CFEA Guísamo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CFEA Guísamo Centro de formación da AGACAL (Consellería Medio Rural) que imparte ciclos formativos de Agrarias: CM Xardinaría e Floraría e CS Paisaxismo e Medio Rural.

Tamén desenvolve accións formativas do "Plan de Formación para o Agro Galego".

13/10/2026
12/10/2026

🎉 **Xa está aquí o cartel da XVIII Tasca do Liño de San Bartolomeu de Insua!** 🌾

Un ano máis, volvemos reunirnos para celebrar unha tradición que forma parte da nosa memoria colectiva e da identidade do rural galego. E xa van **18 edicións mantendo viva a historia do liño!**

A Tasca do Liño recrea as antigas reunións comunitarias nas que se traballaba a fibra para limpala e preparala, unha tarefa coñecida como "tascado", realizada coa axuda do "banco tascón". Xornadas nas que o traballo compartido se mesturaba coa conversa, a convivencia e o lecer.

Como en toda boa xuntanza, non faltarán as actividades, a artesanía, o saboroso "cacho" típico das tascas da zona, e, por suposto, a música e a foliada, que encherán de alegría esta celebración.

Un día de encontro entre tradición e modernidade para compartir saberes e transmitir ás novas xeracións a importancia do cultivo do liño e de todo o patrimonio cultural que se foi construíndo arredor del ao longo dos séculos.

🌿 **18 edicións, unha mesma raíz e moitas ganas de seguir mantendo viva a tradición.**

📣 Non o perdades! Agardámosvos en San Bartolomeu de Insua. **Estades todos convidados!**

06/10/2026

📚 Hoxe celebramos unha nova sesión do Consello Escolar Municipal de Bergondo para facer balance do inicio do curso nos nosos centros educativos.

Durante a xuntanza tratamos varios temas fundamentais para a nosa comunidade:

💶 Deuse conta das liñas de axuda que mantemos desde o Concello (para material escolar, transporte, apoio aos centros ou ás ANPAs). Un esforzo inversor no ámbito educativo, un piar fundamental para nós a pesar de non ser unha competencia municipal.

👏 Fíxose un recoñecemento ao labor incansable das nosas ANPAs. O traballo que fan coas súas actividades é imprescindible para fomentar e axudar á conciliación das familias de Bergondo.

⚠️ Insistiuse na necesidade urxente de atopar unha solución para crear un paso seguro ao CFEA de Guísamo, reiterando a nosa demanda para a construción do paso superior na estrada. É unha prioridade para a seguridade do alumnado.

📅 Acordáronse os días non lectivos locais para este curso, que serán o 2 de novembro e o 18 de maio.

Participaron a alcaldesa e a concelleira de Educación, xunto con ANPA As Mariñas, AFA As Escoliñas do CRA, dirección do CRA, Escola Infantil Municipal, Inspección Educativa, dirección e profesorado do CPI Cruz do Sar, e representantes do CFEA de Guísamo e do CPAP de Fiobre.

Dirección

Lugar De Bos, 14
Bergondo
15640

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CFEA Guísamo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CFEA Guísamo:

Atajos

Compartir