Concello de Barreiros

Cómo llegar Página web

Concello de Barreiros Concello de Barreiros / Ayuntamiento de Barreiros

🍂 𝗠𝗔𝗡̃𝗔́ 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗜𝗡̃𝗢 𝗡𝗢 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢Achegámosvos de novo o progra para que o teñades a man e non perdades detalle:🤓👇🎶 𝟭𝟭:𝟬𝟬 𝗵 ·...
10/10/2026

🍂 𝗠𝗔𝗡̃𝗔́ 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗜𝗡̃𝗢 𝗡𝗢 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢

Achegámosvos de novo o progra para que o teñades a man e non perdades detalle:

🤓👇

🎶 𝟭𝟭:𝟬𝟬 𝗵 · Apertura de postos e actuación do grupo de gaitas da AF O Arco da Vella.

🔬 𝟭𝟭:𝟯𝟬 𝗵 · Faladoiro Lambiscadas Científicas: enfermidades transmitidas por carrachas e medidas de prevención. Entrada libre.

🎵 𝟭𝟮:𝟬𝟬 𝗵 · Concerto en vivo: Lorena Doval & Manu Arroyo

🥩 𝟭𝟮:𝟯𝟬 𝗵 · Degustación de elaboracións con razas autóctonas. Con vale de compra nos postos.

🍷 𝟭𝟯:𝟬𝟬 𝗵 · Presentación do Túnel do Viño FRUGA: viños tintos da provincia de Lugo.

🧺 𝟭𝟳:𝟬𝟬 𝗵 · Taller de cestería: elaboración dun cesto de outono. Prazas limitadas. Inscrición previa no rexistro do Concello ata o venres 9.

🌰 𝟭𝟳:𝟯𝟬 𝗵 · Degustación de castañas asadas. De balde.

👧 𝟭𝟴:𝟬𝟬 𝗵 · Actividades infantís. Entrada libre.

🎤 𝟭𝟵:𝟯𝟬 𝗵 · Actuación do Coro Airiños do Mar de Barreiros.

🎁 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵 · Sorteos e peche do mercado.

ℹ Amplía esta info en www.concellodebarreiros.gal

🔊 𝗘𝗡 𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗭𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗢  𝗜𝗜𝗜 𝗦𝗢𝗡 𝗨𝗥𝗕𝗔́𝗡 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦👉 Con Vella Escola · Talleres + Somos HIP HOP🕛 16:00 — 19:00 horasTallere...
09/10/2026

🔊 𝗘𝗡 𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗭𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗢 𝗜𝗜𝗜 𝗦𝗢𝗡 𝗨𝗥𝗕𝗔́𝗡 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦

👉 Con Vella Escola · Talleres + Somos HIP HOP

🕛 16:00 — 19:00 horas

Talleres de graffiti e beatbox para achegar a cultura hip hop a todos os públicos, xunto coa presentación de Somos Hip Hop.

Unha publicación que percorre a historia, os protagonistas e a evolución dunha cultura que, décadas despois do seu nacemento, continúa máis viva ca nunca.

🔦 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦 𝗢 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗟𝗨𝗭 𝗡𝗘𝗚𝗥𝗔! 📚 Xa podedes anotar as vosas crianzas (a partir de 4 anos) no obradoiro que ...
08/10/2026

🔦 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦 𝗢 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗟𝗨𝗭 𝗡𝗘𝗚𝗥𝗔!

📚 Xa podedes anotar as vosas crianzas (a partir de 4 anos) no obradoiro que organiza a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros co gallo da celebración do “Día das Bibliotecas”.

🎨 Trátase dun obradoiro creativo e educativo onde nenas e nenos poderán elaborar obras de arte empregando pinturas fluorescentes que brillan baixo a luz negra 🌚. Unha actividade perfecta para combinar diversión, imaxinación e descubrimento científico, achegándolles de maneira lúdica o funcionamento da luz ultravioleta e os efectos luminosos.

📝 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀:

O prazo para anotar ás crianzas remata o 21 de outubro debe facerse directamente na propia biblioteca.

🗓️ O xoves 22 de outubro
🕔 De 17:00 a 18:00
📍 Na biblioteca pública municipal de Barreiros.

📢 𝗠𝗔𝗡̃𝗔́ 𝗧𝗘𝗥𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗢 🔊 🎶 𝗜𝗜𝗜 𝗦𝗢𝗡 𝗨𝗥𝗕𝗔́𝗡📍 A Praza do Concello encherase mañá, venres 9 de outubro, de cultura ...
08/10/2026

📢 𝗠𝗔𝗡̃𝗔́ 𝗧𝗘𝗥𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗢 🔊 🎶 𝗜𝗜𝗜 𝗦𝗢𝗡 𝗨𝗥𝗕𝗔́𝗡

📍 A Praza do Concello encherase mañá, venres 9 de outubro, de cultura urbana coa terceira edición do Son Urbán, un festival que mestura música en directo, arte urbana, literatura e talleres participativos.

😍 Botádelle unha ollada ao cartel para non perder detalle do programa xa que nos visitan referentes do panorama galego e nacional como 𝗫𝗼𝘀𝗲́ 𝗠𝗮𝘀𝗲𝗱𝗮, 𝗝𝘂𝗹𝗶 𝗚𝗶𝘂𝗹𝗶𝗮𝗻𝗶, 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗮𝗲, 𝗥𝗮𝗽𝗮𝗿𝗶𝗴𝗮 𝗗𝗝, 𝗗𝗲𝗶𝗻, 𝗗𝗝 𝗚𝗿𝗶𝗳𝗳𝗶 ou 𝗠𝗲𝗻𝗲𝗼, ademais do grupo local 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 𝗚𝗮𝗻𝗴.

🏛️ A iniciativa está organizada polo Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Vicepresidencia. Deputación de Lugo









🧘 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗚𝗥𝗨𝗣𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗜𝗟𝗔𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗔𝗦 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗔𝗗𝗨𝗟𝗧𝗢𝗦Boa nova para todas as persoas interesadas en Pilate...
07/10/2026

🧘 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗚𝗥𝗨𝗣𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗜𝗟𝗔𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗔𝗦 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗔𝗗𝗨𝗟𝗧𝗢𝗦

Boa nova para todas as persoas interesadas en Pilates! Debido á gran demanda existente, incorpórase un novo grupo en San Cosme para esta tempada 2026/2027.

📅 Todos os mércores
🕖 19:00 horas
📍 San Cosme

Os formularios de inscrición xa están dispoñibles na web municipal e no rexistro do Concello de Barreiros.

🔗 concellodebarreiros.gal

📢 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗣𝗜́𝗗𝗘𝗟𝗟𝗘 𝗔́ 𝗫𝗨𝗡𝗧𝗔 𝗤𝗨𝗘 𝗜𝗡𝗖𝗟𝗨́𝗔 𝗢𝗦 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗡𝗢 𝗕𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔𝗦👨‍👩‍👧‍👦 O pleno municipal d...
06/10/2026

📢 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗣𝗜́𝗗𝗘𝗟𝗟𝗘 𝗔́ 𝗫𝗨𝗡𝗧𝗔 𝗤𝗨𝗘 𝗜𝗡𝗖𝗟𝗨́𝗔 𝗢𝗦 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗡𝗢 𝗕𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔𝗦

👨‍👩‍👧‍👦 O pleno municipal de Barreiros acordou instar á Xunta de Galicia a que rectifique na súa decisión de excluír os campamentos municipais do programa “Bono Concilia Familias” 2026, garantindo o acceso a todas as familias, con independencia do servizo que solicitaran, público ou privado.

📋 A proposta defendida no pleno pola alcaldesa, Ana Ermida, responde á decisión da Xunta de deixar fóra das solicitudes de axudas as actividades organizadas polos Concellos, como é o caso dos campamentos de verán que se organizan desde o Concello de Barreiros.

🏛️ O acordo foi tomado cos votos favorables do goberno e a abstención do Partido Popular que argumentou estar pendente de saber a razón pola que os campamentos de Barreiros non foran subvencionados pola Xunta nesta anualidade para poder posicionarse sobre o acordo.

📄 Ana Ermida explicou que “A Xunta de Galicia publicou no mes de setembro as bases para concorrer ás axudas do “Bono Concilia Familia”, coas que se pretende que as familias que precisan actividades de conciliación poidan obter axudas para as mesmas.

⚠️️ Como novidade neste ano non se permite xustificar gastos de actividades organizadas polos Concellos, baixo o pretexto de que ditas actividades xa reciben financiamento da Xunta mediante o programa “Corresponsables” dirixidos aos Concellos. Deste xeito, as familias coñeceron a posteriori de ter escollido e desfrutado das súas actividades que, por exemplo, os campamentos de verán organizados polo Concello de Barreiros, que ofertan un total de 420 prazas non poderían ser susceptibles de axuda ás familias.

