Betanzos Igualdade

Cómo llegar Página web

Betanzos Igualdade Espazo dos Servizos Sociais do Concello de Betanzos pensado para traballar as políticas de igualdade

Os Servizos Sociais do Concello de Betanzos poñen en marcha este espazo pensado para traballar as políticas de igualdade tamén desde as redes sociais coma unha canle máis que sumar ao III Plan de Igualdade 2017-2021. As accións do III Plan de Igualdade non van dirixidas só ás mulleres, porque a igualdade de oportunidades implica a todos e a todas. Trátase dun conxunto ordenado de medidas encamiñadas a acabar cos obstáculos que impiden a igualdade de oportunidade entre mulleres e homes. Obxectivo xeral
O plan pretende servir de guía para integrar a perspectiva de xénero en todos os ámbitos e políticas municipais, apostando polas accións colectivas, pola prevención a través da educación e pola participación social, co convencemento de que só a determinación do conxunto da sociedade pode deter as desigualdades en todas as súas formas.

25/06/2026

🏳️‍🌈 Betanzos súmase, por sexto ano consecutivo, á campaña "Liberdade de Ser e Sentir" con motivo do 28 de xuño, Día Internacional da Diversidade Sexual.

👉 A iniciativa promove o respecto á diversidade afectivo-sexual e de xénero, a igualdade de dereitos e a construción dunha sociedade máis inclusiva, libre e sen discriminacións.

💜 O Concello anima a toda a veciñanza a participar nas actividades programadas e a seguir defendendo os valores de igualdade, respecto e liberdade.

ℹ️ https://novas.betanzos.es/betanzos-sumase-a-campana-provincial-liberdade-de-ser-e-sentir-con-motivo-do-dia-da-diversidade-sexual/

23/06/2026

🌈 O Concello de Betanzos desenvolve un espazo de gamificación para a mocidade con motivo do 28 de xuño, Día Internacional da Diversidade Sexual.

👉 As actividades, que terán lugar o 📆 luns 29 de xuño ás 11.00 horas, na Aula de Servizos Múltiples dos Servizos Sociais, xirarán ao redor da música, das curtametraxes, do mundo “influencer”, e da resolución de distintos misteriosos enigmas.

ℹ️ https://novas.betanzos.es/o-concello-de-betanzos-desenvolve-un-espazo-de-gamificacion-para-a-mocidade-con-motivo-do-28-de-xuno-dia-internacional-da-diversidade-sexual/

📣 O Concello de Betanzos celebrou o pasado 20 de maio a primeira reunión da Mesa de Coordinación Policial en materia de ...
21/05/2026

📣 O Concello de Betanzos celebrou o pasado 20 de maio a primeira reunión da Mesa de Coordinación Policial en materia de Violencia de Xénero, un novo órgano de coordinación integrado pola Policía Local, Garda Civil, Servizos Sociais municipais e a Subdelegación do Goberno.

➡️ Este espazo de traballo nace co obxectivo de reforzar a coordinación institucional, mellorar a protección das vítimas e avanzar nunha resposta máis áxil e eficaz fronte á violencia machista.

📋 Durante esta primeira sesión analizouse a situación actual dos casos activos do sistema VioGén no municipio, que conta actualmente con 45 casos activos.

🟣 A Mesa reunirase de forma trimestral para continuar fortalecendo a cooperación entre administracións e garantir unha atención integral ás vítimas, apostando pola prevención e a erradicación da violencia de xénero.

O Concello de Betanzos celebrou o pasado día 20 de maio, a primeira reunión da Mesa de Coordinación Policial en materia de Violencia de Xénero, un órgano in ...

🗓️🗣️ O sábado 30 de maio, o Concello e o Colectivo feminista das Mariñas organizan unhas conversas sobre 🍽️ nutrición, s...
19/05/2026

🗓️🗣️ O sábado 30 de maio, o Concello e o Colectivo feminista das Mariñas organizan unhas conversas sobre 🍽️ nutrición, saúde e gordofobia.

👉 A cita terá lugar no 📍 Salón Azul do Edificio Arquivo ás 🕛 12:00 horas.

👥 Participarán Magdalena Piñeyro, escritora e activista antigordofobia, e Laura Faílde, nutricionista especializada en TCA.

ℹ️ Toda a información: https://novas.betanzos.es/magdalena-pineyro-e-laura-failde-chegan-ao-concello-de-betanzos-para-falar-de-nutricion-saude-e-gordofobia/

📆📢 Este venres, 8 de maio, ábrese o prazo de inscrición no campamento de verán Betanzos Concilia.👉 O lugar de realizació...
07/05/2026

📆📢 Este venres, 8 de maio, ábrese o prazo de inscrición no campamento de verán Betanzos Concilia.

👉 O lugar de realización será o Aulario de Infantil do 📍 CEIP Francisco Vales Villamarín, e farase en tres quendas diferenciadas; a primeira do 📆 22 de xuño ao 10 de xullo, a segunda do 📆 13 ao 31 de xullo, e a terceira do📆 3 ao 14 de agosto.

🕛 O horario distribúese de 08:00 a 15:00 horas; sendo a entrada ás 08:00 ou ás 09:00, e a saída flexible entre as 14:00 e as 15:00 horas.

👧👦 A cota de participación por quenda e menor, que debe ter entre os 3 e os 12 anos, será de 50 euros.

⌛ O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 📆 8 de maio ata o venres 22 de maio. As solicitudes presentaranse preferentemente a través da 🖥️ sede electrónica do concello ou, de maneira presencial, nas 📍 dependencias dos Servizos Sociais.

ℹ️ Toda a información: https://novas.betanzos.es/este-venres-8-de-maio-abrese-o-prazo-de-inscricion-no-campamento-de-veran-betanzos-concilia/

🗣️💻 Faladoiro sobre Violencias Machistas Dixitais. 🗓️ Este vindeiro venres, 10 de abril, o Concello de Betanzos súmase á...
07/04/2026

🗣️💻 Faladoiro sobre Violencias Machistas Dixitais.

🗓️ Este vindeiro venres, 10 de abril, o Concello de Betanzos súmase á campaña 'De fronte contra as violencias machistas' da Deputación da Coruña.

👉 A actividade, dinamizada por especialistas da S. Coop. Aventeira, analizará os novos discursos e estéticas que imperan nas redes sociais e o impacto nas relacións afectivas e se***is da mocidade. 💏‍🗨️

A cita terá lugar no 📍 Salón Azul do Edificio Liceo ás 🕢 19:00 horas, cunha sesión de balde aberta ao público xeral.

💓🍿 Este venres, 27 de marzo, non perdades a proxección de 'Barbie' no Cine Alfonsetti!Ás 🕗 20.00 horas e con entrada ✅ d...
24/03/2026

💓🍿 Este venres, 27 de marzo, non perdades a proxección de 'Barbie' no Cine Alfonsetti!

Ás 🕗 20.00 horas e con entrada ✅ de balde.

🎬💗 O cinema Alfonsetti pecha este venres, 27 de marzo, a programación do mes da muller coa proxección do filme 'Barbie'!

A longametraxe narra a vida perfecta de Barbie en Barbieland, ata que ela se reformula dúbidas que lle mostran a realidade das mulleres na Terra.

Será ás ⏰ 20.00 horas, de balde ✅ ata completar aforo.

Animádevos! 🙌

♻🚺 A biblioteca municipal de Betanzos estreará este 25 de marzo a súa biblioteca de sementes, enmarcada no programa ecof...
23/03/2026

♻🚺 A biblioteca municipal de Betanzos estreará este 25 de marzo a súa biblioteca de sementes, enmarcada no programa ecofeminista da Deputación da Coruña, 'Tecelás da Terra'.

As sementes e os seus coidados, que durante anos recolleron e transmitiron as mulleres, foron recuperadas e documentadas nos obradoiros de febreiro na 📍 parroquia de Xanrozo por mulleres betanceiras.

Agora poderedes g***r deste minucioso traballo a partir das ⏰ 11.30 horas deste mércores, 📆 día 25.

🔗 https://novas.betanzos.es/o-concello-de-betanzos-inaugura-o-xoves-25-a-sua-biblioteca-de-sementes/

22/03/2026
18/03/2026

🚺🎖 Este venres, 20 de marzo, o Concello de Betanzos entrega, no marco do mes da muller, o distintivo 'Muller emprendedora'!

O acto será no 📍 Edificio Arquivo ás ⏰ 20.30 horas e nel poñerase en valor o traballo que varias mulleres emprendedoras realizaron o pasado ano 2025.

Non o perdades! 😄

Dirección

Plaza Emigrante
Betanzos
15300

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Betanzos Igualdade publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir