14/10/2026
🩵 Brión merece máis. É hora de abrir un tempo novo! 🩵
📍 Hoxe, en Bastavales, presentamos a candidatura de PenasBrion á Alcaldía do Concello de Brión, nun acto no que nos acompañou a portavoz nacional do BNG-Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, que amosou a súa confianza no noso proxecto.
🗣️ «Brión necesita abrir un tempo novo e apostar con valentía e con decisión para darlle a este concello un futuro mellor», destacou Ana Pontón, que reivindicou o BNG como a alternativa para que Brión avance.
🏡 Vivenda, transporte, servizos públicos e oportunidades para a mocidade son algunhas das prioridades de Xosé Penas e do equipo do BNG que o vai acompañar. Queremos un concello vivo, transparente e participativo, que coide das familias e que non deixe ningunha parroquia atrás.
🚌 Non queremos seguir sendo un concello dormitorio, nin un concello durmido, senón un Brión con vida, no que a veciñanza poida desprazarse, acceder á vivenda e desenvolver os seus proxectos sen atopar máis obstáculos dos necesarios.
⚠️ Fronte ao pacto entre PSOE e PP para que nada cambie, nós ofrece un proxecto claro, solvente e centrado no ben común. Fronte aos que a día de hoxe aínda non saben que siglas van defender en maio, nós témolo claro: somos o BNG só nos debemos ás veciñas e veciños de Brión.
💪 Temos equipo, temos proxecto e temos ganas de gobernar para mellorar a vida da xente.
Imos a por todas! Co BNG, Brión ten futuro! 🩵
BriónMereceMáis UnBriónMellor