📉 Esta medida, ademais de ser profundamente inxusta; especialmente no caso de Barreiros no que o Concello quedou tamén excluído das axudas da Xunta, tendo que buscar o financiamento noutras Administracións e soportando un esforzo importantísimo a nivel municipal; é tamén unha medida claramente ideolóxica: “prémiase” a quen escolla actividades ou campamentos privados, especializados ou singulares, xustificándoo cunha aura de liberdade de escolla que non é máis que a potenciación das actividades privadas e o fomento das mesmas cun sesgo claramente elitista.

💶 Esta cuestión non é menor, tendo en conta ademais de que os custos que teñen que asumir as familias nese tipo de campamentos son moito maiores que nos campamentos municipais, especialmente en Barreiros, onde se realiza un esforzo por non deixar a ninguén atrás. Pero ademais, hai que ter en conta que as axudas do Bono Concilia se outorgan sen criterio económico algún, sendo a orde de chegada o criterio para a obtención ou non; premiando a rapidez ou a dispoñibilidade para solicitalas. Polo tanto, as familias con menos capacidade económica resultan dobremente prexudicadas: a súa liberdade de escolla atópase limitada pola capacidade económica, sabendo que se optan por un recurso público (como os campamentos do Concello de Barreiros) por ser máis económicos, non poderán optar á axuda da Xunta de Galicia.”

⚖️ O acordo adoptado insistía tamén na necesidade de que as Administracións Públicas garantan a igualdade de recursos e actúen como elemento de equidade, polo que se demanda un maior financiamento para os programas organizados polos Concellos.

📈 Ermida concluíu asegurando que “o lóxico para unha Administración Pública que queira fomentar a utilización de actividades de conciliación polas familias tamén como instrumento educativo, sería dotar de fondos suficientes ás entidades públicas que as organizan baixo criterios educativos e sociais que garantan a calidade dos servizos e a posibilidade real de acoller a demanda existente nas familias galegas; axudando realmente ás entidades locais que albergan estas actividades e non contrapoñéndoas coas organizadas desde o eido privado.”

🍂 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦 𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗗𝗢 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗜𝗡̃𝗢 𝗡𝗢 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡 𝗔𝗖𝗧𝗜𝗩𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗧𝗢𝗗𝗢 𝗢 𝗗𝗜́𝗔🛍️ O vindeiro domingo, 11 de outubr...
06/10/2026

🍂 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦 𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗗𝗢 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗜𝗡̃𝗢 𝗡𝗢 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡 𝗔𝗖𝗧𝗜𝗩𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗧𝗢𝗗𝗢 𝗢 𝗗𝗜́𝗔

🛍️ O vindeiro domingo, 11 de outubro, a Praza do Concello de Barreiros acollerá o mercadiño no outono, unha xornada de encontro veciñal con preto de 40 postos de produtos de proximidade e máxima calidade, organizada polo Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.

𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗮 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮

🎶 A xornada comezará ás 11:00 horas coa apertura dos postos e a actuación do grupo de gaitas da A.f. O Arco da Vella. Ás 11:30 horas terá lugar o faladoiro 🔬Lambiscadas Científicas, con entrada libre, no que se abordarán as enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia e as principais medidas de prevención.

🎹 Ás 12:00 horas, actuación musical en vivo de Lorena Doval & Manu Arroyo que amenizarán o ambiente do mercadiño. Media hora despois, 🥩 ás 12:30 horas, darán comezo as degustacións de elaboracións feitas con produtos de razas autóctonas, enmarcadas no programa "Un gusto de rural, un rural degusto" da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en colaboración coa Federación Razas Autóctonas Galegas Boaga e a Asociación de criadores de raza porcina Porco Celta ASOPORCEL. Como é habitual, todas as persoas que merquen nos postos recibirán un vale para participar na degustación.

🍷 Ás 13:00 horas, a Fruga Federación Rural Galega presentará o Túnel do Viño, unha iniciativa dedicada en exclusiva aos viños tintos da provincia de Lugo co obxectivo de achegar ao público a riqueza e diversidade dos tintos lucenses.

🧺 En xornada de tarde, ás 17:00 horas, terá lugar o taller de cestería para elaborar un cesto de outono. O taller conta con prazas limitadas, polo que é necesaria inscrición previa no rexistro do Concello ata o venres 9 de outubro. 🌰Ás 17:30 horas haberá degustación de castañas asadas de balde e, ás 18:00 horas, actividades infantís abertas á cativada.

🎤 Para pechar a xornada, ás 19:30 horas actuará o Coro Airiños do Mar de Barreiros, antes do tradicional 🎁 sorteo e peche do mercado ás 20:00 horas.

𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮 𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗻𝘇𝗮

👩‍🦰 A alcaldesa Ana Ermida subliñou que "o mercadiño é moito máis que un espazo de compras; é un lugar de encontro onde a veciñanza se reúne para desfrutar dunha xornada diferente. Estamos moi satisfeitos coa programación que preparamos para este outono, con actividades para todos os públicos e idades."

🧔‍♂️️Pola súa banda, o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García, destacou que "cada edición tentamos ofrecer algo novo que sorprenda á xente que se achega ao mercadiño. Contar coa participación de entidades como FRUGA ou a presenza das razas autóctonas demostra o vínculo que temos co rural e cos produtos da nosa terra."

05/10/2026

🎥 Pleno extraordinario 05.10.2026 | Concello de Barreiros

🏛️ 𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗟𝗨𝗡𝗦 𝗧𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦📱 Como de constume, será retransmitido en directo pola páxina de facebo...
05/10/2026

🏛️ 𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗟𝗨𝗡𝗦 𝗧𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦

📱 Como de constume, será retransmitido en directo pola páxina de facebook do Concello a partir das 10:00 h. e logo, se preferides velo en diferido, podedes facelo a través desta ligazón https://videopleno-barreiros.deputacionlugo.org/activity onde tamén están dispoñibles as gravacións de plenos anteriores.

📌Algúns dos puntos a tratar son:
✔️Aprobación do Orzamento Xeral para o exercicio 2026.
✔️Moción da alcaldía sobre o Bono Concilia.
✔️Moción do PSdeG-PSOE sobre o Canon da Auga.

📍 Lembrade tamén que os plenos son públicos e que podedes asistir presencialmente.

🎉⛰️🏃‍♂️ 𝗗𝗘𝗭 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗧𝗥𝗔𝗜𝗟 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗠𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗖𝗢𝗠𝗔𝗗𝗢• Barreiros acollerá o vindeiro 10 de outubro a proba que cumpre 10 anos cun ...
01/10/2026

🎉⛰️🏃‍♂️ 𝗗𝗘𝗭 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗧𝗥𝗔𝗜𝗟 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗠𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗖𝗢𝗠𝗔𝗗𝗢

• Barreiros acollerá o vindeiro 10 de outubro a proba que cumpre 10 anos cun percorrido de 17 kms e 1.000 metros de desnivel positivo.
• O período de inscrición para esta cita finaliza o xoves 8 de outubro.

🎂 No día de onte, Barreiros acolleu a presentación dunha das probas estrela do outono deportivo na comarca, o Trail Monte Comado, que este ano cumpre dez edicións. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.

1️⃣0️⃣ Alcanzar unha década de vida converte nunha edición moi especial a esta proba, un fito que puxo en relevo a alcaldesa, Ana Ermida, quen destacou “o traballo constante das asociacións no esforzo por dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte. Chegar a dez edicións dunha carreira de montaña demostra a solidez dun proxecto que xa é todo un orgullo para o noso concello”. Pola súa banda, o concelleiro Dani García subliñou a importancia da colaboración entre colectivos e administracións para facer de Barreiros un auténtico referente comarcal no atletismo e nas carreiras populares a través do circuíto +KmsBarreiros.

𝗨𝗻 𝗰𝗶𝗿𝗰𝘂𝗶́𝘁𝗼 𝗲𝘅𝗶𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗲 𝗱𝗲 𝗴𝗿𝗮𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗽𝗮𝗶𝘀𝗮𝘅𝗶́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗼

📍 A cita celebrarase o vindeiro sábado 10 de outubro, con saída e meta situadas a carón da igrexa e da pista de pádel en San Miguel de Reinante, dende onde as persoas participantes tomarán a saída ás 10:00 horas. O trazado constará dun único percorrido de aproximadamente 17 quilómetros e 1.000 metros de desnivel positivo, transcorrendo por sendeiros e camiños forestais que inclúen a subida do 1/2km Vertical ofrecendo así un reto deportivo único combinado esforzo con vistas excepcionais.

𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀

📲 A organización lembra que a participación está limitada a 150 deportistas e que o prazo de inscrición finaliza o vindeiro xoves 8 de outubro ás 23:59 horas.

ℹ️ Toda a información detallada, regulamento e inscricións pódense atopar web www.maiskmsbarreiros.gal

Dirección

Rúa Vila Nº 63
Barreiros
27790

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Barreiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir