Concello de Boborás

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Boborás Páxina oficial do Concello de Boborás.

🖤 DESDE BOBORÁS, TODO O NOSO APOIOO Concello de Boborás súmase ao chamamento da Federación Española de Municipios e Prov...
28/10/2026

🖤 DESDE BOBORÁS, TODO O NOSO APOIO

O Concello de Boborás súmase ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario.

🕯️ Hoxe, ás 20:00 horas, gardaremos un minuto de silencio na Praza Maior do Carballiño.

Convidamos á veciñanza a participar neste acto de lembranza, respecto e solidariedade.

Todo o noso cariño e apoio ás familias das vítimas, ás persoas feridas e a todas aquelas que están a sufrir as consecuencias desta traxedia.

No Servizo Boborás Concilia xa cheira a Samaín... 🎃🧛🏻‍♂️🧟‍♀️👻
20/10/2026

No Servizo Boborás Concilia xa cheira a Samaín... 🎃🧛🏻‍♂️🧟‍♀️👻

📢 OFERTA DE EMPREGO | SEAGAA Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) ten aberto o prazo para a incorporació...
14/10/2026

📢 OFERTA DE EMPREGO | SEAGA

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) ten aberto o prazo para a incorporación de novos candidatos e candidatas e a actualización de méritos nas listas de selección de persoal temporal.

✅ Diferentes categorías profesionais.
✅ Inscrición de novas persoas interesadas.
✅ Actualización de méritos das persoas xa inscritas.

📅 PRAZO: ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2026, INCLUÍDO.

📄 Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 30 de setembro de 2026.

ℹ️ Consulta os requisitos, categorías profesionais e procedemento de inscrición na páxina oficial:

🌐 www.epseaga.com

📲 Comparte esta información con quen estea buscando emprego ou lle poida interesar!

⚠️ A categoría de Enxeñaría Informática conta cun prazo específico de 15 días hábiles desde o 1 de outubro.

❤️🇵🇦 DENDE BOBORÁS, TODO O NOSO AGARIMO PARA PANAMÁHoxe queremos mandar unha aperta moi especial a todos os nosos veciño...
09/10/2026

❤️🇵🇦 DENDE BOBORÁS, TODO O NOSO AGARIMO PARA PANAMÁ

Hoxe queremos mandar unha aperta moi especial a todos os nosos veciños e veciñas que residen en Panamá e ás súas familias, tras o terremoto que acaba de afectar o país.

Son moitos os lazos que unen Boborás con Panamá, moitas as familias que teñen alí parte da súa vida e moitas as persoas que, malia a distancia, seguen formando parte da nosa terra.

Sabemos que moitos de vós estades ben, pero gustaríanos saber como vos atopades todos. Agardamos de corazón que tanto vós como as vosas familias esteades a salvo.

Dende o Concello de Boborás mandámosvos todo o noso cariño, apoio e solidariedade nestes momentos.

❤️ Boborás tamén está onde estades vós. 🇵🇦

🇲🇽 CONSULADO MÓBIL DE MÉXICO EN OURENSEOs próximos 17 e 18 de outubro, a Embaixada de México en España desprazará o seu ...
07/10/2026

🇲🇽 CONSULADO MÓBIL DE MÉXICO EN OURENSE

Os próximos 17 e 18 de outubro, a Embaixada de México en España desprazará o seu Consulado Móbil a Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30).

Poderanse realizar trámites de pasaporte mexicano e credencial para votar desde o estranxeiro.

📩 É necesario solicitar cita previamente en [email protected].
⏳ Prazo de solicitude: ata o 14 de outubro.

🙏 Se algunha persoa se atopa nunha situación de especial urxencia por motivos de saúde, económicos ou por calquera outra circunstancia persoal que requira unha atención prioritaria, por favor, que se poña en contacto co concelllo no 988402008 ou coa alcaldesa.

Agradezo tamén que compartades esta información con aquelas persoas ás que lles poida resultar de interese.

💉 CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE🏥 CENTRO DE SAÚDE DE BOBORÁSInformamos á veciñanza de que a partir da semana do 13 de ou...
06/10/2026

💉 CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE
🏥 CENTRO DE SAÚDE DE BOBORÁS

Informamos á veciñanza de que a partir da semana do 13 de outubro comezará no noso municipio a campaña de vacinación da gripe.

🏠 Primeira semana: o persoal sanitario desprazarase aos domicilios para vacinar ás persoas encamadas ou inmobilizadas, así como ás persoas conviventes.

🏥 A partir da semana seguinte: comezará a vacinación no Centro de Saúde de Boborás.

👉 As persoas que desexen vacinarse poderán recibir a vacina da gripe, a da COVID-19 ou ambas.

📞 Para vacinarse será necesario solicitar cita previa, ben presencialmente no Centro de Saúde de Boborás ou chamando ao teléfono:

☎️ 988 402 233

Desde o Centro de Saúde pídennos que difundamos esta información para que chegue ao maior número posible de veciños e veciñas.

💙 Coidarnos tamén é previr.

🌿 OBRADOIRO TRADICIONAL DE CERÁMICADentro do programa Mulleres Empoderadas 2026, poñemos en marcha un novo obradoiro tra...
05/10/2026

🌿 OBRADOIRO TRADICIONAL DE CERÁMICA

Dentro do programa Mulleres Empoderadas 2026, poñemos en marcha un novo obradoiro tradicional de cerámica 🏺

📅 Mércores pola tarde, de 16:00 a 18:00 h
📍 Local Social de Almuzara
➡️ Comezo: 14 de outubro

Unha oportunidade para aprender, crear coas nosas mans e achegarnos a unha técnica artesanal chea de tradición.

⚠️ Prazas limitadas. Información e inscrición no Concello de Boborás no 988402008.

Prioridade persoas empadronadas.

Animádevos a participar! 💚

📲 Aprende a usar o teu certificado dixital no móbil e no ordenador!Poñemos en marcha no Aula CeMIT de Boborás un novo cu...
25/09/2026

📲 Aprende a usar o teu certificado dixital no móbil e no ordenador!

Poñemos en marcha no Aula CeMIT de Boborás un novo curso curto e moi práctico para aprender a utilizar o certificado dixital no teu día a día: pedir unha cita médica, facer xestións coa Seguridade Social, consultar ou presentar trámites da Renda, realizar xestións co Concello e moito máis.

📅 Do 24 de setembro ao 22 de outubro
⏰ De 16:00 a 18:00 h
⏳ 10 horas de formación
👥 Só 20 prazas
💶 Totalmente gratuíto

⚠️ Inscrición ata o 1 de outubro.

Anótate no Aula CeMIT de Boborás ou solicita información.

Porque saber utilizar o certificado dixital significa poder facer cada vez máis trámites sen desprazamentos, dun xeito rápido e seguro. 💻📱🔐

💻 Cursos gratuítos na Aula CeMIT de Boborás!📱 Móbil: iniciación e avanzado💻 Informática: iniciación e perfeccionamento⌨️...
24/09/2026

💻 Cursos gratuítos na Aula CeMIT de Boborás!

📱 Móbil: iniciación e avanzado
💻 Informática: iniciación e perfeccionamento
⌨️ Mecanografía para nenos e nenas

👉 Para todas as idades e todos os niveis.

⚠️ Prazas limitadas e por orde de inscrición.

📞 Anótate no 988 40 20 08

Non quedes sen a túa praza! 😉

📢 AVISO IMPORTANTE | TAXA DO LIXOLembramos á veciñanza que o vindeiro 30 de setembro remata o período de pagamento volun...
24/09/2026

📢 AVISO IMPORTANTE | TAXA DO LIXO

Lembramos á veciñanza que o vindeiro 30 de setembro remata o período de pagamento voluntario da taxa do lixo da Deputación Provincial de Ourense.

👉 Se tes o recibo domiciliado, o cargo realizarase o propio 30 de setembro.

👉 Se non recibiches a carta de pagamento, achégate ou contacta co Concello de Boborás. Podemos facilitarche o recibo e tamén enviarcho por correo electrónico, para que poidas realizar o pagamento dentro do prazo.

⚠️ Facemos este recordatorio porque queremos evitar que ningún veciño ou veciña teña que pagar posteriormente o recibo con recargo por non ter recibido a carta de pagamento.

📞 988 402 008

Dirección

Cristobal Colón S/N
Boborás
32.514

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Boborás publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Boborás:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos