BNG Boiro

Cómo llegar Página web

BNG Boiro Esta é unha das canles do BNG de Boiro. Aquí atoparás información da nosa actividade e escoitamo

29/09/2026

💧 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗡𝗢𝗡 𝗣𝗢𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗥 𝗔𝗦Í

🎙️ A nosa portavoz do BNG de Boiro, Raquel Suárez, denuncia ante os medios o desleixo do Goberno de Martiño ante a crise da auga que o noso concello leva sufrindo desde hai anos.

🚱 Esta semana, diversas zonas de Boiro quedaron durante horas sen subministración de auga, supostamente por unha avaría na ETAP de Padrón. Unha explicación que nos xera dúbidas, especialmente tendo en conta que outros concellos da contorna non se viron afectados por esta baixada de tensión.

😡 Mentres tanto, a veciñanza boirense volveu sufrir directamente as consecuencias, pasando horas sen auga e soportando importantes trastornos no seu día a día mentres se realizaban as reparacións pertinentes.

🔧 O problema non é novo. A rede de abastecemento do noso concello precisa investimentos, renovación das tubaxes e melloras no sistema de impulsión. Porén, consideramos que o Goberno de Martiño non está a destinar os recursos necesarios para garantir un servizo básico e de calidade.

📢 Este Goberno ten outras prioridades, mentres Boiro segue cunha rede de abastecemento que necesita actuacións e investimentos urxentes.

💧 A auga é un servizo esencial. A veciñanza merece solucións, planificación e investimento, non parches.

24/09/2026

🦪 O sector mexilloeiro é un dos sectores máis produtivos de Galiza e, por suposto, fundamental para a economía da nosa ría de Arousa.

🏭 Hoxe, Ana Miranda e Rosana Pérez, deputada de Pesca do BNG, xunto con Raquel Suárez e José Vázquez, concelleiros do BNG en Boiro e Rianxo, mantivemos unha reunión con OPMEGA para coñecer de primeira man a problemática que está a xerar a entrada de mexillón chileno fronte ao produto galego.

💬Defender o mexillón galego é defender o noso sector produtivo, o emprego e a economía das nosas rías. O BNG seguirá apoiando ao sector mexilloeiro a todos os niveis, como viña facendo, e traballando para defender os seus intereses.

🫱🏻‍🫲🏽Grazas a OPMEGA por esta visita e por compartir connosco a realidade e as necesidades do sector. Estamos seguros de que será unha reunión frutífera e que permitirá seguir avanzando na defensa do mexillón galego.

𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢🔵 Desde o BNG entendemos que poden existir problemas, que poden existir avarías, pero o qu...
24/09/2026

𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗕𝗢𝗜𝗥𝗢

🔵 Desde o BNG entendemos que poden existir problemas, que poden existir avarías, pero o que non pode suceder é que un goberno estea AUSENTE, que IMPROVISE e que MINTE.

💧 Hai núcleos do Concello que levan sufrindo a falta de auga desde o mes de xullo, como tamén pasou o ano pasado, e desde o BNG xa esiximos daquela que se adoptasen medidas.

⚠️ Nada se fixo e, como consecuencia, as veciñas e veciños seguen sen un servizo básico en pleno mes de setembro.

📢 No pleno do xoves pasado, o goberno dixo que ían informar á veciñanza sobre o tema da auga, pero co problema que se deu estes días coa auga en Boiro a resposta do goberno de Martiño foi: primeiro negar, logo non facer nada e, por último, IMPROVISAR, cortando a auga de todo o municipio no último momento e avisando minutos antes.

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | MEMORIA, VERDADE E XUSTIZAUn ano máis, o BNG de Boiro participou na homenaxe ás persoas represa...
18/08/2026

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | MEMORIA, VERDADE E XUSTIZA

Un ano máis, o BNG de Boiro participou na homenaxe ás persoas represaliadas e asasinadas polo franquismo, mantendo viva a súa memoria e reivindicando a verdade, a xustiza e a reparación.

Neste 2026, a lembranza estivo especialmente dedicada a Santos Ruiz Fajardo, veciño do Cabo da Cruz, e, a través da súa figura, a todas as vítimas da represión fascista.

Queremos agradecer especialmente as emotivas e enriquecedoras verbas de Luís Pérez Barral, da catedrática Aurora Marco e de Xosé Deira, que contribuíron a poñer voz, memoria e dignidade a unha xornada tan necesaria.

Porque sen memoria non hai xustiza.
Porque non esquecemos.
Lembramos para construír futuro.

