Partido Popular de Cangas do Morrazo

Cómo llegar Contactar con la organización

Partido Popular de Cangas do Morrazo Facebook oficial del Partido Popular de Cangas do Morrazo.

21/10/2026

O Concello apostando forte pola biodiversidade urbana. 🌿🪳

As nosas rúas non son un zoo. Xa abonda. 

20/10/2026

A extrema esquerda acaba dándolle a razón ao Partido Popular.

Para xustificar o estado do Casco Vello limitáronse a enumerar actuacións illadas do ano pasado, intervencións inconexas que deixan en evidencia a total falla de prevención e planificación continuada. Recorrer a parches pasados en vez de presentar un plan de mantemento actual demostra unha xestión ineficiente dos recursos materiais e persoais do Concello, incapaz de garantir a limpeza e o coidado que o corazón patrimonial de Cangas precisa todos os días.

O acceso a unha vivenda é unha das maiores preocupacións na nosa vila. Por iso, convidámoste a participar nesta charla-c...
20/10/2026

O acceso a unha vivenda é unha das maiores preocupacións na nosa vila. Por iso, convidámoste a participar nesta charla-coloquio aberta para abordar a situación actual, poñer solucións sobre a mesa e escoitar as vosas propostas.

📍 Hotel Las Vegas
📅 Venres, 23 de outubro
⏰ 18:00 h

A túa opinión conta. Agardámoste!

17/10/2026

Contedores rotos e sen opción de reciclar.

Unha veciña da Avenida de Lugo pon voz a unha queixa xeneralizada en moitos barrios de Cangas: contedores esnaquizados e a imposibilidade total de reciclar. Na súa rúa só dispoñen de contedor de restos e de plástico, sen rastro dos de papel, roupa ou aceite usado.

Un problema evidente de servizo que acaba repercutindo directamente no peto de todos:

➥ A reciclaxe abarata o recibo do lixo: Canto máis e mellor se separa, menos se paga pola xestión dos residuos.

➥ Lonxe dos obxectivos legais: Cangas segue moi atrás nas taxas de reciclaxe fixadas pola normativa.

➥ Trabas á veciñanza: Como van cumprir as familias se o propio Concello non pon os medios nin os contedores necesarios?

Non se pode esixir compromiso cidadán cando a administració local é a primeira que abandona a xestión dos residuos. Cangas precisa servizos básicos dignos e eficientes.

Hipócritas e mentireiros. Pechade ao saír🥀
16/10/2026

Hipócritas e mentireiros. Pechade ao saír🥀

15/10/2026

Esquedaryens: a batalla polo trono.

Así foi o último Pleno: a esquerda local en guerra aberta, tirándose os trastes á cabeza con reproches e acusacións cruzadas diante de todas e todos.

Moito ruído entre eles polo poder e cero solucións para os problemas reais da veciñanza. Menos loitas internas e máis traballar por Cangas!

14/10/2026

Promesas incumpridas e espazos baleiros: onde está o parque infantil da Praza Andalucía?

Preguntamos a concelleira de Obras do PSOE polo seu compromiso reiterado de repoñer o parque infantil da Praza Andalucía, un espazo de xogo céntrico que foi desmantelado polo seu lamentable estado de abandono e perigo para a cativada.

Pasan os meses e a realidade segue a ser a mesma: promesas que leva o vento e unha praza totalmente deserta; un exemplo máis da parálise e do desinterese dun desgoberno local que non é capaz de solucionar nin as demandas máis básicas e cotiás de Cangas.

13/10/2026

O problema non é só o diñeiro que se perde, senón as oportunidades que nos rouban. Mentres Cangas agarda por melloras urxentes e servizos básicos, o goberno local financia a súa propia preguiza administrativa cos teus impostos. Non é falta de recursos, é falta de vontade.

O cambio comeza por ter sentido común.

Dirección

Bueu

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Partido Popular de Cangas do Morrazo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Cangas do Morrazo:

Atajos

Compartir

Categoría