e un accésit de 100 € para todas as aldeas participantes que non resulten premiadas.

📅 Inscricións ata o 4 de decembro de 2026.

🎁 Fai brillar a túa aldea este Nadal!
Porque o máis bonito deste concurso non é só gañar… é compartir, participar e facer que o Nadal chegue a cada recuncho de Bande. ❤️

𝗔𝗻𝗶𝗺á𝗱𝗲𝘃𝗼𝘀! 𝗩𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗲𝗰𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀. 🎄✨

❤️ OBXECTIVO CONSEGUIDO! ❤️Queremos compartir con todos vós unha noticia moi especial: os 11.600 € recadados xa lle foro...
13/10/2026

❤️ OBXECTIVO CONSEGUIDO! ❤️

Queremos compartir con todos vós unha noticia moi especial: os 11.600 € recadados xa lle foron entregados á familia de Trarigo, en Bande. 🙏

Grazas de todo corazón a cada persoa que colaborou, ás que fixestes a vosa achega, ás que compartistes a iniciativa e ás que axudastes a que esta cadea de solidariedade chegase tan lonxe.

Hoxe podemos dicir que, entre todos e todas, conseguimos achegar un pouco de esperanza e axuda nun momento moi difícil para esta familia. ❤️

Porque cando Bande se une, a solidariedade convértese en feitos. 🫶

Mil grazas por demostrar, unha vez máis, que xuntos somos máis fortes.

GRAZAS DE TODO CORAZÓN! ❤️

🌿 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲, 2.000 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗮 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝘀𝗼! 🏛️O vindeiro 17 de outubro, convidámoste a descubrir Bande dunha maneira di...
10/10/2026

🌿 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲, 2.000 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗮 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝘀𝗼! 🏛️

O vindeiro 17 de outubro, convidámoste a descubrir Bande dunha maneira diferente, percorrendo as pegadas do seu pasado a través dunha nova ruta de Rutas que Rexeneran. 💚

🚶‍♀️ Un paseo pola historia, polo patrimonio e pola esencia do noso territorio, para coñecer e valorar todo o que nos rodea.

🧀 E para rematar, unha degustación de produtos locais por só 5 €!
🎁 Gratuíta para as persoas aloxadas nun establecemento do Xeodestino Celanova-Xurés.

📅 17 de outubro
📍 Bande
✨ 2.000 anos de historia a cada paso

🔗 Máis información e inscricións en www.rutasquerexeneran.gal

Anímate a vivir esta experiencia e a descubrir Bande paso a paso! 💚

TurismoRural Ourense Galicia ProdutosLocais

07/10/2026
Hoxe queremos presentarvos a Isa e Verónica, as dúas rapazas que veñen de coller as rendas da Casa do Baño. 💚Dúas muller...
06/10/2026

Hoxe queremos presentarvos a Isa e Verónica, as dúas rapazas que veñen de coller as rendas da Casa do Baño. 💚

Dúas mulleres novas, valentes e cheas de ilusión que decidiron deixar atrás a gran cidade para apostar polo rural, pola nosa terra e por un proxecto no que puxeron moitas ganas, traballo e ilusión.

E nós non podemos estar máis felices de velas aquí. Porque a súa chegada significa moito máis que ter a Casa do Baño aberta: significa vida, actividade, encontros, novas propostas e dinamización. Significa apostar por que os nosos lugares sigan tendo futuro e por facer comunidade.

Sabemos que veñen con moitas ideas e temos moitas esperanzas postas nesta nova etapa e en todo o que, pouco a pouco, van ir creando. 🌿

Así que só nos queda desexarlles toda a sorte do mundo, moito ánimo e moitos éxitos nesta aventura que agora comeza.

𝗡𝗼𝗻 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗮𝘀 𝘀ú𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀 A Casa do Baño | Pensión rural 3*

Grazas por apostar polo rural. 💚

🎶 𝗔𝘀í 𝘃𝗶𝘃𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗧𝗼𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗙𝗲𝘀𝘁 2026!!!O pasado 2, 3 e 4 de outubro, Vilar encheuse de música, cultura e encontros coa cel...
05/10/2026

🎶 𝗔𝘀í 𝘃𝗶𝘃𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗧𝗼𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗙𝗲𝘀𝘁 2026!!!

O pasado 2, 3 e 4 de outubro, Vilar encheuse de música, cultura e encontros coa celebración do Torreiro Fest 2026.

O Torreiro Fest, unha iniciativa de pequeno formato e acústica organizada por A CASA DO POZO, busca transformar espazos rurais en desuso —como palleiros, bodegas ou cuadras— en escenarios vivos. A través dunha programación que combina concertos de cámara, instalacións sonoras, paisaxismo e a recuperación da memoria sonora do territorio, o proxecto aposta pola cocreación veciñal, a conexión co contorno e o coidado compartido fronte á masificación.

Desde o Concello queremos facer un agradecemento moi especial a 𝗠𝗮𝘁𝗲𝗼, por facer posible esta iniciativa, pola súa implicación e por coordinar todo o necesario para que o Torreiro Fest fose unha realidade. 👏

Tamén queremos agradecer á Xunta de Galicia, e en especial á Dirección Xeral de Cultura, o seu apoio e colaboración, fundamentais para poder levar adiante este proxecto. Foi un pracer contar ademais coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o festival.

E, por suposto, grazas a todas as persoas que participastes, aos artistas, colaboradores e a todas as que vos achegastes a vivir o Torreiro Fest. 💛

Entre todas e todos facemos posible que a cultura siga medrando e que o noso territorio sexa tamén un lugar para a creación, a música e os encontros.

Grazas e ata a próxima edición! 🎵

🥖🥦🍯Como vada primeiro domingo de mes temos unha cita!!
01/10/2026

🥖🥦🍯Como vada primeiro domingo de mes temos unha cita!!

📚✨𝗡𝗼𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗕𝗶𝗯𝗹𝗶𝗼𝘁𝗲𝗰𝗮 𝗠𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹!Xa chegaron novos libros ás nosas estanterías! 📖💚Novas historias, autores e lecturas...
01/10/2026

📚✨𝗡𝗼𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗕𝗶𝗯𝗹𝗶𝗼𝘁𝗲𝗰𝗮 𝗠𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹!

Xa chegaron novos libros ás nosas estanterías! 📖💚

Novas historias, autores e lecturas para descubrir e g***r. Se estabas buscando a túa próxima lectura, este pode ser un bo momento para achegarte á biblioteca. 😊

👉 Ven coñecer as novidades e leva contigo unha nova historia!

Agardámoste na Biblioteca Municipal! 📚

🏃‍♀️💚 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗩𝗘 𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗘! 💚🏃‍♂️O deporte forma parte do día a día do noso concello, e no Pavillón Municipal de Bande t...
28/09/2026

🏃‍♀️💚 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗩𝗘 𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗘! 💚🏃‍♂️

O deporte forma parte do día a día do noso concello, e no Pavillón Municipal de Bande temos unha ampla variedade de actividades pensadas para todas as idades. Un espazo cheo de vida, actividade e ilusión, ao que se suma tamén o estupendo ximnasio municipal do que podemos desfrutar.

E queremos poñer especialmente en valor a ampla oferta deportiva para adultos, con actividades pensadas para manterse activos, coidarse e desfrutar do exercicio en compañía:

🧘‍♀️ 𝗣𝗜𝗟𝗔𝗧𝗘𝗦
📅 𝗟𝘂𝗻𝘀 𝗲 𝗺é𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 | 🕗 20:00 – 21:00 𝗵

🏋️‍♀️ 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗘𝗡𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗙𝗨𝗡𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟
📅 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 | 19:30 – 20:30 𝗵
📅 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 | 20:00 – 21:00 𝗵

🚴‍♀️ 𝗖𝗜𝗖𝗟𝗢 𝗕𝗜𝗞𝗘
📅 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗲 𝘅𝗼𝘃𝗲𝘀 | 20:30 – 21:30 𝗵

👧🧒 E mentres tanto, os máis pequenos tamén enchen o pavillón de deporte e ilusión coas súas actividades extraescolares: psicomotricidade, multideporte, fútbol, patinaxe e volei.

Todo isto fai do pavillón un espazo deportivo vivo, dinámico e aberto a todas as idades.

Porque apostar polo deporte é apostar por saúde, benestar, convivencia e calidade de vida.

💚 𝗨𝗻 𝗽𝗮𝘃𝗶𝗹𝗹ó𝗻 𝗰𝗼𝗻 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.
𝗨𝗻 𝘅𝗶𝗺𝗻𝗮𝘀𝗶𝗼 𝗲𝗻 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼.
𝗔𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀.
𝗨𝗻 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗺𝗼𝘃𝗲.

𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗮𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗲𝗻 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲! 🏃‍♀️🏋️‍♂️🚴‍♀️ #

💎 💎 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗼𝘀 𝗩𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼O noso Concello participou no programa Oficios Vivos, promovido pola Dirección X...
21/09/2026

💎 💎 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗼𝘀 𝗩𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼

O noso Concello participou no programa Oficios Vivos, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, cun obradoiro dedicado á xoiería.

Unha actividade na que persoas de diferentes idades puideron achegarse ao mundo da xoiería, coñecendo de primeira man as súas técnicas, ferramentas e posibilidades creativas.

A actividade contou coa visita da alcaldesa do Concello, Sandra Quintas, que puido coñecer de preto o desenvolvemento do obradoiro e compartir este momento coas persoas participantes.

Unha oportunidade para aprender, compartir e poñer en valor un oficio artesanal, así como para descubrir o traballo, a precisión e a creatividade que hai detrás de cada peza.

Desde o Concello queremos agradecer á Dirección Xeral de Xuventude o impulso desta iniciativa e a todas as persoas participantes o seu interese e implicación.

✨ Seguimos apostando pola formación, pola participación e pola posta en valor dos nosos oficios e da nosa artesanía.

Dirección

Rúa San Roque 2
Bande
32840

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

+34988443001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Bande publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Bande:

Atajos

Compartir

Categoría