16/08/2026

✊ NA DEFENSA DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE GADIS E FROIZ

No último pleno municipal, o BNG de Boiro presentou unha moción en apoio ás traballadoras e traballadores do sector da alimentación da provincia da Coruña, na súa loita por salarios dignos, mellores condicións laborais e un convenio xusto.

Todo o noso apoio á súa mobilización e á defensa dos seus dereitos.

💪 Sen traballo digno non hai futuro digno.

▶️ Compartimos a intervención no pleno.

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | BOIROEste luns 17 de agosto, lembramos e homenaxeamos a todas as persoas represaliadas polo fra...
14/08/2026

🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | BOIRO

Este luns 17 de agosto, lembramos e homenaxeamos a todas as persoas represaliadas polo franquismo.

Este ano queremos recuperar especialmente a memoria de SANTOS RUIZ FAJARDO, veciño do Cabo da Cruz, para que a súa historia e a de tantas persoas que sufriron a represión non caian no esquecemento.

📍 Rotonda de Cimadevila
📅 Luns 17 de agosto
🕣 20:30 h

Porque un pobo que mantén viva a súa memoria constrúe tamén o seu futuro.

Memoria, dignidade e xustiza. Galiza non esquece. ✊🌹

05/08/2026

O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas no abastecemento da auga
O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas de abastecemento de auga. Os nacionalistas consideran que as medidas restritivas chegan tarde, cando xa están producindo cortes e perdas de presión no subministro.

https://www.canalriasbaixas.com/2026/08/04/o-bng-de-boiro-critica-a-falla-de-prevision-do-goberno-ante-os-problemas-no-abastecemento-da-auga/?feed_id=6831&_unique_id=6a71e9883c2d7

31/07/2026

📹 No último pleno de Boiro, a nosa voceira, Raquel Suárez, levou de novo ao salón de plenos as preocupacións da veciñanza.

🔹 Rogamos que se dea solución aos problemas de abastecemento da auga.

🔹 Pedimos unha limpeza e desbroce máis frecuente dos accesos ao municipio e das beirarrúas en zonas como Rebordelo, Triñáns ou Cabo de Cruz, entre outras moitas que presentan un estado de abandono.

🔹 Esiximos que Boiro estea limpo. O noso concello está sucio e con malos cheiros, e a veciñanza non merece pasar todo o verán convivindo con esta situación.

❓ Ademais, formulamos tres preguntas ao goberno:

➡️ Vai adoptar algunha medida nos vindeiros eventos para evitar que menores de idade consuman alcohol e fagan botellón en espazos públicos con total impunidade?

➡️ Canto custou a contratación do PMRaptor? E, tendo en conta as numerosas incidencias rexistradas durante as festas, considera o goberno que ese gasto estivo xustificado?

➡️ En base a que informes decidiu o goberno ceder imaxes captadas por dispositivos públicos a unha empresa privada?

👉 Un pleno máis, o goberno municipal optou por non dar resposta a cuestións de enorme importancia para a cidadanía. A falta de transparencia segue a ser a súa forma de gobernar, ignorando preguntas que presentamos pleno tras pleno e que nos afectan directamente.

🫱🏻‍🫲🏽Desde o BNG de Boiro seguiremos fiscalizando a acción do goberno e defendendo os intereses da veciñanza con total responsabilidade.

29/07/2026

💧𝗢𝘂𝘁𝗿𝗼 𝘃𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝘀𝗲𝗻 𝗮𝘂𝗴𝗮. Mentres o goberno de Martiño segue mirando para outro lado, a veciñanza de Boiro continúa sufrindo os mesmos problemas de abastecemento de auga de todos os veráns.

📢 No último pleno, a nosa voceira, Raquel Suárez, volveu presentar un rogo para reclamar solucións a unha situación que levamos moito tempo denunciando. Ano tras ano advertimos do que ía pasar, pero o PSOE preferiu negar a evidencia, ofrecer explicacións incoherentes e non tomar ningunha medida para previr un problema que era perfectamente coñecido.

🚨Agora, cando a situación xa é insostible, chegan as medidas drásticas. Unha vez máis, por non actuar a tempo. Mentres continúan subindo os impostos e destinando millóns de euros a obras faraónicas, hai familias que seguen sen poder contar cun servizo tan básico como a auga nas súas vivendas. Iso non é aceptable. O que necesita Boiro son prioridades claras e un goberno que garanta os servizos esenciais da veciñanza.

Dirección

Boiro

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Boiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir