Concello de Boiro

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Boiro Páxina oficial de Facebook do Concello de Boiro, con información sobre o municipio e o seu Goberno

🧺 O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un Obradoiro de Cestería Prehistórica para achegar á rapazada ao mundo das ...
21/10/2026

🧺 O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un Obradoiro de Cestería Prehistórica para achegar á rapazada ao mundo das técnicas artesanais da prehistoria impartido pola Asociación Ambar.

👉A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

📌Será o sábado 7 de novembro de 11.00 a 13.00 horas.

🔗 Inscrición previa na web do centro: https://centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos-detalle.asp?id=221

🏗 O Concello de Boiro inicia as obras para a mellora a eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación d...
20/10/2026

🏗 O Concello de Boiro inicia as obras para a mellora a eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación dun importe de 155.765,08 euros que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+).

👤O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o inmoble para coñecer o estado de execución das obras.

📙O Centro Social de Boiro acolle o vindeiro xoves a presentación do número 95 da Revista Galega de Educación que leva po...
20/10/2026

📙O Centro Social de Boiro acolle o vindeiro xoves a presentación do número 95 da Revista Galega de Educación que leva por título “A educación no universo das multipantallas”.

👉 Unha actividade promovida por Barbantia e Nova Escola Galega.

📌Será o xoves 22 de outubro ás 20.30 horas no Salón de actos do Centro Social de Boiro.

🏗 O Concello de Boiro remata as obras de pavimentado dos viais interiores da aldea de Xián para a mellora do firme. 👉 Es...
19/10/2026

🏗 O Concello de Boiro remata as obras de pavimentado dos viais interiores da aldea de Xián para a mellora do firme.

👉 Esta actuación, dun importe de 34.089,21 euros financiada mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña.

👤O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o resultado das obras acometidas.

⚠️ Esta mañá produciuse unha avaría na subestación eléctrica de Vilariño na liña que afecta a parte de Cespón e Bealo. 👉...
19/10/2026

⚠️ Esta mañá produciuse unha avaría na subestación eléctrica de Vilariño na liña que afecta a parte de Cespón e Bealo.

👉🏼 Por ese motivo algunhas zonas destas parroquias están sen luz.

📌 Os servizos técnicos de Fenosa están xa traballando para restablecer o servizo o antes posible, previsiblemente quedará resolto no día de hoxe.

🎭 Este venres ás 21.00 horas no Centro Social de Abanqueiro, “De ida e volta” unha representación teatral de Cris de Cal...
19/10/2026

🎭 Este venres ás 21.00 horas no Centro Social de Abanqueiro, “De ida e volta” unha representación teatral de Cris de Caldas e Amor Herrera para público adulto.

👉 Entradas na billeteira dende unha hora antes da función.

🩷 19 de outubro, Dia Mundial contra o Cancro de Mama. 👉 Unha xornada para dar visibilidade ao cancro de mama, recordar a...
19/10/2026

🩷 19 de outubro, Dia Mundial contra o Cancro de Mama.

👉 Unha xornada para dar visibilidade ao cancro de mama, recordar a importancia da investigación e a detección precoz e acompañar a todas as persoas que conviven con esta enfermidade.

🎀 A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou esta tarde o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, qu...
17/10/2026

🎀 A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou esta tarde o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro.

🩷 Durante estes días o edificio da Casa Consistorial ilumínase de cor rosa polo mesmo motivo.

🗣️ O vindeiro luns 19 de outubro, no marco do programa Boiro en Familia, charla sobre os límites que coidan e dan seguri...
16/10/2026

🗣️ O vindeiro luns 19 de outubro, no marco do programa Boiro en Familia, charla sobre os límites que coidan e dan seguridade.

👉🏼 Será ás 18.30h no CEIP Santa Baia.

📌 Inscrición previa no departamento de educación.

Dirección

Praza De Galicia, S/n
Boiro
15930

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
Martes 09:00 - 13:30
Miércoles 09:00 - 13:30
Jueves 09:00 - 13:30
Viernes 09:00 - 13:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Boiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Boiro:

Atajos

Compartir

Categoría