Concello de Begonte

Cómo llegar Página web

Concello de Begonte Páxina Oficial do Concello de Begonte (Lugo).

🌰 𝐗𝐈𝐈 𝐌𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝟐𝟎𝟐𝟔 🍁🍂O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 organiza o tradicional 𝐌𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 que se celebrará o ...
07/10/2026

🌰 𝐗𝐈𝐈 𝐌𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝟐𝟎𝟐𝟔 🍁🍂

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 organiza o tradicional 𝐌𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 que se celebrará o sábado día 𝟕 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 a partir das ⏰ 𝟐𝟏.𝟑𝟎𝐡 no 📍 Pavillón Municipal de Begonte (xunto ó CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño).

🍽 Haberá cea 🥟 🍖 🥓, torta de millo 🌽, castañas 🌰 e viño 🍷.

💃🕺 Xornada amenizada musicalmente.

🎫 𝐏𝐑𝐄𝐙𝐎 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒:

🔸 Empadroados/as: 𝟔€

🔹 Non empadroados/as: 𝟏𝟐€

⚠️ Para acudir será 𝐢𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐜𝐢𝐧𝐝𝐢𝐛𝐥𝐞 retirar a entrada previamente nas dependencias do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 dende o luns 19 de outubro ata o mércores 4 de novembro.

🔺 No momento do pago, deberase entregar o importe xusto.

⭕️ Soamente poderán acceder ó recinto as persoas que entreguen a súa entrada previamente recollida no Concello.

06/10/2026
CINE DE BARRIO COA COMUNIDADE NO CENTRO DE DÍA DE BEGONTE 📽️ 🎞️ 🤩O Centro de día de Begonte 🏡, situado en Baamonde, orga...
06/10/2026

CINE DE BARRIO COA COMUNIDADE NO CENTRO DE DÍA DE BEGONTE 📽️ 🎞️ 🤩

O Centro de día de Begonte 🏡, situado en Baamonde, organiza unha sesión de cine 🎥 o vindeiro 🗓️ mércores 28 de outubro ás ⏰ 11.45 horas co visionado de 𝐓𝐎𝐃𝐎 𝐄𝐒 𝐏𝐎𝐒𝐈𝐁𝐋𝐄 𝐄𝐍 𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐃𝐀, de Manolo Escobar.

Será nas instalacións do centro co resto de persoas usuarias 👵👴 para desta forma integrar o centro na comunidade e viceversa.

Pode acudir calquera persoa de forma gratuíta sendo necesaria inscrición previa mediante os teléfonos ☎️ 982 39 80 04 ou 📱 687 05 61 94.

Anímaste? 🥰🤝

❞FALAR PROTEXE: PREVENCIÓN DE RISCOS EN ENTORNOS DIXITAIS❞ 💻📱  Encontro online para familias. 🗣O Servizo de Prevención d...
05/10/2026

❞FALAR PROTEXE: PREVENCIÓN DE RISCOS EN ENTORNOS DIXITAIS❞ 💻📱 Encontro online para familias. 🗣

O Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online 💻 dirixido a nais 👱‍♀️ e pais 🧔 dos concellos da agrupación, para abordar a prevención de riscos en entornos dixitais en nenos, nenas e adolescentes.

Este obradoiro será impartido de 📲 xeito online 👩‍🏫 por persoal especializado da Unaf (Unión de Asociacións Familiares) https://unaf.org/

Abordaranse os seguintes contidos:

🔹 Entorno dixital e dereitos da infancia e adolescencia.
🔸 Competencias dixitais parentais.
🔹 Prevención do abuso sexual infantil Online.
🔸 Entornos familiares seguros e participativos.
🔹 Competencias parentais na prevención de riscos dixitais en menores.

🗓 Data: 28 de outubro de 2026
⏰Horario: de 17:00 a 18:30 H.

Inscricións a través do seguinte enlace 👇

https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=EL1lraOcWUSZsR8AJaiKVZIjO6FyuGdNrjG7pnSwxhFUNEZWM1ROR1I0VkpBNTBUVVA0SUs2WjJURy4u&route=shorturl

+ INFO
Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
✉️ [email protected]
☎️ 982390062 (María Barreiro)

🍄 CURSO DE MICOLOXÍAO 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizan un curso gra...
02/10/2026

🍄 CURSO DE MICOLOXÍA

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizan un curso gratuíto de MICOLOXÍA.

A formación levarase a cabo o 🗓 DOMINGO 18 de outubro de 2026 en horario de ⏰ 10.00 a 14.00 horas na 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐚 𝐍𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 (situada ó lado do Centro Médico 🏥 de Begonte).

As prazas son limitadas, polo que se deberá realizar a inscrición 📝, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Begonte (de 9.00 a 14.30h) ou por teléfono no ☎ 982 39 61 43.

𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐏𝐋𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐅𝐈𝐓𝐎𝐒𝐀𝐍𝐈𝐓𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒 🌿O Concello de Begonte pon en marcha este curso para a utilización segura,...
01/10/2026

𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐏𝐋𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐅𝐈𝐓𝐎𝐒𝐀𝐍𝐈𝐓𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒 🌿

O Concello de Begonte pon en marcha este curso para a utilización segura, responsable e eficiente de produtos fitosanitarios, dirixida a persoas que desenvolven actividades no sector agrario 👩‍🔧, forestal 🌳 ou xardinería 🌻.

🗓️ Do 15 de novembro ao 15 de decembro de 2026.
⏱️ 25 horas.
🧑‍🧑‍🧒‍🧒 30 prázas máximo (preferencia persoas empadroadas).
📍 Aula da Natureza I (xunto ó Centro de Saúde)

📝 A inscrición poderá levarse a cabo ata o 16 de outubro nas oficinas do 🏢 Concello de Begonte ou no teléfono ☎️ 982 39 61 43.

𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 - 𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐀𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐙𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐎𝐋𝐋𝐎 🚶🌿Ao longo das pasadas semanas puidemos descubrir os diferentes tesouros...
29/09/2026

𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 - 𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐀𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐙𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐎𝐋𝐋𝐎 🚶🌿

Ao longo das pasadas semanas puidemos descubrir os diferentes tesouros naturais que temos en Galicia: dende a Mariña 🌊, Os Ancares 🛖, As Fragas do Eume 🌳... hoxe a Pena Avaladoira e a Fervenza do Escouridal...

Pero pasado mañá, xoves, percorreremos a nosa natureza máis próxima. ❤️

O 🗓️ xoves día 1, ás ⏰ 17.30 horas, ven disfrutar dun paseo 🚶‍♀️ pola Ruta Fluvial de Begonte ata Os Pozos do Ollo, un enclave de gran valor natural e outro dos tesouros 💎 que se agochan en Begonte.

📝 Anótate xa no teléfono ☎️ 982 39 61 43.

🔴 A saída será dende a Aula da Natureza, onde ademais levaremos a cabo unha presentación 🖥️ dos valores naturais únicos que nos rodean.

🗣️ 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐄𝐑𝐒𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐊𝐈𝐍𝐒𝐎𝐍 🧠 O vindeiro mércores día 🗓️ 21 de Outubro ás ⏰ 16:00 horas na 📍 Casa da Cultura de Beg...
28/09/2026

🗣️ 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐄𝐑𝐒𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐊𝐈𝐍𝐒𝐎𝐍 🧠

O vindeiro mércores día 🗓️ 21 de Outubro ás ⏰ 16:00 horas na 📍 Casa da Cultura de Begonte levarase a cabo unha nova sesión de Escola de Coidadores promovida polo Centro de Día de Begonte 🏠: "𝐂𝐎𝐍𝐕𝐄𝐑𝐒𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐊𝐈𝐍𝐒𝐎𝐍" para abordar os beneficios da actividade física en persoas con Parkinson.

A formación será impartida por Doris Lemus (Terapeuta da Asociación de Parkinson de Lugo).

ℹ️ Para máis información e para inscribirse 📝 deberase chamar ós teléfonos 📱 687 056 194 ou ☎ 982 39 80 04.

❤️  TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS ⛑O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 a través da Escola Galega de Saúde organiza un taller de 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫...
24/09/2026

❤️ TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS ⛑

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 a través da Escola Galega de Saúde organiza un taller de 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐚𝐮𝐱𝐢𝐥𝐢𝐨𝐬 ❤️ dirixido á poboación en xeral 👨‍👩‍👧‍👦.

A formación será impartida por 👩‍🏫 María Cochon Ferreiro , Enfermeira da Área Sanitaria de Santiago.

𝐎𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬:

🔸Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos.

🔹Aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚:

Atención inicial en situacións de urxencia mais frecuentes:

🔺Como chamar ao 061?

🔺Dor torácico.

🔺Perda de coñecemento: síncope, coma, etc.

🔺Reanimacion Cardiopulmonar Básica: atragantamento, recoñocemento dunha PCR.

📝 INSCRICIÓNS ATA O 15 DE OUTUBRO!! ⚠️ PRAZAS LIMITADAS.

Poderás facer a inscrición no Concello de Begonte ou premendo na seguinte ligazón 👇

https://feweb.sergas.gal/FEWEB/InscricionCidadan.aspx?CodCurso=4D3B54B397686BB918F9B14809211643&Titulo=CECCE3A3AB67CE696E6BE07C4C71C83F32B6D36210D72130E28E89A775471479&DataComezo=2545952F40A6F44A6D866BB183610912&Localidade=3F44AD1F7CE9BB6641BED924189CEE4C&DInicio=A8BEB0C44CA210551F4533982A964AD7&DLimite=2545952F40A6F44A6D866BB183610912

Dirección

Begonte

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Begonte publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir